Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Domigo das Mozas 2005: A AGG solicita retomar (publicado o 3/08/2005)

Festivais, Foliadas, Romarías / 03.09.05

A Asociación de Gaiteiros Galegos colaborou coa Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, entre os anos 1991 e 2003 na organización dunha “mostra de música tradicional” durante o Domingo das Mozas das festas do San Froilán, formando parte do programa de festas durante os 12 anos citados. A citada mostra acadou unha grande acollida entre a xente que disfruta do día máis emblemático das festas do San Froilán.



Mais información

Bases concurso de Sarria, publicadas o 1/09/05

Concursos e Certames / 01.09.05

V Concurso de Gaitas do País da “Asociación Cultural Meigas e Trasgos C.I.T.”

17 de setembro do 2005

A asociación Centro Cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria (Lugo), convoca o V Concurso de Gaitas do País a celebrar o vindeiro 17 de setembro do presente ano 2005, baixo o patrocinio do Concello de Sarria e a colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, dacordo coas seguintes:

BASES:


Mais información

Resultados do Concurso Constantino Bellón 2005 (31-08-2005)

Concursos e Certames / 01.09.05

15º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” - ANO 2005

En Ferrol a 31 de agosto de 2005, no Auditorio FIMO de Ferrol, o XURADO cualificador do
15º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :

* Víctor Fernández Gabeiras
* Xabier Rodríguez Fariñas
* Carlos Icaza Boado
* Xoán Rodríguez Silvar
* Xesús Vaamonde Manteiga

e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas,


Mais información

Constantino Bellón 2005: Programa final

Concursos e Certames / 30.08.05

15º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN"

DATA: Mércores, 31 de agosto de 2005

LUGAR: Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n)

HORA: 8 h. da tarde


Mais información

Carta Aberta ás Comisións de Festas de todo o País

Festivais, Foliadas, Romarías / 26.08.05

A realidade é que non abundan moitos carteis de festa como o que veñen de realizar en Santa María de Godos (Caldas de Reis). No mesmo, podedes observar que os grupos de gaitas encargados de anunciar o alborexar do día figuran co mesmo tamaño de letra que as orquestras que amenizan o baile da noite.

Agardamos ilusionad@s que cunda o exemplo, por exemplo…entre os integrantes da comisión de festas da parroquia de Vilariño (Cambados) que optaron por un modelo de cartel “nada normalizado”.

Parabéns, moitos para béns para a comisión de festas de Santa María de Godos por dignificar e normalizar o papel da música tradicional galega nas festas e romarías galegas e… ánimo, moito ánimo para a comisión de festas de Vilariño; agardamos que no vindeiro ano no seu cartel anunciador das festas a música tradicional apareza reflexada á mesma altura que os outros eventos.


Mais información

Novo artigo de Pablo Carpintero

Publicacións / 25.08.05

Neste novo artigo de Pablo Carpintero apresentan-se as GAITAS DE FOL CON CANTORES TIPO ÓBOE.




Podedes consultar o artigo completo da sección de artigos.




Mais información

Novidades discográficas

Discografía / 25.08.05


Vimos de publicar no Portal as últimas novidades discográficas (Milladoiro25, Ardentía, O Fiadeiro, Os Cempés, ...) asi como actualizar información relativa a grupos e cd's algo mais antigos.

Non deixedes de consultar a sección correspondente!

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/cdbase/

Artigo en xornal.com de S. Carregal

Toma de posesión / 24.08.05

Antes, durante e despois do acto de toma de posesión foron aparecendo distintos artigos nos xornais en relación coa escolla dun gaiteirazo solista vs á trapallada de edicións anteriores.

Neste caso, temos un artigo de S.Carregal publicado en xornal.com que podedes consultar na seguinte ligazón

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050802104253



Mais información

Artigo en Galicia Hoxe de Fran P. Lorenzo

Toma de posesión / 24.08.05

Con data 3 de agosto de 2005 Fran P. Lorenzo publicou un interesante artigo en Galicia Hoxe que podedes consultar neste Portal ou na própria páxina de Galicia Hoxe http://www.galicia-hoxe.com/index.php?option=com_content&task=view&id=4381&Itemid=40

"¿Que é tradicional? ¿Que cousa non o é? ¿Que é o alleo? ¿Que o propio? E sobre todo, ¿quen ten autoridade para dicilo?"



Mais información

Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán 2005

Varios / 23.08.05

Ferrol, a 18 de xullo de 2005



Estimado Sr. :

Témolo pracer de comunicarlle o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución das Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán, nas dúas modalidades de Gaita de Ouro e Gaita de Prata “Constantino Bellón” e a concesión das mesmas, motivo polo cal facémoslle chega-la comunicación e as nosas felicitacións en nome de tódolos compoñentes desta Directiva.

A imposición das citadas Mencións terá lugar no festival que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20 horas, no Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n - Ferrol) na Final do XV Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.



Mais información

Páxina 429 de 438