Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías / 31.07.06

Esta “XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, encádrase dentro do marco do festival de Pardiñas, organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os días 5 e 6 de agosto.

Temos que salientar que, ao fin, as institucións galegas apoian esta iniciativa que xa fai trece anos comezamos catro artesáns, coa idea de crear en Galiza unha cita anual onde os mellores luthiers estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe, esta Mostra, é unha referencia indispensable na música tradicional na península. Non só por ser a primeira, senón porque por ela pasaron os máis prestixiosos obradoiros e luthiers.

Para realizar o Pregón contamos coa presenza de MINI e MERO, sen dúbida, dúas persoas que son unha referencia na música tradicional cantada, con moitos anos de loita e traballo as costas na defensa da normalización cultural de Galiza. A continuación terá lugar a actuación dos regueifeiros LUIS O CARUNCHO E BENITO LOBARIÑAS.O domingo teremos a actuación da murga de música tradicional galega OS CAMPANTES DA BAÑA.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois, haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Ademais este ano facemos un obradoiro de baile impartido por PILAR GONZÁLEZ e JULIÁN MOJÍN, e máis un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para os nenos e nenas, impartido por EMILIO LOIS.





Mais información.

OS MONTES DE LUGO - Ensaios e concursos

Publicacións / 26.07.06


Xa está a venda o novo volume da colección A Tiracolo de Ouvirmos.

Sen dúbida os gaiteiros de Lugo son Os Montes. Durante medio século XX actuaron en romarías por toda Galiza e conseguiron importantes premios nos certames de gaitas. Por vez primeira podemos deleitarnos coas súas gravacións inéditas de ensaios e concursos realizadas nos anos 70.

Investigación documental e textos: Oscar Ibáñez

Máis información e mercar en: http://www.ouvirmos.com/es/index.php?activo=3

III Certame de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”

Concursos e Certames / 25.07.06

Celebrouse o III Certame de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”, na Carballeira da Portela en Viascón, o sábado 22 de xullo. Este certame pretende manter e potenciar o “toque pechado”, unha xenuina dixitación que posibilita unha batería de adornos musicais, que enriquecen as pezas que de este xeito se intepretan.

Os participantes foron: Juanjo Fernández, Miguel Fraguas con Martiño Vázquez no tamboril, Pablo Devigo con Marcos Pérez, Alberto Coia con Alberto Costas e Edelmiro Fernández con Loli Fernández.

O “Premio Ricardo Portela” para Gaita Solista tocando en pechado foi para Pablo Devigo.

O “Galardón Viascón á Percusión”, para Loli Fernández.

O “Trofeo Irmáns Pichel” para unha figura senlleira do Folclore Galego para Xosé Ferreirós.

A entrega dos trofeos tivo lugar o domingo 23 despois dun xantar popular na mesma carballeira.

Etno-folk nº5 ¡Imprescindible para gaiteir@s!

Publicacións / 20.07.06

O número 5 da revista etno-fok, ademáis de outros contidos, ven nesta edición con dous interesantísimos artigos dos gaiteiros Juanjo Fernández e Pablo Carpintero, imprescindibles para a biblioteca de calquera gaiteiro.

ARTIGOS
Galiza na obra impressa de Eduardo Martínez Torner, por José Luís d.P. Orjais.

Recursos de interpretación da gaita do fol, por Juanjo Fernández.

La actividad coral en la música popular latinoamericana, por Eduardo Correa.

Gaitas e gaitas de fol galegas con cantores tipo óboe, por Pablo Carpintero.


RECENSIÓN DE LIBROS, PARTITURAS E GRAVACIÓNS

Para comprar Etno-folk ou suscribirse a ela visita www.dosacordes.com ou librerías especializadas.

Gran Éxito do Memorial Ricardo Portela

Concursos e Certames / 17.07.06

Esta fin de semana participantes e público do VII Memorial Ricardo Portela congregáronse na Boa Vila para render homenaxe a este senlleiro gaiteiro.

O concurso celebrouse o sábado 15 en dúas sesións, como acostuma a facerse todos os anos. Pola mañá os grupos que participaron na fase eliminatoria, consistente nun pasarrúas pola vila, tiveron que loitar non só contra os nervios, senón tamén, contra as altas temperaturas rexistradas.

