Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Cursos / 20.03.07

Os días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa) vaise celebrar un interesante curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, no Auditorio Municipal Gustavo Freire en Lugo. O prazo de inscripción rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade. Agardamos a vosa participación.

Programa do curso

O FIRME DE BATRIBÁN

Lume na Palleira / 16.03.07



O Sábado 17 de Marzo, nos recunchos da Palleta, contamos con Pablo Carpintero que nos falou do Firme de Batribán.

O Firme vive en Batribán, unha aldea que está na zona entre Eo e Navia que, musicalmente falando, está moito máis perto de Galiza que de Asturias. O Firme é un dos grandes gaiteiros desta zona, un home que conta con máis de oitenta anos de profesión gaiteira e que coñece a tradición como a palma da mau.

Escoitamos música de gaita, cantigas e romances dos que o Firme é un grande especialista debido a súa prodixiosa memoria.

OS GAITEIROS DE O SALNÉS REBÉLANSE CONTRA A SÚA "MARXINACIÓN" EN ROMERÍAS

Prensa / 14.03.07

Os gaiteiros non poden faltar en ningunha festa que se precie, e as súas actuacións soen ser moi agradecidas polos veciños. Sen embargo, o seu traballo non está nin tan pagado nin tan recoñecido como se merece. Eso é, polo menos o que dín algúns gaiteiros das comarcas de O Salnés, Caldas, Barbanza e Ullán, que se reuniron o 15 de marzo nun pub de Vilagarcía co obxetivo de pactar uns prezos mínimos por actuación.

Trátase de 23 grupos de Vilanova, Vilagarcía, Dodro, Boiro, Catoira, Cambados, Caldas de Reis, Ribadumia e Portas que se consideran discriminados polas comisións de festas e os intermediarios. Según estos gaiteiros, "o primeiro que fai unha comisión é preocuparse da orquesta e dos fogos artificiais. Deixan ós gaiteiros para o final, e claro, como nese momento non teñen cartos, ao mellor nos discuten por 10 ou 15 euros mentras na parada de fogos artificiais gástanse 6.000 euros nun día", según manifestou Carlos Rey, que é músico dos "Terribles de Arousa" e un dos convocantes da reunión.

XOSÉ, "O GHAITEIRO DE PIÑEIRO"

ALALA / 13.03.07

Despois dunha operación complicada na que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería tocar a gaita. Unha semana despois só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, O ghaiteiro de Piñeiro, seguía bombeando notas e repenicados por cada recuncho do Morrazo. O programa Alalá, da man da súa presentadora Pilar G. Rego, vai poñer o público en contacto cunha historia de superación persoal, todo un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro”.

Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán, onde é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións… ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños! Gaiteiro multiusos e infatigable, desde o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas! E é que a Xosé, “O Ghaiteiro do Piñeiro”, antes que os dentes, xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro

XII XANTAR GAITEIRO

AGG / 12.03.07

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XII XANTAR GAITEIRO. Será o vindeiro Domingo 25 de Marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional e disfrutar todos xuntos dos nosos cantos e bailes.

Para asistir ao XII Xantar Gaiteiro, podedes poñervos en contacto connosco, preferiblemente antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. Estamos á vosa disposición no teléfono 986 847 074 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Agardamos a vosa participación e non vos esquezades de disfrutar do Xantar Gaiteiro!!

Plano de localización do restaurante

A PIRUSALDA

Lume na Palleira / 09.03.07


O Sábado 10 de Marzo, nos Recunchos da palleta, Pablo Carpintero dounos a coñecer un pouco mais a Pirusalda, un xénero do Norte Peninsular.

A Pirusalda pertence o conxunto de melodías e danzas que só se conservaron na Mariña Central. Foi unha peza moi popular sobre todo na zona de Mondoñedo onde adoitaban a tocala os cuartetos.

