No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos o encontro "Tradición en Camiño"
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez presentándonos o encontro "Tradición en Camiño" que terá lugar en Mos o vindeiro 8 de maio.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
IX xornadas de baile tradicional organizadas pola AGG en Lugo
A AGG organiza o domingo 8 de maio, unha nova edición de xornadas de baile tradicional. Nelas contaremos con obradoiros prácticos impartidos por Pedro Brañas, Carme Campo, Chus Caramés e Luis Prego.
Os obradoiros destas xornadas, patrocinadas pola Xunta e coa colaboración do CENTRAD, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura
10.30 - Obradoiro I: “O baile en Silvela” - Pedro Brañas
12.00 – Descanso
12.30 - Obradoiro II: “Tornando ao bailar do Porriño” . Carme Campo e Chus Caramés.
14.00 – Remate sesión da mañá
17.00 - Obradoiro III: “O baile no Val do Dubra” - Luís Prego
DATA: Domingo 8 de maio
LUGAR: CENTRAD (Rúa Chantada, s/n. Lugo)
INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo 1 para inscribirse, e a partir desa data se quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Anímate a participar!!!
No vindeiro Recuncho da Palleta adiantarémonos á celebración do Día Internacional da Danza.
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto, co que nos adiantaremos á celebración do Día Internacional da Danza.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
VIII Memorial Henrique Otero: O ciclo do ano nas obras do Gaiteiro do Fragoso
Este sábado a partir das 19.30 horas terá lugar en Vigo a VIII edición do MEMORIAL HENRIQUE OTERO no que como cada ano soará unha escolla das obras do mestre, que nesta edición está adicada ao ciclo do ano nas obras do Gaiteiro do Fragoso. Neste concerto-homenaxe organizado pola AGG e o CSMVigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, estarán representados, aparte da cidade olívica, o Val Miñor, O Morrazo, Mos e Mondariz e estréanse na súa participación a Banda de Gaitas da Etrad, A Banda Cans de Palleiro de Bembrive e a Banda Sons do Abrente de Mos… que únense a outras agrupacións ou institucións que repiten como o Conservatorio Superior de música, Os Carunchos, A Seneira, Sons do Río, Raigames, Breogán de Moaña ou Penaveira. Entrada de balde ata completar aforo.
PROGRAMA
ALUMNADO DO CSMVigo (Patricia Rodríguez, Manuel Riveira e Uxío Dayán)
- Fandango dos Maios (2011)
PENAVEIRA
- Brétemas Xacobeas (1991)
SONS DO ABRENTE DE MOS
- Danza das Penlas (1969)
- Fiadeira-Danza da Roca (1997)
O SON DO RÍO DE MONDARIZ
- Na Romería de San Brais (2011)
JUAN PENA
- Ana (intro.)(1982)
- Sementeira(1988)
A SENEIRA DE BAIONA
- Muiñeira de San Xoan(1985)
- Amieiros do Lagares(1980)
BREOGÁN DE MOAÑA
- Xota de San Xoan(1988)
- Lumieira(1981)
CANS DE PALLEIRO
- Son de Primaveira(2003)
- Sementeira(1988)
OS CARUNCHOS
- Ao Carón do Ano Vello(1997)
- Orballo(1970)
BANDA DE GAITAS DA ETRAD
- Muiñeira de Santa Cristina(1978)
- Rumba de Santa Lucía (2001)
RAIGAMES
- A Farándula (1974)
- Tempos de Nadal (1989)
FINAL COLECTIVO
- Ventosiño (1970)
O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" no vindeiro Recuncho da Palleta
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos presentará a VIII edición do Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso", que despois de dous anos nos que tivo que realizarse de xeito virtual, volve ao formato presencial.
O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" terá lugar, como é habitual, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o sábado 23 de abril.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Máis artigos...
- Homenaxe a Arina Stan no vindeiro Recuncho da Palleta
- A Tradescola achega as labores propias do horto escolar ás nenas e nenos de 6º de E.I. do Concello de Lugo a través do programa “5 LÚAS CANTANDO E SEMENTANDO”
- Elena de Toutón protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta
- Diversas versións da Danza de Espadas de Redondela, no vindeiro Recuncho da Palleta
Páxina 9 de 486