Armando Cotarelo Valedor
Tomado de http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ArmCotar
Armando Cotarelo Valledor viu a luz nos últimos días de 1879 na Veiga do Eo, no occidente asturiano de fala galega. Tras cursar os estudos de Filosofía e Letras, en 1904 doutorouse en Madrid cunha tese sobre a nosa literatura medieval e gañou a cátedra de Literatura Española na Universidade de Compostela, institución en que ocupou os cargos de vicerrector e decano. Coñecedor desde moi novo da actividade académica, Cotarelo chegou a Compostela nun momento de renovación en que el propio interveu activamente. Así, ditou cursos de literatura galega, modernizou os vellos programas e prolongou as aulas conversando cos seus alumnos en demorados paseos. Ademais, durante estes anos promoveu diferentes empresas culturais (Exposición Rexional de 1909, Exposición de Arte de 1926), deu conferencias por todo o país e creou e dirixiu a revista Ultreya (1919-1920). Completamente integrado no movemento galeguista, tomou parte activa no ambiente restaurador das Irmandades da Fala e en 1923 os mozos fundadores do Seminario de Estudos Galegos convidárono a ser o seu primeiro presidente, ofrecemento que Cotarelo aceptou.
A Real Academia Galega nomeouno membro numerario en 1920, mais o catedrático non chegou a tomar posesión do cargo. Nove anos máis tarde a Academia Española convidouno como representante das letras galegas e, en 1942, faría o propio a Real Academia da Historia.
Finalizado o conflito bélico (en que o autor se posicionou coa dereita sublevada), instalouse definitivamente en Madrid como catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa; nesta cidade morrerá en 1950.
A grande aportación de Cotarelo Valledor ás nosas letras radica no teatro. Neste campo, a súa produción, continuadora da liña realista da altura, engloba o drama rural (Trebón, Lubicán), o de ambiente mariñeiro (Beiramar, Mourenza), a comedia sentimental (Sinxebra) e a traxedia histórica (Hostia). Con excepción desta última e de Mourenza (levada ás táboas por primeira vez en Madrid no ano 1932), todas foron estreadas en Compostela polo Cadro Dramático da Universidade baixo a dirección do propio Cotarelo.
Para alén da súa obra dramática, o grande erudito e filólogo "de entre dous séculos" escribiu unha novela bilingüe (El pazo, 1923), realizou traballos de investigación sobre a literatura galego-portuguesa medieval e fixo incursións na literatura popular, das que nacerían Contos de Nadal colleitos do pobo (1927) e Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (1931).