Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Pablo Carpintero Arias

Pablo Carpintero Arias

Os instrumentos musicais na tradición galega

Xénero:
Libros
Ano:
2010
Editorial:
Difusora de Letras, Artes e Ideas
Web:
http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/

Descrición

Portada do libro


Nada menos que dezaseis anos de traballo de campo, recollendo información dos nosos maiores, ademais de longas xornadas de estudo en arquivos e bibliotecas foron necearios para chegar a monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero Arias, con deseños de Xoan Ramón Marín Martínez, editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas, que viu a luz grazas ao Proxecto Ronsel de recuperación do Patrimonio Inmaterial.


A obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas, 1000 fotografías e múltiples ilustracións, pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.


Esta obra, da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”, recibiu o premio Antón Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio.


A principal conclusión tras tantos anos de traballo segundo o autor e darse conta de que “en Galicia contamos cunha riqueza inmensa, algo que acontece en moi poucos países, e é que temos a virtude de que conservamos cadeas evolutivas completas na maior parte dos instrumentos musicais”.