Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Obradoiros de verán para nen@s na Tradescola

 

cartaz campamento2019_web - pqA TRADESCOLA organiza para os vindeiros meses de verán OBRADOIROS DE MÚSICA, BAILE E XOGOS TRADICIONAIS PARA NEN@S.

Se tes entre 4 e 12 anos e queres pasalo ben este verán, non te perdas os talleres que se impartirán dende o día 24 DE XUÑO na Tradescola!!!

Duración dos talleres: do 24 de xuño ao 6 de setembro. (Posibilidades de matrícula por semana)

Horario de 9.00 a 14.00 horas

Lugar:Tradescola (Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo)

Grupos:

De 4 a 7 anos (máximo 10 prazas)

De 8 a 12 anos (máximo 10 prazas)

(mínimo 5 prazas/grupo)

Prezo por semana 45€!!!!!

Podes solicitar máis información e facer a túa matrícula durante o mes de xuño nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 9.00 a 14.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Prazas limitadas por orde de matrícula ¡!

Esperámoste!!!!!!!!

 

Presentación do traballo de Oradaladou no Recuncho deste domingo

 lume na palleira Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Ignacio que terá de convidados ao dúo Oradaladou, presentando o Cd que fixeron para acompañar a reedición do Cantigueiro de Cotobade de Antonio Fraguas, do que se sortearán 3 exemplares.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

O Mestre Gaiteiro José Martínez, primeiro homenaxeado do ABRENTE FOLK

jos martnez primeiro homenaxeado do abrente folkO Mestre Gaiteiro José Martínez, primeiro homenaxeado do ABRENTE FOLK.
Esta homenaxe pretende conmemorar a traxectoria de Martínez, de 83 anos de idade, que foi un dos pioneiros Mestres Gaiteiros do municipio e o primeiro profesor de gaita de varias agrupacións culturais mosenses, tales coma Anduriñas de Dornelas, A Cividade de Louredo, C.R.C de Torroso, Santa Eulalia de Mos, C.C. Herville, As Pedriñas (no Campo da Feira) e C.C. Abrente, entre outras. Ademais dalgunhas tamén fóra de Mos.
José Martínez exerceu durante un total de 35 anos de mestre de gaita, dende os 35 ata os 70 anos.

A rexedora local e a presidenta do Abrente destacaron sobre José que “é para nós un gran orgullo contar en Mos cun veciño coa súa vagaxe musical, a pesares de ser autodidacta, e co seu bo facer tanto como gaiteiro como docente de nenos e adultos, que o lembran con grandes afecto e admiración. Mostra da súa valía é o cariño incondicional que lle profesan referíndose sempre a el como o señor José, o gaiteiro”.
Nacido na parroquia de Mos, pasou a maior parte da súa vida en Dornelas, onde segue a vivir na actualidade. Alí é un vecño querido e admirado pola súa calidade humana, cercanía e humildade.
Por todos estes motivos será o primeiro homenaxeado dentro do Festival “ABRENTE FOLK” que terá lugar o vindeiro 2 de xuño ás 18.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, coa colaboración do Concello de Mos.
Arévalo e Romero concluíron “esperando que a José lle faga tanta ilusión este acto homenaxe como aos membros do Abrente e desta Corporación Municipal”.

Prema no título para mais información

Ler mais. O Mestre Gaiteiro José Martínez, primeiro homenaxeado do ABRENTE FOLK

Os xogos bailados no Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos falará sobre os xogos bailados.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Celebración dos Maios e das Letras Galegas na Tradescola

 

cartaz maios - pqO vindeiro día 16 de maio celebraremos os Maios e o día das Letras Galegas na Praza de San Marcos (Lugo)(Diante do edificio da Deputación) con actividades e un concerto e gustaríanos contar coa vosa participación!!

O programa desta celebración a cargo da Tradescola será o seguinte:

17.00 horas: Aí ven o Maio…!

Elaboraremos entre todos un maio figurado (podedes traer  fiuncho, fentos, herbasonsmaio antonfraguas - pqs, frores , frores de xesta, froitos (laranxas), ovos…)

Nesta actividade podedes participar tod@s @s nen@s que queirades!!

E a continuación actuarán grupos infantiles da Tradescola.

18.30 horas: Concerto Sons de Maio para Antón Fraguas a cargo de alumnado e profesorado da Tradescola.

Esperámosvos para darlle a benvida á Primavera e homenaxear a Antón Fraguas no día das nosas letras!!

 

 

Páxina 1 de 451