Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Publicacións / Manuel Campos Toimil

Manuel Campos Toimil

As bandas de música de Cerdedo

Xénero:
Libros
Ano:
2010
Editorial:
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo
Imprenta:
Nino Centro de Impresión Dixital
ISBN:
978-84-614-3859-4
Web:
http://www.asbandasdemusicadecerdedo.osabrentes.com

Descrición

www.osabrentes.com "As Bandas de Música de Cerdedo" é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes da "A. C. Os Abrentes de Cerdedo". Nesta obra, téntase  reconstruir a historia das bandas cerdedenses nun apaixonante percorrido que nos leva a rememorar multitude de situacións e anécdotas. A historia das bandas é tamén a daquela xente que formaba parte delas. Así, ademais presentar a todos os directores, apórtanse datos biográficos de preto de 140 músicos que formaron parte dalgunha destas agrupacións. Todo isto ilustrado cunha gran cantidade de fotografías, a meirande parte delas con máis de 50 anos de antigüidade.