Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Participar no Portal

AGG / 02.04.06

Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para publicar no Portal.

Música Galega no Forum Metropolitano de A Coruña

Festivais, Foliadas, Romarías / 31.03.06

Este sábado 1 de abril ás 19:30, no Forum Metropolitano da Coruña, terá lugar un festival de música galega organizado pola Sociedade Cultural Galicia-Bretaña. Poderemos escoitar ao grupo de zanfoñas e ao de Gaitas do laureado Coro "Cántigas da Terra"; ao grupo de danzas e a charanga da "Asociación Cultural A Ponte Vella", de Teo; e ao grupo de música tradicional "Ruote".
A entrada é gratuíta.

Consellería de Innovación e Industria

Anuncios, subvencións, oposicións... / 29.03.06

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria ven de publicar, nos últimos días, unha serie de axudas que teñen a finalidade de potenciar o comercio e o sector artesanal galego.

Este tipo de iniciativas poden resultar interesantespara os comerciais, industriais e artesáns vinculados á música tradicional galega. Por esta razón, habilitamos un apartado no portal da Asociación de Gaiteiros Galegos dende o cal se poden descargar os documentos relativos a estes e outros anuncios: “Descargas: Anuncios, subvencións, oposicións...”

Crónica do XI Xantar Gaiteiro

Reunións, actos, ... / 28.03.06

O pasado domingo 26 de marzo tivo lugar o convite que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza cada ano ao comezo da primavera. O lugar escollido este ano foi o restaurante Punta del Este na cabeceira da comarca de Bergantiños, a vila de Carballo.



O abundante cocido, o magnífico viño, traído directamente da Ribeira Sacra, e as fontes e fontes de orellas que pecharon o banquete animaron a velada dende o primeiro momento. Aínda non chegaran as filloas cando Antonio Mato Rial (fundador do cuarteto Os Matos de A Coruña) obsequiounos cunha exótica interpretación á harmónica de varias foliadas galegas, os aplausos non se fixeron esperar.

Servido o café e, se cadra, cohibidos ante á cantidade de senlleiros mestres gaiteiros esparexidos polas mesas, a xente retrasou o comezo da foliada.


Un momento máxico da xornada veu da man do gran mestre gaiteiro Manuel Viqueira Vieites, o Gaiteiro de Vilaverde (Ordes, A Coruña), quen amosou o seu carisma coa interpretación dunha das xoias do seu repertorio, unha muiñeira cargada de forza e sentimento que provocou, primeiro, un silencio de espectación seguido dun rebumbio de auténtica ledicia, onde, por suposto, non faltaron os aturuxos.

Pouco a pouco os asistentes fóronse animando a tocar e bailar co cal a festa continuou ata a noitiña.

A Associação Gaita-de-foles conmemora sete anos de vida

Festivais, Foliadas, Romarías / 27.03.06

O día 1 de Abril, a Associação Gaita-de-foles reunirá os socios e amigos para celebrar o seu séptimo aniversario.

Conmemóranse Sete Anos de moito traballo, descoberta e memorias do instrumento que motivou o xurdimento da Associação: a Gaita-de-fole e os seus Gaiteiros.


Mais información.

Recuncho da Palleta do 25 de marzo de 2006

Lume na Palleira / 25.03.06


Este sábado 25 de marzo de 2006 no espazo "O Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" que presenta Emilio Españadero na sintonía da Radio Galega teremos unha lembranza ao primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, D. Ricardo Portela Bouzas, tristemente falecido o 24 de marzo de 1992.

Ademais, presentaremos o novo e ambicioso proxecto que está a levar a cabo a AGG en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, contando coa presenza do artesán de gaitas e requintas Xosé Manuel Gil, de Ponteareas.

Carta do Colectivo en Defensa da Gaita

CDG / 25.03.06

Deputacións Provinciais e gaitas marcianas

O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere amosar a súa gran preocupación polos feitos acontecidos recentemente trala sinatura dun convenio de colaboración entre a Asociación de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra (ABGPP) e a Deputación pontevedresa para a implantación de varias escolas que o único que van fomentar, segundo os antecedentes existentes, será a música de corte militar, propia de Escocia, e non a galega, tal e como acontece dende hai anos na Provincia de Ourense coa súa Escola Provincial de Gaitas en mans da Deputación ourensana.


Mais información.

Presentación do CD "ÁVREGO" de Iván Costa

Discografía / 23.03.06

Este sábado 25 de Marzo terá lugar a presentación do novo traballo en solitario do gaiteiro moañés.

O acto celebrarase na Casa do Concello de Moaña ás 21:30 e nel intervirán Xan Cancelas, concelleiro de cultura do Concello de Moaña, Xosé Gil Dopazo, da Asociación de Gaiteiros Galegos, Candido Meixide de Edicións do Cumio e o propio Iván Costa.

A presentación rematará cunha intervención musical do gaiteiro acompañado por Sergio Cobos (percusión), Miguel Souto (percusión) e Iván Abal (zanfoña e gaita).

Carnés de socio

AGG / 23.03.06

Comprácenos enormemente que os socios da AGG xa esteades en posesión dos carnés. Confiamos en que todos os recibirades correctamente, de non ser así, por favor, facédenolo saber.

Os carnés de socio representan a vosa afiliación e colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e o compromiso en prol da defensa dos valores da cultura e, en especial, da música tradicional galega.

No documento inclúese un número simbólico, número de socio, que resultará de gran utilidade á hora de facer consultas e dirixirse á nosa secretaría.

Na parte traseira poñemos á vosa disposición o contacto de algúns dos artesáns que, neste momento, están a traballar no eido da construción de instrumentos tradicionais galegos e contribuíron a financiar estes carnés.

Festival Interceltique de Lorient

Festivais, Foliadas, Romarías / 22.03.06

A medida que se achega o verán vanse coñecendo os pormenores da celebración dun dos festivais con máis sona de Europa, o “Festival Interceltique de Lorient”, que terá lugar dende o 28 de xullo ata o 6 de agosto na vila gala. Xa temos novas acerca de cal será a representación galega neste evento.

Mais información.

Páxina 420 de 438