Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Os Chichisos publican o seu disco "Feito na casa"

chichisos-feito-na-casaCoincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rira, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico “Feito na casa”. Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.
O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.

(Prema no título para ler a nova completa)

Ler mais. Os Chichisos publican o seu disco "Feito na casa"

 

Conferencia O por qué do Toxos e Froles no Ferrol de principios do s.XX

toxosflolesO vindeiro Sábado 23 de Maio ás 20:00 horas no 1º andar do local do Real Coro "Toxos e Froles" na rúa Magdalena 220, dentro dos actos de celebración do centenario, vai ter lugar unha conferencia para entender a importancia do Ferrol de principios do s. XX como cidade que viu nacer ao Real Coro “Toxos e Froles”.

Dita charla será levada a cabo por Pedro Xosé Blanco Llano baixo o título “De que falamos, cando falamos de Toxos” e por Fernando Dopico Blanco con “Os gaiteiros na aurora do s.XX: arquetipos e utopías”.

Pedro Blanco foi corista, bailador e secretario do Real Coro “Toxos e Froles”. Gran coñecedor da historia dos inicios do Toxos, aproximaranos coas súas verbas á sociedade ferrolá deses primeiros anos do s. XX, o que nos fará entender como toda unha xente vinculada á burguesía, á construcción naval e á mariña, foron quenes de darlle vida á nosa cidade e participaron na creación de moitas das sociedades culturais que aínda hoxe en día están a levar a cabo a súa actividade. Contaranos como ese Ferrol estaba cheo de vitalidade e de inquedanzas sociais, culturais, musicais, poéticas, …; e como estas inquedanzas quedaron plasmadas tanto no nacemento de agrupacións como Airiños da Miña Terra, o Toxos e Froles, ou se levaron a cabo publicacións de libros, revistas, …

(Prema no título para ler a nova completa)

Ler mais. Conferencia O por qué do Toxos e Froles no Ferrol de principios do s.XX

X Xornadas Arredor da Música Tradicional

 


XornadasArredorAGG 2022_TamañoreducidoA AGG organiza o Sábado 1 de Outubro a X edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Un encontro anual onde afondar nas nosas tradicións.

Catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións conforman os contidos da Xornadas arredor da Música Tradicional organizadas pola AGG en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón, durante toda a xornada do Sábado 1 de outubro.

Esta cita, está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén a todo aquel que queira saber máis das nosas tradicións, favorecendo deste xeito que sexa un punto de encontro á par que pon de manifesto a importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste eido para o coñecemento e preservación da nosa cultura.

Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas conferencias, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Consellería de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes da música tradicional.

PROGRAMA:

10:15 - Apertura

10.30 – Relatorio I

“Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras”. Xulia Feixoo

11.20 Quenda de preguntas

11.30 - Presentacións de publicacións

11.30: “Damas e ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo”. Guillerme Ignacio Costa

11.50 - Descanso

12.10 – Relatorio II

“Pandereteiras de Mens: de cando a oralidade invisíbel pasou a visíbel”. Beatriz Busto Miramontes

13.00 Quenda de preguntas

13.10 - Presentacións de publicacións

13.10: “Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano”. Daniel Carballo Penelas, Antón Santamarina, Guillermo Fernández, Pepe Vaamonde, Pablo Quintana López, Bieito Romero, Sagrario Fernández.

13.30 – Parada para xantar

16.30 - Presentacións de publicacións

            16:30 “O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago”. Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea, Francisco Luengo.

16.50 – Relatorio III

“Proxecto Avareira: A trompa na Fonsagrada, Os Oscos e Taramundi”. Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando

17.40 Quenda de preguntas

17.50 – Presentacións de publicacións

17.50: “A Gaita na Terra de Melide”. Suso Ascariz

18:10: “Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense” Xosé Manuel Sánchez Rei, Noemí García Rodríguez.

18.30 – Descanso

18.50 – Relatorio IV

“A danza de espadas de Marín”. Jose Antonio Pazos Pazos e Jose Francisco Gil Dopazo

19.40 Quenda de preguntas

Especial Alalá

alalaEsta noite, os telespectadores da RTVG poderemos gozar dunha edición especial do programa “Alalá. Música de Galicia” (23.10 horas), gravado en Allariz, e no que se repasará a situación actual da tradición musical galega a través de entrevistas e de tres propostas moi diferentes e de extraordinaria calidade: Treixadura, grupo que estará acompañado polo coro Cantigas e Agarimos; Radio Cos e Davide Salvado. Mediante entrevistas con eles e a través das súas actuacións no Museo do Coiro de Allariz, os espectadores descubrirán a maneira en que entenden hoxe a música tradicional, o xeito en que evolucionaron nas súas propostas artísticas e como ven o futuro da tradición.

(Prema no título para ler a nova completa)

Ler mais. Especial Alalá

Entrevista a Xabier Díaz

xabierdiazeasadufeirasdesalitre

Músicos ao Vivo entrevistou ao músico Xabier Díaz, co gallo da publicación do seu novo disco "The Tambourine Man", no que contou ca colaboración das Adufeiras de Salitre.

Fálanos da relevancia da percusión neste novo traballo.
A percusión é o eixo sobre o que bascula todo o traballo: adufes, pandeiras e pandeiretas son o leito sobre o que construimos as melodías vocais e instrumentais xunto coas armonías. Sería dificilísimo entender o traballo sen a importancia da mesma, así foi concebido dende a preprodución do propio disco. É de destacar que desta volta foron gravadas con moita proximidade para que precisamente tiveran unha pegada que aportara a solidez necesaria para ese cometido.

(Para ler a nova completa clic no título)

Ler mais. Entrevista a Xabier Díaz

Páxina 1 de 464