Novas
OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.
Publicacións / 10.12.05
Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
Neste libro, da autoría de Carlos Rey, Paulo Nogueira e Héctor Silveiro, estúdase en detalle un dos grupos máis míticos da nosa cultura musical tradicional.
José Carballa e Celestino Carballa tocaban bombo e tambor, respectivamente. Fillos de Palla Mallada, gaiteiro de renome na comarca da Arousa, despois de tocar co seu pai achegáronse a dous gaiteiros veciños, os irmáns Valiñas, para formar Os Campaneiros.
Mais información.
OS AREEIRAS: O legado dos Areeiras de Catoira
Publicacións / 10.12.05
Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS AREEIRAS DE CATOIRA, PARTITURAS, FOTOGRAFÍAS E GUÍA DE AUDICIÓN DO CD INCLUÍDO CON 27 PEZAS GRAVADAS AOS AREEIRAS E A RAMÓN SUMAY.
Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar ós Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Esta obra de Xosé Manuel Navia e Francisco Javier García é o froito de case 14 anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras.
Mais información.
Novo CD de Servando e Contradança
Discografía / 10.12.05
SOM VOLTASNovo CD de "Servando e contradança" co-editado xunto coa "Associaçom Galega da Língua" (Agal) no que está reflectido o seu traballo realizado nestes últimos anos no campo da música tradicional galega e portuguesa.
Nel están incluídos alén dos temas propiamente tradicionais, outros de composicióm propia, algúns deles de carácter infantil, fruto das súas sesións cos máis miúdos e outros de carácter máis intimista. Termina cunha linda historia de Castelao interpretada e musicada polo propio Servando.
Comeza unha nova andaina: ATURUXO, o voceiro da AGG
Publicacións / 05.12.05
Vimos de enviar a todos os novos socios o primeiro número do voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos, ATURUXO, que pretende ser un medio de comunicación entre todas as persoas que traballan na música tradicional galega.Deste xeito faremos chegar a todos vos o traballo e as novas máis recentes, pretendendo ser un xeito fluido de transmisión de información entre todos os colectivos, persoas, grupos, asociacións e individuos.
Ademais, aproveitamos para enviar un número especial do voceiro onde se explican os antecedentes e a situación actual relativa á problemática xerada pola posta en marcha, por parte da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, dunha Escola de Gaitas seguindo o modelo da Deputación de Ourense que tan nefastas consecuencias tivo para esa provincia.
Mais información.
Homenaxe a Bal y Gay
Varios / 30.11.05
Lugo, Santiago e Madrid, as tres cidades nas que transcorreu a vida de Bal y Gay en España, compartirán durante os próximos cinco meses os actos conmemorativos do centenario do seu nacemento.Onte a mediodía inaugurouse unha exposición conmemorativa do centenario do nacemento do insigne músico e intelecual lucense. Pola noite foi ofrecido un concerto a cargo da mezzosoprano Elena Grágera e do pianista Antón Cardó.
Mais información.
A VICEPRESIDENCIA DA XUNTA DE GALIZA E A AGG ESTABLECERÁN LIÑAS DE COLABORACIÓN
Varios / 29.11.05
Nova tomada dehttp://www.xunta.es/periodico/2911gaiteiros.htm
Anxo Quintana reuniuse esta mañá con representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos.
O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana recibiu esta mañá no seu despacho aos representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Os gaiteiros pedíronlle ao Vicepresidente a apertura dunha etapa de diálogo e colaboración co novo goberno coa finalidade de potenciar a música tradicional galega. Para conseguir este propósito propoñen a sinatura dun protocolo que regule a presenza da música tradicional galega nos actos institucionais da Xunta e apoio para a investigación e o ensino da música tradicional, creando, por exemplo, titulacións homologadas.
Os gaiteiros demandaron tamén do Vicepresidente, un apoio explícito para axudar a consolidar a estrutura da asociación que os agrupa.
HOMENAXE A SARASATE EN BUEU
Varios / 23.11.05
O próximo sábado 26 de novembro de 2005 no museo MASSÓ en Bueu a partir das 19 horas, haberá un doble acto de aniversario do Museo e de recoñecemento a dous dos seus fundadores. Acto seguido haberá un acto musical con obras de Pablo Sarasate interpretadas ao violín e ao piano. Finalmente pechará a banda de gaitas Manxadoira de Bueu dirixida por Anxo Gago con arranxos de dúas obras de carácter galego autógrafas atopadas neste Museo o que constitúe unha nova descoñecida e de grande importancia porque relaciona documentalmente a este Artista de sona Europea coa música galega.I CONCURSO DE RECOLLIDA DE PANXOLIÑAS E CANTARES DE REIS”
Concursos e Certames / 23.11.05
A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE, A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E PROMOCIÓN CULTURAL, E MAIS O CONCELLO DE BOIMORTO, CONVOCAN O I CONCURSO DE RECOLLIDA DE PANXOLIÑAS E CANTARES DE REIS, CO FIN DE CONTRIBUÍR Á ESTABILIZACIÓN DO PATRIMONIO FOLCLÓRICO GALEGO RELATIVO AO NADAL, DE ACORDO COAS SEGUINTES BASES:Mais información.
Concurso de Cuadrillas de Reiceiros
Concursos e Certames / 23.11.05
II CERTAME DE XUGADAS DE REICEIROSAO SE COMPROBAR QUE A TRADICIÓN DOS CANTARES DE REIS PERMANECE AÍNDA VIVA NA NOSA COMARCA, E COA INTENCIÓN DE CONSERVALA E DARLLE PULO E RELEVANCIA, ESTE CONCELLO DE BOIMORTO CONVOCA PARA O DÍA 7 DE XANEIRO DE 2006, ÁS 17.30 H. DO SERÁN, O II CERTAME DE CUADRILLAS OU XUGADAS DE REICEIROS BAIXO AS SEGUINTES BASES:
Mais información.
CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE PERCUSION TRADICIONAL
Cursos / 23.11.05
CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE PERCUSION TRADICIONALCon motivo do 5º aniversario da Asociacion Cultural Donaire, ésta ten pensado a realizacion dunha serie de actos dos que iremos informando.
Un deles, será a realizacion dun cursiño intensivo de perfeccionamento de percusion , dunha hora e media de duracion, que impartirá Miguel Souto. Os cursos desenrolaranse no Centro Civico de San Diego ( Os castros- A Coruña) o sabado 17 de Decembro, nos seguintes horarios: 10-11:30 p.m. , e o segundo de 11:45- 13:15 p.m.
Mais información.
Páxina 425 de 438