Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Ruxe Ruxe en concerto na Sala The Star

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Ruxe Ruxe en concerto na Sala The Star
Cando:
11.06.2011 23.00 h
Onde:
Categoría:
Concertos

Descrición

A Sala The Star celebra o seu cuarto aniversario cunha programación especial que comeza este sábado, 11 de xuño, co concerto de Ruxe Ruxe, unha actuación que promete, cando menos, caña e enerxía no escenario.  O concerto comezará ás 23:00 e a entrada custa cinco euros.

RUXE RUXE

O grupo compostelán (máis concretamente, de Aríns) presentará na Sala The Star ‘A Fura de Diante’, un disco producido por Javier Abreu no que a banda navega mellor que nunca polos océanos do punk-rock esturados con elementos da música tradicional galega e o gusto polo conto, polo realismo máxico e pola visión do mundo dende as corredoiras da aldea de Aríns en Compostela.

Para uns a última banda bravú. Para outros a banda ponte entre o rock galego dos 90 e a pulsión da música emerxente do país na primeira década so século XXI. Para outros moitos unha banda de culto cun dos mellores e máis enérgicos directos que se poden ver enriba dun escenario. Un directo onde poderás desfrutar dunha banda única que nunca parou de producir,de gravar e de tocar polo mundo adiante dende a súa fundación no ano 1996.

Un día dixeron deles que eran máis da terra que as miñocas e dende aquela RUXERUXE prestan para sempre desa denominación de orixe.

De Aríns para o mundo.

RUXE-RUXE son xa por mérito propio unha das máis grandes referencias da música galega e un dos máis grandes capítulos da historia da música en galego…historia viva e activa da nosa culura musical …

www.ruxeruxe.com

www.salathestar.com

Ubicación

Ubicación
Carral

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible