Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes
Cando:
03.06.2011 19.30 h
Onde:
Categoría:
Serán

Descrición

O venres 3 de xuño celebramos o 3º Aniversario con varias actividades e ademais contamos cos protagonistas das últimas edicións desta tempada.

Ás 19:30 h, no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, haberá un "Obradoiro de Baile Galego" impartido polos mestres Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e dirixido ao público de todas as idades.
Animádevos a visitar a Exposición monográfica de traxes adicada a Andalucía no Museo de Juanjo Liñares, as visitas son gratuitas.

Pola tarde, como nos anos anteriores, visitaremos a Residencia de anciáns, alí tocaremos Os Viqueiras e o Grupo de Música Tradicional de Ordes.



A partir das 21:30 h estarán os grupos tocando polos bares de Ordes (algúns deles ofrecerán tamén churrascada e sardiñadas) para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, no bar "O Rincón do Pincho" (Av. Alfonso Senra, nº 75) e despedirnos ata outubro cunha gran FOLIADA.



Colaboran con nós:  O Concello de Ordes e a Agrupación Folclórica SEMENTES DO ARTE.



http://www.osviqueiras.com/

Ubicación

Ubicación
Ordes

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible