Axenda
Evento
- Título:
- Leilía nas Festas da Ascensión
- Cando:
- 03.06.2011 23.00 h
- Onde:
- Santiago de Compostela
- Categoría:
- Concertos
Descrición
Praza do Toural, Santiago de Compostela (A Coruña)
A finais do 89 decidiron dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto, unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos:
guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.
Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:
Xoán Porto (guitarra e gaita), Vadzim Yukhnevich (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).
O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico.
O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega"
Ubicación
- Ubicación
- Santiago de Compostela
- Rúa:
- Casas Reais
- Cidade:
- Santiago de Compostela
- Estado / Provincia:
- A Coruña
- País:
Descrición
EventList powered by schlu.net