Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Alumnos da Tradescola nos xardíns do Pazo de San Marcos (Lugo)

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Alumnos da Tradescola nos xardíns do Pazo de San Marcos (Lugo)
Cando:
04.08.2011 20.30 h
Onde:
Categoría:
Concertos

Descrición

A  Tradescola colabora nesta edición de Cultura Aberta  ofrecendo concertos de música tradicional nos xardíns do Pazo de San Marcos á entrada das distintas actuacións previstas no programa.

Cultura Aberta, o programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, conta nesta edición coa colaboración da Tradescola,

que a través dos seus alumnos e mestres encargase de amenizar musicalmente a entrada ás distintas actuacións previstas no programa. Con esta iniciativa , a Tradescola da un novo paso no seu traballo de promoción e difusión da música e da cultura galega, e fai visible unha vez máis o traballo desenvolto pola Asociación de Gaiteiros Galegos a prol da nosa cultura.
Os alumnos de gaita e percusión foron os encargados de ofrecer onte un concerto ás 18.00 horas na entrada do pazo de San Marcos, e hoxe xoves, os alumnos de canto e pandeireta, guiados pola súa mestra, Begoña Lorenzo, e os alumnos de Zanfona, co seu mestre Luis O Caruncho, ofrecerán unha actuación ás 20.30 horas tamén na entrada do Pazo de San Marcos no que interpretarán distintas pezas de repertorio tradicional.

 

 

Ubicación

Ubicación
Lugo

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible