Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

Concursos e Certames / 05.01.07

Este Sábado, 6 de xaneiro de 2007, celébrase en Boimorto o III certame Galego de Cantares de Reis e o II Concurso de Recolla de Panxoliñas e Cantares de Reis. Será a partir das 18:00 horas.
A tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva en moitas comarcas de Galiza e este certame ten a intención de conservala e darlle pulo e relevancia. Non vos perdades esta importante cita e disfrutade dunha noite de Reis en boa compaña e coa nosa tradición. Que teñades moitos agasallos!

NOVA TRABALLADORA NA AGG

AGG / 04.01.07

Como xa fora publicado en novas anteriores, o pasado mes de outubro Roi Maceda foi contratado como traballador da AGG para cubrir o posto que deixara vacante Sonsoles Martínez e, desde entón, atende a oficina de Pontevedra.
Esta consolidación non foi obstáculo para que fose solicitada unha nova subvención para outro traballador máis á Consellaría de Traballo, e que foi concedida este mes de decembro. Deste xeito, a AGG afronta o ano que ven con unha infraestrutura moito máis forte cara a desenvolver o seu cometido no ámbito da música e baile tradicionais.
A nova traballadora, PATRICIA LONGA, está contratada dende o día 31 de decembro e forma equipo con Roi para organizar as diferentes actividades que xa están sendo programadas. Ámbolos dous estarán ao dispor de tódolos socios no número de teléfono 986 847074 e no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Berrogüetto

ALALA / 02.01.07

Hoxe o programa Alalá conta coa presenza de Berrogüetto, unha das bandas galegas con máis proxección internacional e que hai agora dez anos veu revolucionar o panorama da música folk. Coincidindo con este décimo aniversario lanzaron ao mercado o seu cuarto disco: 10.0. Con esta entrega fan un punto e á parte, o punto cero ven por ser unha nova etapa na que estrean selo discográfico propio, Berrogüetto Produccións S.L. Deste xeito o grupo asume desde a autoxestión de concertos ata a auto produción do disco. Para o grupo máis recoñecido da música de raíz galega, con este traballo hai un sentido da continuidade que o podería converter no epílogo dunha etapa e no prólogo da seguinte. Unha obra moi coral, cunha participación moi similar por parte de todos os membros da banda. En Berrogüetto hai sete almas distintas, sete músicos que beberon de distintas influencias musicais, grazas a esta mestura, a horas de traballo e á amizade que hai entre eles, as súas propostas musicais fixéronos merecedores dunha gran repercusión mediática e numerosos premios en Galicia e no estranxeiro. Hoxe en Alalá os sete compoñentes de Berrogüetto falarán do contorno que crearon desde que están xuntos, dos procesos creativos, das xiras polo mundo adiante, das sensacións, das emocións, do compromiso e nunha palabra, do Universo Berrogüetto. Cada un expresarase a través do seu instrumento e da súa palabra. O equipo de Alalá desprazouse ata o local de ensaio de Caldas. Alí Guadi, Quico, Guille, Anxo, Quim e Isaac dedicáronlle un momento do programa ao seu compañeiro Santi. Un emocionante agasallo que lle fará lembrar por moitas razóns o 2006 e este disco 10.0.

A AGG CONSEGUE 200.000 EUROS DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Deput. Pontevedra / 27.12.06

No pleno da semana pasada, a Deputación de Pontevedra acordou conceder, con cargo ós orzamentos de Cultura do ano 2006, unha subvención de 200.000 Euros á Asociación de Gaiteiros Galegos. A axuda fora solicitada pola AGG o pasado mes de setembro ó amparo de un proxecto para a recompilación e clasificación do arquivo histórico dos Gaiteiros de Soutelo, que foi recentemente descuberto na casa de D. Avelino Cachafeiro no concello de Forcarei.


Máis Información.

4º Encontro de Acordeón Diatónico

CMTFL / 27.12.06

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín realiza o día 30 de Decembro en Ponteceso, na Asociación Montebranco o 4º Encontro de Acordeón Diatónico. Unha boa oportunidade para despedir o ano ao son do acordeón.