Os participantes foron:

ANACOS DE BUXO (Nigrán)
BOUDEBOU (Cambados)
SAUDADE (Barcelona)
SEITURA (Cotobade)
OS FOLERPAS (Santigago de Compostela)
OS 7 ESTALOS (A Coruña)
PICUIÑA (Marín)
OS ENXEBRES (Cacheiras)
CATRO PUNTOS (Galicia)
OS FONTE SUAIRAS (A Coruña)
TARAMBELA BANDEIRA (Melide)

O fallo do xurado deuse a coñecer nunha comida celebrada no Pazo da Cultura e á que asistiron todos os participantes. Dos 11 semifinalistas 8 foron os que pasaron á final que tivo lugar ás 20 horas na Praza da Verdura.

Os premios foron os seguintes:
1º Os Enxebres de Cacheiras
2º Os Folerpas de Compostela
3º Seitura de Cotobade
O premio especial Ricardo Portela á mellor interpretación dunha peza do repertorio porteliano foi parar ás mans do grupo Picuíña de Marín e o premio especial Seivane-Goretex á mellor interpretación dunha peza en Pechado ás mans dos Folerpas de Santiago.

O domingo a festa continuou á noitiña coa celebración dun festival organizado pola AGG, que puxo fin ao VII Memorial Ricardo Portela. Os encargados de pechar o evento foron "Dani Bellón e Diego Maceiras" e "Xarín, gaiteiros do Incio".

Cómpre sinalar o gran éxito de público acadado en todas as actividades desenroladas, sobre todo a mostra de artesáns organizada pola comisión de artesáns da AGG e que estivo aberta ao público durante toda a fin de semana.

Memorial Ricardo Portela

Concursos e Certames / 12.07.06

Esta fin de semana terá lugar a VII edición do Memorial Ricardo Portela organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e patrocinado polo Concello de Pontevedra. Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado.

O principal obxectivo do certame é promover a música tradicional galega, así como impulsar a formación de novos cuartetos e quintetos. Como ocorreu nas pasadas edicións, o certame se desenvolverá en dúas fases: unha pola mañá, consistente en pasarrúas que dará comezo ás 12 da mañá na praza de Curros Enríquez, ocasión na que o xurado poderá elixir as
oito formacións finalistas, e unha final ás 20 horas do serán, na que o mesmo xurado escollerá os tres primeiros premiados, que recibirán premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros.

Asemade haberá o premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e o premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta sexta edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Cómpre dicir que estes dous premios son compatíbeis con calquera dos
outros premios en metálico.

Os que todavía non estades anotados e desexades facelo podedes descargar as bases do concurso clicando aquí

Mais información.

Horario de Verán

AGG / 30.06.06

A partir do vindeiro 1 de xullo o horario de atención aos socios e ao público nas nosas oficinas da Rúa Afonso XIII, número 7, de Pontevedra e no teléfono 986 847 074 será de 8.30 a 14.30. Desculpade as molestias que este cambio puidera ocasionar.

I Trofeo de Cantareiras Aturuxo 2006.

Concursos e Certames / 29.06.06

A Asociación Cultural Pandereteiras das Burgas organiza o I Trofeo de Cantareiras, Aturuxo 2006, que terá lugar os días 28, 29, 30 de xullo na estación de montaña de Manzaneda.

Descargar bases e máis información.

Ábrese o prazo de matrícula para o curso 06-07

CMTFL / 28.06.06

Xa podes formalizar a tua matrícula no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e proximamente tamén na Escola Folque Infantil.

Cando se imparten as aulas e dónde?Todos os sábados de outubro do 2006 a finais de xuño do 2007 en horario de 11h - 14h e de 16h - 20h no Conservatorio de Música. Auditorio Municipal de Lalín. Os horarios diseñanse no mes de outubro e cada alumno/a indica a sua preferencia de horario: mañá ou tarde.

Mais información.

III Concurso de Música Tradicional Gaiteiros de Viascón

Concursos e Certames / 26.06.06

Amplíase ata o día 20 de xullo ás 14 horas o prazo de presentación de solicitudes para participar neste concurso.

Descargar bases do concurso


Descargar solicitude de inscrición

Páxina 415 de 438