Pódese considerar unha estructura rítmica xunto coa muiñeira, xota, muiñeira vella, pateado, maneo, etc., que teñen asociadas unhas estructuras básicas para ser bailadas. Pero si realmente queredes coñecer mellor este tema, non vos esquezades de escoitar Lume na Palleira.

XVI FESTA DA AUGARDENTE DA ULLA

Festivais, Foliadas, Romarías / 07.03.07

A festa tivo lugar o Domingo día 11 en San Mamede de Ribadulla. Todos os actos do programa concéntraronse na xornada dominical, que comezou a media mañá co encendido das potas para a elaboración da augardente.

Mentras os alambiques continuaban co seu traballo, comezou a comida oficial cun menú que incluiu pulpo á feira, tortilla, empanadas, etc. Para evitar sustos de última hora, a organización instalou unha gran carpa para protexer a todas as persoas que se achegaron ata San Mamede de Ribadulla.

Ao longo da tarde actuaron os grupos Os Senadores, Os Esfolladores de Illobre e os requinteiros A Gaita de Sarandón. Despois da música chegou a queimada con conxuro incluido. A festa rematou cun festival de música folk, que contou coa presencia dos grupos Bulla Timpánica, Lume e Quempallou.

O FIADEIRO - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Varios / 05.03.07

A fin de semana do 10 e 11 de Marzo, O Fiadeiro celebrou a súas VI Xornadas de Portas Abertas no novo local da Rúa Pombal. Houbo cursos, seráns, recuperación, transmisión e moita diversión para todo ó mundo.

O Sábado 10 de Marzo dende as 11 da mañá ata as 8 da tarde puidemos iniciarnos no mundo da percusión,coñecer as danzas do mundo, etc. e o Domingo 11 de Marzo tamén tivemos un día moi ocupado con, entre outras moitas cousas, xogos tradicionais, actividades relacionadas co canto e baile, e a festa inaugural do novo local do Fiadeiro.

Toda a información a encontraredes no programa das xornadas que podedes consultar aquí. Non vos esquezades e animádevos a participar.

Programa das xornadas

UN CICLO LEVARÁ A 22 CENTROS A TRADICIÓN MUSICAL DO PAÍS

Prensa / 02.03.07

O grupo Caldaloba e Felisa Segade, de Leilía, serán os encargados do programa de concertos didácticos que levará a música tradicional galega a máis de 3.500 alumnos de primaria e secundaria de 22 centros de xestión municipal. O ciclo está organizado pola Concellaría de Educación e Mocidade, que repite esta iniciativa centrada na música como actividade «para o desenvolvemento sociocultural, económico e político». Os concertos, que se desenvolverán en horario lectivo durante os meses de marzo e abril, inícianse o día 7 nos colexios Pío XII e López Ferreiro.

Os propios músicos falarán sobre as características dos instrumentos, a súa utilización e evolución histórica e máis de figuras como a do gaiteiro, a pandeireteira, cantareiras, os cantares de cego ou o canto coral.

XXXII FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

Festivais, Foliadas, Romarías / 28.02.07

A fin de semana do 3 e 4 de Marzo, celébrouse a XXXII FESTA DO QUEIXO en Arzúa onde se trata de unir música e gastronomía no que xa se perfila como un evento de referencia musical a nivel estatal.

A inauguración oficial da festa foi o sábado día 3, e o pregón deste ano correu a cargo da poeta Yolanda Castaño. Ademáis este ano incluíronse importantes novidades no programa, algunhas delas son as seguintes:

- Aumentou a dous días a exposición, degustación e venda de queixo. Por vez primeira, o recinto feiral de Arzúa abrirá as portas con expositores de queixo durante dous días: sábado 3 e domingo 4.
-Houbo actividades para nenos, mocidade e animación.

E realizaron tamén o I Concurso de Tapas e Pinchos Festa do Queixo, que tivo lugar o venres día 2 e o sábado día 3.

Se queredes consultar o programa da festa, aquí o tedes e xa sabedes, sempre vos podedes achegar a Arzúa.

Programa da Festa do Queixo de Arzúa

Páxina 405 de 438