Varios / 09.04.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio, que nos traerá a Ramona García, da Peruca. Ramona da Peruca era das poucas pandeireteiras que coñecín que tocaba a muiñeira "adiante-atrás-adiante", dun xeito moi semellante ao que chamamos toque de muiñeira vella, mais coa man aberta.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 31.03.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto, que nos ofrecerá músicas e xogos tradicionais.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 26.03.21
Tal día como hoxe, hai 10 anos abría as súas portas a Casa da Gaita, o primeiro museo galego adicado á gaita de fol, que supón un gran valor histórico e cultural para a música tradicional galega.
Xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, a Casa da Gaita, acolle unha exposición de instrumentos musicais, que se acompaña de numerosos paneis didácticos, a través dos que se explica cal foi a historia da gaita de fol, como se aprendía a tocar, cales eran e son as súas tipoloxías e como funciona este antiquísimo instrumento musical.
Si aínda non nos visitache, esperámoste en Viascón (Cotobade).
Varios / 26.03.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez, que nos ofrecerá un recuncho sobre a Alborada "Unha Noite no santo Cristo" e sobre o seu compositor Higinio Cambeses ( A Lama 1900-Pontevedra 1949), descubriremos a incrible historia desta peza que pasou da banda ao repertorio gaiteiro cos Campaneiros de Vilagarcía para difundirse posteriormente na música folk e na música Celta sen saberse a autoría ata entrado o século XXI.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 23.03.21
O pasado 1 de marzo a Agadic presentou un Plan Integral para a Danza de Galicia. Nel explícase a necesidade dunha redefinición e revisión dos alicerces, intereses e necesidades para potenciar e manter o papel protagonista da danza entre a cidadanía.
Na AGG celebramos que se tomen iniciativas en defensa da cultura galega, pero consideramos que presenta unha enorme eiva ao non incluír no grupo de traballo representación algunha do sector do baile tradicional.
Por ese motivo, enviouse unha proposta para que se inclúa dentro dese grupo de traballo a algún ou algunha persoa ou entidade en representación do baile tradicional.
A AGG recibiu contestación por parte da Agadic, indicando que engadirán a información proporcionada ao informe que analizará o grupo de coordinación do Plan Integral para a Danza nas súas reunións (coa suxestión desta nova incorporación) e que seguirán informándonos dos seguintes pasos que se desenvolvan neste proceso.
A AGG ofreceu á AGADIC colaboración e asesoramento en todo o tocante ao noso baile tradicional.
Se queres ver a proposta enviada preme no título da nova.