Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

O INAEM e a Consellería de Presidencia convocan axudas

Anuncios, subvencións, oposicións... / 16.01.06

Co comezo do ano e os presupostos a estrear as institucións estiran a man.

Durante os días pasados nos boletíns oficiais anunciáronse subvencións que poden interesar a algún dos nosos socios. O martes 3 de xaneiro, o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música publicou unhas axudas destinadas a promover compañías de danza, lírica ou música para a produción e xira por España e polo estranxeiro; asociacións sen ánimo de lucro que realicen de actividades de danza, lírica e música de carácter asociativo; festivais; mostras; certames; congresos; etc.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén anunciou o martes 10 de xaneiro o concurso público para a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega. Nesta convocatoria contémplanse moitas e variadas actividades a subvencionar: publicidade, webs, actuacións, festas, audiovisuais, folletos, revistas, libros, etc.



Mais información.

PRIMEIROS MONOGRÁFICOS 06 CONSERVATORIO FOLQUE.

Cursos / 15.01.06

PRIMEIROS MONOGRÁFICOS 06 CONSERVATORIO FOLQUE. TODOS OS SÁBADOS EN LALÍN.

1.Dinámicas de música galega na escola

Dirixido a: mestres de primaria e secundaria, mestres de música galega en As. folclóricas e escolas de músicas,...Data: O sábado 28 de xaneiro de 10.00 a 14.00 H- matrícula 40 euros (30 euros asociados-as CMTF)


Paulo Nogueira: mestre de educación musical no CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Membro do grupo "Gaiteiros Treixadura". É autor, xunto con Héctor Silverio e Carlos Rey, do libro-dvd recentemente publicado sobre "Os Campaneiros de Vilagarcía". Xunto con Magoia Bodega elabora materiais didácticos para traballar a música galega na escola.


Magoia Bodega: mestra de educación musical no CEP Chancelas (Poio). Foi compoñente durante 10 anos do grupo "Muxicas". Ten feito diversas colaboracións con músicos coma Rodrigo Romaní ou Susana Seivane. Participou como solista e compositora no libro "De pano sedán".


Mais información.

A Deputación de Pontevedra comeza a evitar a discrecionalidade?

Deput. Pontevedra / 12.01.06

Recentemente o Presidente da Xunta de Galiza tivo unha reunión cos Presidentes das catro Deputacións Provinciais da nosa Comunidade Autónoma. Nela acordaron o establecemento de reunións periódicas para unha cooperación institucional permanente que, ao ver do xefe do Executivo, pretenden contribuír á transparencia e evitar a discrecionalidade.

Nesta liña de traballo debemos situar as bases que recentemente publicou a Deputación de Pontevedra para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra (Boletín Oficial da Provincia do 23/12/2005 e Diario Oficial de Galiza do 27/12/2005).

Por suposto as datas elexidas para a saída a concurso de dito proxecto son as máis idóneas para ter a máxima difusión, pois como ben é sabido coincide co período onde non hai desprazamentos para visitar ás familias (prazo para presentar solicitudes, que requerían dun inxente traballo administrativo e notarial rematou onte 11 de xaneiro de 2006).


Mais información.

Rematou o prazo para presentar proxectos á Deputación de Pontevedra

Deput. Pontevedra / 12.01.06

Con data de 11 de xaneiro de 2006 rematou o prazo para a presentación de proxectos para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13

Tal e como foi sinalado a Asociación de Gaiteiros Galegos colaborou con todas as persoas que requeriron a nosa axuda na elaboración do proxecto. Ademais, convén sinalar que as restriccións das bases non permiten a posta en marcha dunha escola de música tradicional na liña sinalada pola AGG e manifestada en distintas ocasións (e tamén entregada ao deputado de cultura e vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra D. José Juan Durán Hermida)

Actuación do Gaiteiro do Piñeiro na Casa do Coto

Festivais, Foliadas, Romarías / 11.01.06

O vindeiro venres 13 de Xaneiro foliada na Casa do Coto (Tomeza, Pontevedra) a cargo do incombustible Sr. José, O Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán, Cangas do Morrazo).

Non vos perdades a un dos máis emblemáticos gaiteiros vellos da comarca aínda en activo. Descendente dunha longa saga de Gaiteiros, del tomaron repertorio e espírito grupos coma Treixadura, Quempallou, Fiandola ou Os Carunchos.

A festa enxebre está garantida, LUME NO COTO!!!!!


Mais información.

Á venta o número tres de Etno-Folk

Publicacións / 09.01.06

Xa está no mercado o terceiro número da revista Etno-Folk, revista galega de etnomusicoloxía que se consolida no mercado tras un ano de existencia, coa intención de proporcionar, a todas as persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación, coñecer as liñas de investigación abertas, traballos de campo... sempre baixo o criterio da publicación que é, ante todo, musical, étnico e investigador.


LIMIAR
ARTIGOS

* “Cántigas e Frores”, por Bruno Villamor
* Breve introducción a la música Andalusí – Marroquí, por Luis Delgado
* A organización sistemática do ensino da gaita galega (e II), por Xosé Luís Miguélez
* El ‘cant d’estil’ valenciano, por Josép Vicent Frechina
* El alalá. Estudio de un género, por Diego Mariño
* Etnomusicoloxía: a importancia dunha definición da disciplina, por Pablo Ruibal Armesto
* O Festival do Mundo Celta de Ortigueira, por Juan Barcón Peña
* A recuperación do patrimonio musical galego: “Ouvirmos” e a colección “A Tiracolo”, por Xaime Estévez Vila

NOTICIAS
RECENSIÓN DE LIBROS, PARTITURAS E GRAVACIÓNS

Almanaque 2006 da Asociación de Gaiteiros Galegos

AGG / 04.01.06




Vimos de enviar a todos os novos socios o almanaque do ano 2006, que pretende ser un medio de publicidade da nosa Asociación a todos os niveis da sociedade galega. Por ista razón, tamén fixemos envío do mesmo a certas asociacións, colectivos e individuos vencellados dun xeito ou outro á música galega.


A foto escollida para iste ano 2006 pertence á colección de Eduardo Méndez Baamonde (Dubi). Neste caso é unha foto de Ferrer de comezos do século XX onde aparecen tres cativos tocando (dúas gaitas e un tambor). A colección completa de Dubi foi proxectada "con grande éxito de crítica e público" dentro das actividades do "II Día do Orgullo Gaiteiro" celebrado en Ourense o pasado 17 de decembro de 2005.

Publicación no DOG e data limite de entrega de proxectos

Deput. Pontevedra / 28.12.05

Con data 27/12/2005 foi publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) a Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13
http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/75f326159e4790474125664400367b9e/d25d4840bf407bfcc12570e3005e16f8/$FILE/24700D061P072.PDF

Daquela, a data límite de presentación de plicas remata o día 11 de xaneiro de 2006, sendo a data de apertura de plicas o 16 de xaneiro de 2006.

Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

Deput. Pontevedra / 23.12.05

A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe, 23 de decembro de 2005, o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

As solicitudes de participación no concurso poderanse presentar ata o sábado día 7 de xaneiro e poderán facelo todas as persoas naturais ou xurídicas que o desexen. Lembramos que o rexistro da Deputación Provincial permanece aberto de luns a sábado de 9 a 13 horas. Toda a información sobre a resolución está dispoñible na páxina 13 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 23 de decembro de 2005 e nas seguintes páxinas web:

http://www.depontevedra.es/?1,9202
http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf


Mais información.

Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas

Deput. Pontevedra / 14.12.05

Fontes da Excma. Deputación de Pontevedra informaron onte á Asociación de Gaiteiros Galegos que, na semana de Nadal, sairán publicadas no BOP as bases para acceder ao concurso público para a implantación da Escola de Gaitas que tanta polémica xerou este vran pasado.

Como a AGG xa publicara en distintas ocasións, este concurso semella estar dirixido a consolidar o convenio que fora aprobado a principios deste ano de xeito pouco ortodoxo. O feito de que a convocatoria se faga nas datas de Nadal fai sospeitar que se busca, dada a tempada de parón
vacacional, que se entere pouca xente para deixar paso libre á "Asociación de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra" beneficiaria do convenio citado.


Mais información.

Páxina 424 de 438