Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Riobó presenta o seu novo disco en Vigo

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Riobó presenta o seu novo disco en Vigo
Cando:
08.06.2011 20.30 h
Onde:
Vigo
Categoría:
Concertos

Descrición

Será o vindeiro mércores 8 de Xuño a partires das 20:30, no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, cando Riobó presente por primeira vez, e na súa cidade, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un “mapa da xeografía das emocións”, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).

Entradas xa á venda en Servinova

Ubicación

Ubicación
Vigo
Rúa:
Calvario
Cidade:
Vigo
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible