Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Esta noite hai unha fía

Concertos / 22.03.06

Este sábado 1 de abril ás 20:00 horas terá lugar 'Esta noite hai unha fía’, gala do 10 aniversario de ‘O fiadeiro’.Terá lugar no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova en Vigo.

Pódense facer as reservas a partir do 20 de marzo, ben telefonicamente, chamando ao 902 504 500, ou ben entrando en www.caixanova.es.

Os bos e xenerosos. 3ª edición.

Reunións, actos, ... / 21.03.06

A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a 3ª edición deste acto de homenaxe e recoñecemento anual. Cada ano escóllese a unha figura ou colectivo que, pola súa actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega.

Este ano preténdese poñer de relevo á traxectoria do colectivo Ponte... nas Ondas! que naceu en 1995 coa fin de incentivar a comunicación internacional entre adolescentes e profesionais das dúas beiras do Miño. Conseguiron salvar barreiras e crear lazos de entendemento entre comunidades veciñas pero separadas por unha fronteira política. O labor de recuperación, estudo e clasificación do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués de Ponte... nas Ondas!! a través da radio tamén constitúe unha labor encomiable deste colectivo.

Os actos da 3ª edición de “Os bos e xenerosos” terán lugar o sábado 25 de marzo a partir das 11:30 no Auditorio do Centro Sociocultural Caixa Galicia, na rúa Policarpo Sanz, 21, Vigo.

Construción de palletas con Juán Casalderrey

Cursos / 20.03.06

A vindeira fin de semana a AOFT, (Asociación Ourensana de Folclore Tradicional), organiza un curso de construción de palletas co artesán Juán Casalderrey.

O horario será o seguinte:

ábado 25 de marzo:

-10:00-13:00h. Presentación, entrega de material e inicio do
curso.
-15:00-20:30h. Continuación de curso.

Domingo 26 de marzo:

-10:00-13:00h. Continuación do curso.
- 15:00-20:30. Remate do curso.

Mais información.

ESTUDIOS PARA GAITA GALEGA: Un novo xeito de aprendizaxe para a gaita

Publicacións / 20.03.06


O Gaitero Xosé Luís Miguélez presenta o libro "Estudios. Volume I: Nivel Iniciación", dentro dos "Cadernos de Gaita Galega" da editorial Dos Acordes.

O "Estudio" é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza. Con estas publicacións preténdese aportar unha ferramenta máis, fundamental no estudio de calquera outro instrumento musical, ao ensino da gaita.

Os contidos deste primeiro volume son adecuados para iniciarse, dunha forma amena e progresiva, na aprendizaxe do instrumento, así como para o seu posterior perfeccionamento; dividido en catro niveis, correspóndese cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparten nos conservatorios públicos de Galicia. Cada nivel consta de dez estudios e unha peza, o que conforma corenta estudios e catro obras en total. Cada estudio está comentado polo autor para sacarlle o máximo partido.

Dirixido ao gaiteiro que se achega por primeira vez ó instrumento e aos que, coñecéndoo, queren perfeccionar a súa técnica. Pretende tamén, ser de axuda para os mestres e profesionais do ensino da gaita.

O libro, en tamaño A4, flexible e cunha extensión de 65 páxinas, ten un prezo de 10 euros. Están dispoñibles dúas edicións, en notación de DO e notación de RE para facilitar ó máximo a súa comprensión.



Mais información.

Fins e usos do Portal

AGG / 17.03.06




Ante certas peticións de algúns asociados para a publicación, na sección de novas deste portal, de eventos que non teñen nada que ver coa música tracidional galega, a comisión encargada da edición do mesmo co respaldo da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, quere manifestar o seguinte:

1º O portal da AGG nace como un vehículo de comunicación da AGG cara aos seus asociados e cara ao mundo.

2º O fin que persegue a AGG e que está reflexado, entre outros, nos seus estatutos é a defensa e divulgación da música tradicional galega.

3º A comisión encargada da edición de Portal e a Xunta Directiva da AGG teñen en conta e respectan calquera manifestación cultural non galega ao tempo que entenden que estas teñen que ter outras canles de difusión.

Por todo o dito anteriormente, a comisión de edición e a Xunta Directiva da AGG rogan aos usuarios do portal que remitan novas que se cingan exclusivamente ao contido do portal.

Asi mesmo aproveitan para agradecer a tódolos usuarios a súa colaboración que mantén viva esta sección e o portal enteiro.

Edicións do Cumio publica o novo disco de Iván Costa

Entrevistas / 17.03.06

Edicións do Cumio é indiscutibelmente a discográfica que desde hai máis de dez anos ven apostando con máis forza por publicar e distribuír traballos discográficos e bibliográficos de músic@s tradicionais galeg@s. Proba delo é o amplo e variado catálogo co que contan a día de hoxe. Fiel á súa liña e compromiso coa música tradicional galega, publica este mes de abril o novo traballo discográfico de Iván Costa



Desexado e agardado:
Iván Costa, o gaiteiro de Moaña, presenta estes días o seu disco “Ávrego”, escoita un pequeno adianto do que será este traballo e coñece as impresións que o autor fai sobre cuestións varias relacionadas coa música tradicional.

Aínda que novo, Iván Costa é unha persoa cunha longa e ampla traxectoria na música tradicional galega.

A Iván coñéceselle, e recoñéceselle, sobre todo por ser un gaiteiro de cuxo traballo están sempre moi pendentes as novas xeracións de gaiteiros e gaiteiras galegas.

Con este novo disco o que queda patente é que Iván Costa é un músico tradicional: gaitas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiros, pandeiretas, tarrañolas…un músico tradicional inquieto, innovador e cun profundo respeto hacia a música tradicional galega.
De todo isto da boa mostra “Ávrego”.


Mais información.


Comeza unha nova liña de traballo

Entrevistas / 17.03.06



Co obxecto de tentar dar unha panorámica sobre o mundo da música tradicional comezamos unha nova sección nas novas, dedicada a entrevistas a persoas, grupos, colectivos, institucións ... cun traballo activo neste noso mundo.

A primeira entrevista que publicaremos é a realizada ao gaiteiro (gaiteirazo!) Iván Costa Blanco.

XI Xantar Gaiteiro

Reunións, actos, ... / 17.03.06



De novo no comezo da primavera, coma noutras e facéndoo xa ritual, nesta ocasión a Asociación de Gaiteiros Galegos quéreo celebrar cun suculento xantar ao estilo do país, formalizando o 'XI Xantar Gaiteiro', para o vindeiro domingo 26 de marzo no restaurante Punta del Este de Carballo (A Coruña).

O menú (22 euros) será:
Sopa de cocido
Cocido de grelos e patacas con polo, cachola, lacón, carne fresca, chourizos...
Pan de molete e viño Mencía ...(¡auga tamén...!)
Filloas... orellas...café araghonés (con Jotas)

Desta volta, amais, imos propoñer máis actividades coma música na rúa; exposición de instrumentos e fotos; representación teatral e proxeccións.

Traede bo humor e algún instrumento musical. E para os que non lle paran quietos os pes, que non se couten, tamén poderán botar unha baila. Pero traede tamén a algún colega que queira participar connosco porque andamos a procura de xente con ilusión que queira aportar algo á nosa comunidade de músicos e de xente namorada da cultura do pobo galego.

Para confirmar a participación, por favor, ponte en contacto con nos antes do día 22 de marzo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
(Sonsoles) 986 847 074 // (Raúl Galego) 607 844 813


Mais información.


Gaita e baile tradicional galego na "Stichting draailier en doedelzak"

Cursos / 14.03.06




A fin de semana de 22 e 23 de abril, Simón Díaz e Manolo Serantes serán os responsables de impartir, respectivamente, os cursos de gaita e danza galega que ofrecerá a "Stichting draailier en doedelzak", asociación de zanfona e gaita que leva a cabo unha intensa labor en torno á música tradicional en Bélxica e Holanda.

Mais información.

Serán en Arbo

Festivais, Foliadas, Romarías / 14.03.06

O vindeiro sábado 18 demazo, a partir das 22:30, celebrarase o serán máis famoso de todo Arbo. Terá lugar no cuartel da Garda Civil, ¡así que coidadiño con bailar demasiado arrimados!

Para os que queiran, ás seis da tarde, haberá un cursiño acelerado de baile tradicional que inclúe un diploma de asistencia e a cea (15 €) no restaurante “Os Pirús” de Arbo. Podedes anotarvos no 986 665 164.

Organiza a A.C. Barca de Loimil.

Páxina 421 de 438