Máis info
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=300

Especial Nadal

ALALA / 26.12.06

En datas de Nadal, o programa de música e tradición galegas farase acompañar esta noite dunha maioría de artistas e formacións que estiveron no seu día no programa amosando os seus saberes e quefaceres. Todos eles e o equipo do programa reuniranse en torno aos costumes navideños dos galegos e de todos aqueles que ano tras ano son quen de revivilas e contalas... A faceta musical do programa xirará en torno aos cantares do Nadal, recreando históricas panxoliñas, aguinaldos, cantares de reis ou manuelas, pero tamén se fará un repaso polas tradicións e celebracións orixinarias destas festas, moi relacionadas coa gastronomía do país, así como a súa evolución e comparación coas de hoxe en día.

25 ANIVERSARIO DO PARLAMENTO DE GALICIA

AGG / 25.12.06


Ante á polémica suscitada a raíz da música que se utilizou no acto de 25 aniversario do Parlamento de Galiza, a Asociación de Gaiteiros Galegos manifesta o seguinte:

As actuacións musicais nos actos de conmemoración dos 25 anos do parlamento galego e as declaracións públicas xeradas a posteriori demóstranos que non temos unha clase política normalizada na nosa cultura. Nun país cunha clase política orgullosa da súa cultura ninguén con capacidade para decidir sobre a organización dos actos de conmemoración dos 25 anos do noso parlamento, se atrevería a propoñer un acto onde se interpretan cancións galegas coas formas musicais do folclore andaluz. Porque así foi o que a conteceu ese día.
Na música hai formas de interpretación que son froito de séculos de traspaso xeneracional da oralidade. Estas formas son as que caracterízan a cultura musical dun pobo. E no caso de Galiza é indiscutíbel que temos na música tradicional, unha das máis diversas e vivas do mundo enteiro. Non é comprensíbel que se fuxa dela para tal conmemoración.


Ver Artigo completo.


O Quiquiriquí

AGG / 21.12.06

Os socios de AGG xa podedes mercar o voso exemplar do Quiquiriquí a traves do portal. O prezo e de 10 € + gastos de envio contra reembolso. Tedes que solicitar o disco a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e lembrade que é unha oferta só para asociados.

Presentación Quiquiriquí

AGG / 19.12.06

Informámosvos do cambio nunha das datas de presentación do Quiquiriquí. A presentación en Lugo pasa para o VENRES 22 ás 20h no Centro Social Uxío Novoneira. Presenta Luis Caruncho.

O Quiquiriquí

ALALA / 19.12.06

Este martes 19 de Decembro no Alala...

O Alalá de hoxe é unha viaxe no tempo que só acontece no Nadal, porque para facela necesítase unha máquina do tempo moi especial creada polos 56 magos da música tradicional galega, e á que lle chamaron O Quiquiriquí. O programa alerta para este caso aos nenos da casa para sumarse a esta aventura misteriosa que percorre un Nadal feiticeiro e único por Galicia enteira. ¿Pero, que é O Quiquiriquí? O Quiquiriquí é o Tizón do Nadal, os aguinaldos, o prato dos defuntos, os cantos de Reis ou as Xaneiras, ou sexa música e tradición e viceversa. Rituais ancestrais de Galicia con cantos que vos farán viaxar ao tempo da infancia. O Quiquiriquí é un documental con música que nos traslada aos nadais de hai case un século ¿Quen se acorda do bacallau de Nadal? ¿e dos Manueles? Ademais do documental O Quiquiriquí inclúe un CD con 13 cancións do Nadal máis tradicional de Galicia e xogos multimedia, e un libro sobre ritos milenarios que se celebraban en Galicia no Nadal máis arredado no tempo. Unha obra para que aprendan os máis novos e recorden os máis vellos. En definitiva, unha viaxe no tempo nunha máquina que se acende cun refrán de aguinaldo: O quiquiriquí, o quiquiriquí, se non nos dan nada; marchamos de aquí.

Páxina 409 de 438