Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Sondeseu, 10 anos do CMT

Reunións, actos, ... / 24.05.06

O vindeiro xoves, 1 de Xuño ás 22:00 horas, no Teatro Sá de Concertos do Centro Cultural Caixanova terá lugar a homenaxe Sondeseu, 10 anos do CMT. A reserva de localidades pódese realizar en www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 504 500.

A creación do Conservatorio de Música Tradicional, dentro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (antes Universidade Popular) en 1996 veu inaugurar un novo xeito de concebir os centros educativos no amplo mundo do ensino da música popular galega.

Cumprénse 10 anos da súa aparición e polas súas aulas teñen pasado a maior parte dos músicos que na actualidade manteñen vivo e creador o mundo da música tradicional e a súa expresión urbana: o folc.

Un dos máis importantes fitos no decorrer destes anos ten sido a formación da primeira Orquestra Folc en España: Sondeseu. Co seu primeiro traballo discográfico no mercado (Mar de Vigo, que merecéu mencións especiais da prestixiosa revista Folk Roots e dos medios galegos españois especializados) e o segundo en proceso de produción, Sondeseu xa é un referente nacional e internacional.

Mais información.


Caderno 5. Empezares

Publicacións / 23.05.06


Emilio Mesías Farías ven de publicar un interesantísimo traballo, ncluído na colección Cadernos de Gaita Galega, que edita Dos Acordes, no que se recollen pezas escritas para gaita e piano. Non é habitual atopar este tipo de composicións na música galega pero é ndubidable que constitúen unha valiosísima fonte para intérpretes e studantes.
"EMPEZARES" é o nº 5 da colección de "Cadernos para Gaita Galega"
que publica a editorial "Dos Acordes" de Baiona, có fin de difundir raballos pensados para o noso instrumento, cunha fonda finalidade divulgadora, didáctica e de formación.

O Acto de presentación celebrarase o Venres 26 de Maio ás 20.15 no Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Presentará Marcos Galán (xefe de estudos do cmus xan viaño) e falará o autor do caderno, o aresán, Emilio Mesías Farías. O gaiteiro Suso Vaamonde e máis a pinista Iria Hevia, estrearán dúas pezas incluídas no caderno.

Mais información.

Xosé Luís Miguélez falará sobre “O ensino da Gaita Galega”

Varios / 22.05.06

O gaiteiro ourensán Xosé Luís Miguélez fará a exposición publica do seu traballo de fin de carreira, dentro da titulación superior en “Instrumentos da música tradicional: Gaita Galega” o vindeiro martes día 30 de maio ás 20:00. O traballo leva por título “O ensino da Gaita Galega”.

A presentación terá lugar na aula de historia da música do Conservatorio Superior de Música de Vigo, a entrada é libre. Con esta presentación, dentro da primeira promoción da especialidade, complétanse por fin tódolos niveis de ensino oficial de Gaita Galega.

VII encontros de música tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías / 19.05.06


Un ano máis a Asociación "Santa Ferreña dos encontros de música tradicional" organiza esta xornada en torno ao Mosteiro de Carboeiro(Silleda), onde a música tradicional é a auténtica protagonista.


A edición do 2006 terá lugar o 3 de xuño: títeres, contacontos, churrasco, xogos, licor café, acampada...e, por suposto, moita música e baile tradicional daranse cita nun entorno de gran beleza e cargado de historia.

Mais información.


A AGG apoia o manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística

Reunións, actos, ... / 16.05.06

109 entidades e institucións de diverso tipo, entre as que se atopa a AGG, enviaron xa o seu apoio á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o próximo 17 de maio, que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago. Esta mobilización cidadá pretende conseguir un “salto adiante” para a lingua galega, aproveitando a oportunidade histórica da elaboración dun novo Estatuto, para que sexa “o Estatuto da normalidade para o galego” e “un Estatuto con tolerancia cero ás discriminacións lingüísticas”.

Animamos a todos os nosos socios a acudir á manifestación posto que consideramos que, ao igual que a música, a fala, ou calquera outra manifestación da cultura galega deben acadar unha completa normalización e integración na sociedade da Galiza actual. É importante deixarnos sentir para lograr esa meta.

Podedes consultar o manifesto “Porque temos, porque queremos, porque debemos. O Estatuto da normalidade lingüística. O galego: un dereito, un deber.” No seguinte enderezo http://www.amesanl.org/17maio.htm

II Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira

Concursos e Certames / 15.05.06


Os resultados do concurso celebrado o pasado sábado 13 de maio en Ortigueira foron os seguintes:

1º Premio: Anacos de Buxo, de Nigrán

2º Premio: Os Estrobos, de Ferrol

3º Premio: Abelente, de Ourense

Concurso Constantino Bellón 2006: Peza en formato PDF

Concursos e Certames / 11.05.06

O Ateneo Ferrolán vén de enviar as basees e a

peza obrigatoria que podes descargar en formato PDF desde esta ligazón,

do concurso de gaita solista "Constatino Bellón" correspondente ao ano 2006. Con anterioridade publicamos a peza en formato encore.

O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.


O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.


O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.


Mais información.

II Xornada de Gaita e Folklore en Ortigueira

Festivais, Foliadas, Romarías / 10.05.06

A Escola de Gaitas de Ortigueira organizará, un ano máis, esta xornada musical que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de maio.

Pola mañá haberá alborada e pasarrúas. Varios grupos de música tradicional percorrerán a vila e rematarán na carpa situada na Alameda onde se celebrará unha mostra de canto e baile tradicional ao cargo de Son do Sor.

Despois do xantar popular, onde se servirán callos, empanada e viño ou refresco (7 euros), se celebrará, no Teatro da Beneficencia, o “II Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira”.

Á noitiña haberá unha cea popular e concertos a cargo de Linho do Cuco, Dúo de Arpa celta e Violín, e Tromentelos Chis Pum.

IX Memorial Manuel Texo

Concursos e Certames / 08.05.06

Os resultados do Memorial Manuel Texo, que tivo lugar a tarde do sábado en Santa Cruz de Ribadulla foron os seguintes:

1º Premio: Anacos de Buxo (Nigrán)
2º Premio: Luvas Verdes (Cambre)
3º Premio: Os Estrobos (Ferrol)

Orixinal e fermosa foi a presentación na que Manuel Rico Verea, leu, ou mellor dito, recitou e cantou un manifesto no que, na súa derradeira parte: ¡Gaiteiros, todos, tocade e cantade connosco! acompañou tamén o público presente na sala.

Artigo publicado en A Nosa Terra

AGG / 07.05.06

Coa autorización de "A Nosa Terra" (http://www.anosaterra.com/)
publicamos en formato pdf o artigo titulado

A Asociación de Gaiteiros Galegos e as memorias dun conflicto.

redactado por Santiago Caneiro.

Este traballo saiu publicado no caderno nº 20 da colección Cadernos A Nosa Terra. (Dec. 1995).

A comezos da década dos 70 teñen lugar na vila de Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais e torno o seu peculiar mundo.
Xiraban, por aquel entón, as discusións sobre o prezo a estipular das actuación en alboradas e romarías que lles cobrarían ás comisións de festas e o establecemento duns mínimos cachés.

Para o texto completo en formato pdf escolle a seguinte ligazón

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/agg-memorias-conflicto.pdf

Páxina 417 de 438