Novas
Varios / 08.01.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Xaime Estévez no que afondará na serie "Compositores da gaita", neste caso as pezas gravadas do gran compositor galego ROXELIO GROBA (Ponteareas 1930).
Non imos descubrir a compositor algún xa que falamos dun músico dos máis recoñecidos non noso país e cunha traxectoria inigualable tanto polo gran catálogo de obras de múltiples xéneros ( nomeadamente música coral, sinfónica de cámara ou mesmo ópera). O mestre Groba tivo un recuncho no seu talento compositivo para a música máis tradicional, colaborando dende os anos sesenta en certames como o concurso de gaitas de Ponteareas, situación que propiciou a creación de pezas icónicas como a muiñéira "A Freixa". No seu catálogo contamos ata dez temas para gaita galega dos que imos a escoitar a metade deles. Diversas agrupacións gravaron as súas pezas dende Irmáns Portela, Morenos de Lavadores, Raparigos,Emilio Corral, Xiada ou Os Campaneiros ata máis recentes como Zurrumalla.
Con este recuncho imos pois a facerlle unha pequena homenaxe a unha das máis grandes figuras da composición en Galicia de tódolos tempos que sempre tivo á música tradicional na súa pruma de compositor.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 29.12.20
No ano que está próximo a entrar, a Agrupación Folclorica e Cultural Breogán de Moaña celebra as catro décadas dende a súa fundación traballando como asociación pola recuperación e transmisión do folclore en Moaña e en toda a bisbarra do Morrazo.
Para o inicio xa inminente do ano deste 40 aniversario, e dentro das dificultades do escenario do contacto social e cultural derivado da pandemia sanitaria, queren ofrecer unha posibilidade de achegamento ao seu traballo e á súa historia por parte dos seus seguidores e calqueroutra persoa interesada en xeral no folclore.
Por este motivo o pasado domingo 20 de decembro inauguraron o seu espazo público na internet baixo o dominio www.breoganweb.es
Recompilan e organizan moita información dispersa ata agora, tanto histórica como de actualidade, que adican a aspectos como os seus inicios, as actividades que desenvolven, aulas que imparten, os eventos que celebran, con especial atención sobre o Memorial Lola Diz – Henrique Otero, que xa vai pola súa 32 edición, rexistros discográficos, persoeiros relacionados co mundo do folclore e moi especialmente coa asociación, galerías de fotografías históricas, e varios outros que esperan sexan do interese do público en xeral e máis especialmente de todas as persoas interesadas no mundo folclórico e asociativo-cultural e veciñal.
Varios / 23.12.20

Dende a AGG enviámosvos os nosos mellores desexos nestas datas tan especiais!!!.
Grazas a tod@s @s que apostades polo traballo en prol da nosa música, canto e baile tradicional. A tod@s @s nos@s asociad@s, alumn@s, amig@s, amantes da nosa cultura, esperamos seguir contando coa vosa confianza para seguir medrando día a día e a afrontar novos retos.
Bo Nadal e Feliz 2021, cheo de saúde, música e baile tradicionais!!!
Varios / 16.12.20
Novo pase dos Monifates para o venres ás 19.30 horas!!!!Os Monifates chegan a Lugo convidados pola Tradescola para ofrecernos un concerto didáctico de música tradicional e virán acompañados por uns bailadores moi especiais!!!!!!!
Queredes coñecer aos Monifates? O vindeiro venres 18 de decembro ofrecerán dous pases No Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo. O primeiro dos pases (18.00 horas) xa ten cubertas todas as prazas!!!
Pero non queremos que ninguén quede sen disfrutar do espectáculo e ás 19.30 horas farán un novo pase!!!!
A actividade é de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas (nenos e maiores): enviando un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e un mail de todos os asistentes
Esperámosvos!!!
Varios / 15.12.20
Dende a Tradescola, e coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, achegámosvos a posibilidade de disfrutar cunha nova actividade de moitísimo interés para tod@s @s que gozamos da cultura tradicional. Trátase da proxección do Documental “Dorothé na vila” de #AlejandroGándara e #OlaiaTubío.
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as case 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a compilación e clasificación máis importante de músicas de tradición oral no país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.
Proxección do Documental “Dorothé na vila”
Lugar : Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo
Data 17 decembro 2020
Hora: 19.30 horas
A actividade será de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas: enviando un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e mail.
Sobre os autores: Dorothé na Vila é o primeiro documental de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, xornalistas de formación e afeccionadas á música e o baile tradicional. O filme foi estreado o 27 de agosto na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. En 2019, recibíu o premio Luisa Villalta a proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
Ademais, no 2016 Alejandro e Olaia impulsaron, xunto a Raquel Cecilia e David Fontán, o proxecto Punto e Volta de entrevistas sobre música tradicional.
Podedes ver o trailer en: https://www.youtube.com/watch?v=TQTGafyl6mw
O grupo Os Erdeiros Dos Morenos De Lavadores no vindeiro Recuncho da Palleta
Varios / 11.12.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, estará Xaime Estévez conversando co grupo Os Erdeiros Dos Morenos De Lavadores.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 04.12.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto ofreceranos o primeiro dos seus especiais deste ano sobre as tradicións do Nadal!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Xornadas de Baile tradicional - AGG - 13 decembro - Vedra
Varios / 04.12.20
O vindeiro domingo 13 de decembro a AGG organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.
Nestas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Vedra, contaremos con relatorios - obradoiros guiados por Diego Landín, Carolina Brut, Julia Pozo e Luis Prego.
Os obradoiros destas xornadas (non son de iniciación) están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
PROGRAMA XORNADAS DE BAILE
10.15 - Apertura
10.30 – Relatorio - Obradoiro I
“Acondicionamento físico na danza tradicional: quecemento, estiramento e prevención de lesións” - Diego Landín – Carolina Brut
12.00 – Descanso
12.10 - Relatorio – Obradoiro II
“O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía - Padrón” - Julia Pozo.
13.45 – Remate sesión da mañá
16.30 - Relatorio – Obradoiro III
“O xeito de bailar en Zobra” - Luis Prego
18.00 – Remate sesión da tarde
LUGAR: Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.
DATA: Domingo 13 de decembro
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores día 9 para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
#aculturasegue
Os Viqueiras no vindeiro Recuncho da Palleta
Varios / 27.11.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto estará acompañado polos Viqueiras, que están celebrando o seu 30 aniversario!!!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 25.11.20
Hoxe 25 de Novembro na Praza de San Marcos (Lugo) ás 19 h, e o día 30 de Novembro, no Vello Cárcere de Lugo as 20.30 h, terán lugar as postas en escea da performance "Badaladas por Mulleres", dirixida por Branca Villares e na que participarán alumnas de canto tradicional da Tradescola, Pablo Pintor (zanfona), Alis Martínez (violonchelo) e contará tamén coa participación dos bailarins de Colectivo Glovo.
Badaladas por mulleres é un medio para visibilizar un traballo moito mais longo e profundo: Segundo palabras de Branca Villares: "Levamos tres cursos (este é o cuarto ano) realizando labores de revisión e discusión en aulas do noso cancioneiro tradicional e popular, detectando e discutindo os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres ou que dalgún xeito contribúen a perpetuala e a normalizala."
Este proceso constou de numerosas sesións de posta en común e discusión co alumnado de canto tradicional, e intervencións
culturais posteriores en distintos espazos públicos, centros de ensino, locais socioculturais e diferentes contextos.
Un traballo colectivo de mais de 60 mulleres ( e algúns homes tamén) que propón unha revisión do cancioneiro tradicional e popular, para reflexionar sobre os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres .
O venres 27 Novembro ás 20.30 horas Branca Villares realizará a ponencia "O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro" no Vello Cárcere de Lugo.
Páxina 18 de 438





