Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Festival Grelo Folc de Monfero

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Festival Grelo Folc de Monfero
Cando:
22.10.2011 22.00 h
Onde:
Monfero
Categoría:
Festival

Descrición

“Reivindicar a figura de Lois Pereiro, o seu compromiso poético e vital, pero facelo dun xeito festivo e intenso, salientando esa paixón que puxo en todo o que fixo na súa breve vida”. Así presenta Xoán Manuel Castro, da asociación O Abordelo, unha nova edición do Festival Grelo Folc que o próximo sábado 22 se celebra á beira do mosteiro de Monfero. Un ano máis a cita é gratuíta e polo seu escenario poderán verse unha mestura de homenaxe punk a Pereiro, unha orquestra popular do estilo dos anos 20 ou un folc máis festivo. Todo baixo unha gran carpa próxima a unha zona de acampada habilitada pola organización.
Así, aínda que xa haberá actividade a partir das 19.00 horas, os concertos comezarán ás 22.00.

Alí estará o pregoeiro e presentador da cita, o xornalista e antigo membro de Radio Océano, Xosé Manuel Pereiro. Precisamente ao seu irmán vai adicado o festival e da súa poesía bebe o grupo Ondas Martenot, un conxunto creado para a ocasión por Amil e Antón de Papaqueixos, Cristina Asenjo de Sonoro Maxín e o cantante O Leo i Arremecághona. Todos eles farán versións de pezas de Pereiro e a organziación non descarta que o seu irmán suba con eles ao escenario a cantar algunha delas.

Ritmos modernos > Nas antípodas está a seguinte proposta, a Orquestra Os Modernos, un sexteto compostelán especializado en recuperar o son das orquestras dos anos 20 no momento en que o foxtrot e demais ritmos da outra beira do Atlántico se fixeron moi populares. Tamén actuarán Os Cuchufellos de Manzaneda: pachanga e ritmos balcánicos para estimular o lado máis festivo do Grelo Folc. Finalmente, os mugardeses Estimaba Que Viñeras darán remate á festa na madrugada.
Desde a organización subliñan que para que o ambiente non decaia a charanga Veraneantes de Mos estará animando aos espectadores toda a xornada.
Nacido no ano 95, tras pasar varias vicisitudes, o Grelo Folc renaceu en 2009 da man da asociación O Abordelo. Neste ano conta coa colaboración do Concello e a Deputación e un presuposto de arredor de 8.000 euros.

http://www.diariodeferrol.com/

http://oabordelo.blogspot.com/

Ubicación

Ubicación
Monfero
Cidade:
Monfero
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible