Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Malvela grava hoxe durante un concerto en directo en Mos o seu novo disco, "Raianas"

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Malvela grava hoxe durante un concerto en directo en Mos o seu novo disco, "Raianas"
Cando:
31.05.2011 21.00 h
Onde:
Mos
Categoría:
Concertos

Descrición

Malvela vai editar o seu cuarto disco e quere que nel se sinta a calor do público. Por iso o gravará en directo e na súa terra:hoxe martes ás nove da noite o grupo de cantareiras de Sanguiñeda actúa no Multiusos de Mos, nun concerto gratuíto do que sairá o seu novo traballo discográfico: Raianas.

Malvela contará coas colaboracións de Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena. A participación de todos eles e máis do público contribuirá a transmitir no disco a esencia do son de Malvela, que se revela máis vivo ca nunca nas súas actuacións en directo. O concerto será unha festa á que están convidadas todas as persoas que gozan coas súas persoais voces e as interpretacións que fan da música tradicional.

O concerto centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco. O punto de partida é o espectáculo Cantos e contos do Camiño Portugués, no que o fío condutor da historia son os cantos, contos, e lendas do Camiño, interpretados polo grupo Malvela e ilustrados polo actor e monologuista Carlos Blanco. O disco será editado por Fol Música. Trátase dunha viaxe lúdico-musical entre as dúas beiras do Miño, que busca diluír as fronteiras xeográficas para amosar que galegos e portugueses temos unha orixe común. No concerto interpretarán cantos tradicionais raianos e composicións actuais, como Pola rúa de San Pedro de Magín Blanco, Cantiga do Apalpador de Ana Senlle ou Valsa de voda de Raquel Domínguez. Tamén soarán algunhas das cancións máis emblemáticas do grupo.

A RAÍZ

Instrumento excepcional

En palabras de Uxía, directora artística do proxecto, "Trátase de facer visíbeis os vínculos, a identidade histórica e lingüística das dúas beiras do Miño. Eses vínculos concrétanse en forma dun disco que pretende ser unha ferramenta excepcional para que Galiza e o norte de Portugal ".

http://www.galiciahoxe.com

Ubicación

Mapa
Ubicación
Mos
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Mos
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible