Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Concerto didáctico da Tradescola en Sarria

cartaz cdtrad_abrilA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará o vindeiro luns unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 24 de abril achegarase ata o concello de Sarria, concretamente á EEI Xela Arias, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros e Xabier Iglesias, no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

 

X Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional da Tradescola

 

tradescola-logo-pequeXa está en marcha o X certame de debuxo “O baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega”, unha iniciativa posta en marcha pola Tradescola (escola de música e baile tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo) en colaboración coa Área de Cultura (Vicepresidencia) da Deputación de Lugo e que acada este ano a súa décima edición.

A finalidade desta actividade, dirixida ás nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo, é potenciar e difundir entre os máis pequenos a música e a cultura tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma.

É necesario que se produza un proceso de transmisión da cultura, o que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

A Tradescola constitúe un proxecto educativo xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s que busca formación para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música e ao baile tradicional galego. A maiores, organiza actividades complementarias vencelladas coa difusión da cultura tradicional, como é o caso deste X Certame de debuxo sobre o baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega, co que ademais de fomentar o coñecemento da nosa cultura musical, axúdase a potenciar as destrezas manuais e a imaxinación dos rapaces.

Os debuxos e os dorsos dos debuxos, deberanse enviar (escaneados ou fotografiados) por correo electrónico á Tradescola (  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  )ata o 28 de abril de 2023.

O xurado do certame estará composto por membros do profesorado da Tradescola, que seleccionarán un total de 10 debuxos finalistas que serán premiados cun lote de material didáctico. Dos 10 debuxos finalistas, seleccionarase un gañador@ que recibirá un premio consistente na matricula de balde nunha materia na Tradescola no curso 2023/2024. O centro educativo ao que pertenza @ gañador@, terá tamén un agasallo a maiores, consistente nun concerto didáctico de música tradicional a cargo da Tradescola no curso 2023/2024.

Se o teu centro de ensino quere participar pode poñerse en contacto coa Tradescola por correo electrónico ou chamando ao 982229966 . Esperamos os vosos debuxos!!!!

Concerto didáctico da Tradescola en San Cibrao (Cervo)

cartaz cdtrad_abril cervo - copiaA Tradescola realizará mañá unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia de Lugo. Concretamente, o mércores 19 de abril achegarase ata o concello de Cervo, concretamente á casa da Cultura de San Cibrao, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares do CEIP Península da Paz. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López, Germán Díaz e Jose Manuel López: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

Xornada de Carballesa en Seceda do Courel

xornadacarballesa web - pqA AGG, xunto co Concello de Folgoso do Courel e a área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan o vindeiro domingo 30 de abril, unha xornada sobre a CARBALLESA, que terá lugar en Seceda do Courel.

Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel. Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Sentimos que temos a obriga, en honor a gratitude a todos eles, de loitar por conservar o noso; e ademáis homenaxear e lembrar aos nosos antecesores e as súas ensinanzas.

E queremos facelo con esta xornada sobre a Carballesa, na que temos previsto realizar un Obradoiro teórico-práctico de Carballesa, que impartirá Xabier Iglesias, facer unha sentida homenaxe aos informantes, músicos e bailadors da zona, e facer posteriormente un baile aberto para todos os e as asistentes, coa participación do grupo Airiños da Freba, e rematar o día cunha foliada.

Animámosvos a todas e a todos a acompañarnos nesta xornada, a desfrutar da nosa música e do noso baile e convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos, e a gozar dun marabilloso día cheo de música tradicional e a maiores, nun entorno incomparable.

Programa Xornada de CARBALLESA

30 de abril de 2023 – Seceda do Courel

11.30 horas - Obradoiro teórico práctico de Carballesa - imparte Xabier Iglesias.

13.30 horas – Xantar. ( Haberá unha cantina que ofrecerá xantar e bebidas a todas as persoas que estean interesadas).

18.00 horas – Homenaxe a informantes, bailadores e músicos da zona.

19.00 horas – Baile coa actuación do grupo de música tradicional Airiños da Freba.

           Foliada. 

Inscricións para o obradoiro (*): Deberán facerse no teléfono 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

*O obradoiro é de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG e as persoas da comarca do Courel, que disporán ata o venres 21 de abril para inscribirse, e a partir desa data, se quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes por orde de chegada.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, para contribuír e potenciar a divulgación da nosa cultura e a súa conservación.

Dende a AGG traballamos arreo para que a nosa cultura e as nosas tradicións non caian no esquecemento e sexan un patrimonio vivo do que sentirnos orgullosos.

 

 

Fondo pesar polo pasamento de Suso Sousa, o Bombeiro de Os Terribles de Donas

 

suso sousaHoxe temos que informar dunha triste nova. A música tradicional está de loito polo pasamento de Suso Sousa, o bombeiro de Os Terribles de Donas.

Suso naceu no lugar de Alcouce, en Donas, no ano 48. Suso foi un home moi polifacético, desempeñando ao longo da súa vida numerosos traballos, pero sempre cunha gran paixon pola percusión e pola nosa música tradicional. Esa gran afección, levouno a tocar o bombo no grupo "Os do Val Miñor", a dirixir durante mais de 14 anos o grupo de gaitas "Airiños da Pedramoura" e o de baile "As Brisas da Pedramoura". Aínda que non chegou a tocar na primeira formación de Os Terribles, incorporouse ao grupo no seu rexurdir, e con eles levou a nosa música por innumerables lugares, facendo sempre desfrutar a todo o público que o escoitaba.  

Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a perda de Suso, pero sempre o lembraremos coa alegría que o caracterizaba.

Dende aquí queremos facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

Que a terra che sexa leve Suso!

Hoxe sabado 18 de marzo ás 16.30 horas terá lugar a conducción do cadaver  dende a sala velatorio nº 3 do Tanatorio de Santa Cristina de Sabarís, ao cementerio parroquial de Donas, onde ás 16.45 horas oficiarase a liturxia da palabra, e seguidamente a súa inhumación no cementerio da citada parroquia. 

O funeral oficiarase o luns, día 20 de marzo ás 18.30 horas na igrexa parroquial de Santa Eulalia de Donas.

Páxina 5 de 486