Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

IX Memorial Manuel Texo

Concursos e Certames / 04.05.06


Este sábado 6 de maio ás 19 horas terá lugar na Casa da Cultura de Santa Cruz de Rivadulla, Concello de Vedra, a novena edición deste, xa clásico, concurso de música tradicional.

Os grupos seleccionados para a final foron: S.R.C. O Castro, Anacos De Buxo, Os Estrobos, Luvas Verdes, Picuíña, Seitura, Seixebra, que competiran por un 1º premio dotado con 900 euros máis trofeo, un segundo premio 450 euros máis trofeo e un 3º dotado con 250 euros máis trofeo. O xurado estará composto por Pablo Seoane, Oli Xiráldez e Óscar Ibáñez.


Mais información.

I Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo

Concursos e Certames / 03.05.06

Ata o 6 de xuño queda aberto o prazo de inscrición do I Certame de gaiteiros Solistas Manuel Dopazo que se celebrará o 18 de xuño na localidade de A Bandeira, no corazón da comarca do Deza.

Podedes descargar máis información e as bases do concurso na seguinte ligazón:
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/bases_certame_manuel_dopazo.pdf

Xan Bello Mallou

Entrevistas / 01.05.06



Falar de Mallou, significa falar duns dos referentes fundamentais da gaita na actualidade e dunha figura imprescindible para coñecer a gaita en Santiago e a súa comarca nos últimos 50 anos. Na foto anterior podemos observar a Mallou de “estalotada” nunha taberna dos Concheiros en Compostela. Foto: Ramón Marín.

Sen dúbida algunha é un gaiteiro a destacar que desde a AGG queremos reivindicar por moitos e variados motivos: A súa técnica interpretativa sintetiza como ningún outro o estilo dos gaiteiros de Santiago e comarca.
Boa parte das pezas do seu repertorio son hoxe en día clásicos estandarizados entre as novas xeracións de músic@s tradicionais.
É un dos últimos representantes dunha xeración de gaiteiros que viviu a música tradicional como un feito natural, integrado nunha sociedade e que se transmitía seguindo a cadea de transmisión oral.



Nesta foto, podemos ver a Mallou tocando con outro dos grandes xenios da gaita, Basilio Carril. Desta volta aparecen tocando o pito nunha representación musical teatral. Foto: Ramón Marín.

Seguramente a obra e traballo de Mallou acadou outra dimensión dende o momento no que diversos grupos da zona de Santiago comezaron a tocar e gravar as melodías do seu repertorio. De entre todos estes grupos, o quinteto de música tradicional Durindaina recompilou e interpretou de xeito maxistral no seu –imprescidible- traballo discográfico do ano 1995 temas senlleiros do repertorio “Mallou”.

Xoán Porto “Guancho”, mestre de gaita santiagués, gaiteiro e acordeonista dos grupos Durindaina e Leilía coñece ben a Mallou. Queriamos coñecer o parecer dalgún dos artífices daquel traballo que supuxo toda unha renovación e aire fresco na música tradicional galega dos anos 90 do pasado século.

Agradecementos a:
Xoan Porto, texto sobre Mallou.
Alexandre Cadarso e Morgan, pola cesión dos arquivos de audio.
Ramón Marín, Pepe Temprano e Dubi Baamonde, pola cesión da imaxes.


Mais información.

Arredemo Lab

Cursos / 28.04.06




Durante o mes de Maio e a primeira semana de Xuño vaise desenvolver un proxecto cultural con dúas carpas que van percorrer varias comarcas galegas. Este proxecto, chamado A Cultura Circula, está impulsado por varias Consellerías, a de Cultura, Industria e Vicepresidencia, e conta coa colaboración de diversas asociaicións e entidades sociais e culturais.

Neste senso, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO vai ser responsable da área de internet, e por esta razón dirixímonos ás asociacións culturais e outros colectivos sociais de cada comarca para ofrecerlles unha experiencia de intercambio cultural e creación colectiva e un taller gratuito sobre edición de páxinas web e o uso de programas de libre distribución (software libre), dentro do programa Arredemo Lab: dous cibercamións que van seguir ás carpa da Cultura Circula a cada comarca.

Mais información.

Manguelo Folk

Festivais, Foliadas, Romarías / 28.04.06

O vindeiro día 27 de Maio na parroquia de Orazo do concello da Estrada (estrada N-525 a 30 km de Santiago e 30 de Lalín ) , a asociación Socio Cultural COTO MANGUELO , organizamos o 3º festival de música tradicional e folque MANGUELO FOLK.

Dende as 19.00 do serán contaremos coa actuación dos grupos: Asociación folclórica Tamparrantán; Agrupación Folclórica Xirandola; Compañía de Títeres Seis Dedos de Lalín; Pandereiteiras Lilaila de Orazo; O Arco de Merza; Pandereiteiros da A.C. Nos de Sobradelo.

E a partires das 23:30 actuarán: O REGATO DE MATAMULLERES; RUOTE ; A XISTRA DE CORUXO; QUEMPALLOU; Grupo de animación musical e de Baile Dálle Caña.

Mais información.

Problema informático

AGG / 28.04.06

Prezados usuarios,

Debido a un problema informático cómpre introducir de novo aos usuarios rexistrados. Prégase que enviedes un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo suxerindo un novo contrasinal.

Pedindo desculpas polas molestias que poida ocasionar.

Cordiais saúdos

“Ao Son do Tangaraño”

Festivais, Foliadas, Romarías / 26.04.06



A A.C. Tangaraño presenta unha nova edición do seu espectáculo que se celebrará o vindeiro luns, primeiro de maio, no Teatro Cine Salesianos ás 20 horas, sendo a entrada de balde.

Ao longo de case dúas horas, os compoñentes das diferentes agrupacións da A.C. Tangaraño, percorrerán a xeografía galega a través da música e do baile tradicional, amosando pezas recollidas en diferentes vilas e aldeas. Asemade, como ven sendo habitual nas súas actuacións, farán referencia á historia más recente ó incorporar ó seu espectáculo bailes que no seu día foran interpretados por “Coros y Danzas”, así como outras pezas do chamado “baile coreográfico”.



II FOLIADA DE MELIDE

Festivais, Foliadas, Romarías / 24.04.06

O vindeiro domingo 30 de Abril terá lugar en Melide a segunda edición desta foliada que organiza a Agrupación Folclórica “Castelo” coa colaboración do Concello de Melide e a Asociación Catasol.

As actividades comezarán ás 11 da mañá cun pasarrúas ao cargo do Grupo de Gaitas “Castelo” de Melide e ás 11:30 terá lugar a apertura da “Mostra de Artesanía” e das exposicións sobre “Os Garceiras” e“Os Xogos Populares Galegos”, entre outras.

Ao medio día comezará a actuación do grupo de baile “Azougue” E.M.F de Betanzos e os que así o queiran poderán participar no obradoiro sobre “A malla” e contemplar a exhibición dunha máquina de mallar do S. XIX.

Ás 14:30 haberá un Xantar popular e a sobremesa estará amenizada por Mini e Mero: “Romances de cego”.

Ás 17:30 os máis cativos poderán tomar parte nun obradoiro infantil sobre Os Maios e ás 18:00 Jesús Miranda falará sobre a “Afinación da gaita e tratamento das palletas”. Ás 19:30 de novo as gaitas soarán polas rúas da vila para rematar a xornada cun serán que dará comezo ás 22:00 pero que non se sabe cando rematará.

O ESTADO DE SAÚDE DA MÚSICA EN GALIZA

Varios / 17.04.06

Baixo o título "O estado de saúde da música en Galiza" terá lugar unha mesa redonda o vindeiro Luns 24 ás 20:00 horas no Salón de Actos do Hotel NH Palacio de Vigo, sito na rúa García Barbón 17-19, organizada pola Comisión Comarcal de Cultura do BNG en Vigo.

Cal é o estado de saúde da música en Galiza? Eis a pregunta á que tentarán dar resposta os seguintes convidados:

Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza.

Xurxo Souto, músico e xornalista. Director de programación na Radio Galega.

Oscar Domínguez, Directivo de DISCMEDI.

Ugia Pedreira, música e directora do Conservatorio de Lalín.

Presentará e moderará a Mesa Redonda:
Xosé Paz Antón, deputado polo BNG e membro do grupo NA LÚA.

Como podes ver, administración, medios de comunicación, industria musical e músicos teñen a palabra. Para completar e dar sentido a este acto, falta só a túa presenza.

A cultura circula

Varios / 14.04.06



Durante o próximo mes de maio, a cultura vai circular por toda Galiza baixo a lona de dúas carpas itinerantes, que van acoller moi diversas iniciativas socio-culturais e outras propostas musicais, escénicas, audiovisuais e educativas. Ademais da presenza de artistas profesionais, trátase de crear espazos de participación abertos á sociedade. É por iso que desde a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e desde a Dirección Xeral de Xuventude, animan a compartir as vosas creacións (vídeos, músicas, fotografías), embarcando neste proxecto tentacular.

Podedes participar se tedes entre 12 e 20 anos .

O prazo para enviar os vosos traballos remata o 20 de abril

Toda a información en http://www.aculturacircula.info/

Bases da convocatoria en http://www.aculturacircula.info/media/bases_do_concurso_embarca_na_carpa.pdf

Páxina 418 de 438