Deput. Pontevedra
O CONCELLO DE CANGAS REXEITA A ESCOLA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
24.09.07
O Concello de Cangas rexeita o modelo de escola de gaitas que a Deputación de Pontevedra implantou na provincia. Nun xesto de valente defensa da cultura galega, a concellería de cultura decide apoiar aos grupos e asociacións que están a impartir clases de música tradicional e rexeita continuar a súa colaboración co organismo provincial.A comisión de goberno decidiu suprimir este servizo por estar en desacordo, segundo indica o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Pazos, coa «filosofía musical» da escola que promove o citado organismo; e tamén porque, asegura Pazos, existe xa unha oferta suficiente prestada polas distintas escolas que promoven os grupos de gaitas do municipio.
Esta acción reabre o acendido debate que sobre estes centros se desenvolveu ao longo de 2005 entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Deputación de Pontevedra, no que a AGG deixou ben clara a súa postura en contra dos métodos de ensinanza empregados nestas escolas e a defensa que dende a Deputación se facía da escola escocesa frente á gaita tradicional galega.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos celebramos esta decisión, da equipa de goberno do Concello de Cangas, que ven a referendar as reivindicacións de miles de músicos tradicionais que no seu momento se manifestaron contra este modelo de escolas. Agardamos que outros concellos da provincia sigan o exemplo de Cangas no seu ánimo restaurar a dignidade da nosa música tradicional.
A AGG CONSEGUE 200.000 EUROS DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
27.12.06
No pleno da semana pasada, a Deputación de Pontevedra acordou conceder, con cargo ós orzamentos de Cultura do ano 2006, unha subvención de 200.000 Euros á Asociación de Gaiteiros Galegos. A axuda fora solicitada pola AGG o pasado mes de setembro ó amparo de un proxecto para a recompilación e clasificación do arquivo histórico dos Gaiteiros de Soutelo, que foi recentemente descuberto na casa de D. Avelino Cachafeiro no concello de Forcarei.Máis Información.
Informe de puntuacións outorgadas
08.03.06
Aínda que de forma lenta, os trámites realizados pola AGG na Deputación de Pontevedra para esclarecer os pormenores da adxudicación da escola de gaitas á AGBGPPP, van dando algún que outro resultado.Hoxe mesmo chegou a notificación da institución provincial comunicándonos a resolución do concurso e o informe que solicitaramos para coñecer as puntuacións outorgadas. Só proporciona as puntuacións da AGG e máis da AGBGPPP, non as do resto de concursantes, polo que os animamos e ofrecemos apoio ao resto de concursantes para presentaren solicitudes de informes similares aos que solicitou a AGG.
Mais información.
Crónica dunha adxudicación anunciada
21.02.06
A Deputación adxudícalle á Asociación Galega de Bandas de Gaitas a asistencia técnica para crear e xestionar unha escola provincial.Hai máis de dous meses que a AGG advertiu do traxe feito á medida que levaba o concurso público convocado pola Deputación de Pontevedra para a creación dunha escola de gaitas e percusión na nosa provincia, á medida de Hipólito Cabezas, presidente da Asociación Galega de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra.
As nosas sospeitas confírmanse agora coa adxudicación do concurso. Dito fallo non supón ningunha sorpresa se temos en conta os criterios de avaliación tomados como referencia (nos que se primaba co 50% da nota un criterio tan subxectivo como é a orixinalidade dun proxecto, e tan só cun 15% da nota o profesorado incluído no proxecto…), así como a un xurado tan coñecedor e versado na música tradicional como o é o formado por D. Rafael Louzán e José Juan Durán, entre outros expertos…
Mais información.
APERTURA DE PLICAS
16.01.06
Ás dez desta mañá a mesa de contratación do concurso para a elaboración e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra, nun brevísimo acto, procedeu á apertura de plicas da documentación entregada polos licitadores.As entidades que, finalmente, presentaron a súa candidatura foron:
1. TEDAGA S.L.
2. Asociación de Gaiteiros Galegos
3. Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
4. Xaquín Xesteira Losada
5. Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra
6. Xainco, ensino individualizado
A mesa de contratación, ao remate do acto, recalcou -nun acto de reafirmación- os criterios de puntuación, se cadra, porque durante a fin de semana a prensa é lida con moita máis atención e non pasaron desapercibidas as declaracións da AGG e os colectivos de música tradicional do Salnés que se publicaron en La Voz de Galicia e no Diario de Arousa.
A Deputación de Pontevedra comeza a evitar a discrecionalidade?
12.01.06
Recentemente o Presidente da Xunta de Galiza tivo unha reunión cos Presidentes das catro Deputacións Provinciais da nosa Comunidade Autónoma. Nela acordaron o establecemento de reunións periódicas para unha cooperación institucional permanente que, ao ver do xefe do Executivo, pretenden contribuír á transparencia e evitar a discrecionalidade.Nesta liña de traballo debemos situar as bases que recentemente publicou a Deputación de Pontevedra para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra (Boletín Oficial da Provincia do 23/12/2005 e Diario Oficial de Galiza do 27/12/2005).
Por suposto as datas elexidas para a saída a concurso de dito proxecto son as máis idóneas para ter a máxima difusión, pois como ben é sabido coincide co período onde non hai desprazamentos para visitar ás familias (prazo para presentar solicitudes, que requerían dun inxente traballo administrativo e notarial rematou onte 11 de xaneiro de 2006).
Mais información.
Rematou o prazo para presentar proxectos á Deputación de Pontevedra
12.01.06
Con data de 11 de xaneiro de 2006 rematou o prazo para a presentación de proxectos para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13
Tal e como foi sinalado a Asociación de Gaiteiros Galegos colaborou con todas as persoas que requeriron a nosa axuda na elaboración do proxecto. Ademais, convén sinalar que as restriccións das bases non permiten a posta en marcha dunha escola de música tradicional na liña sinalada pola AGG e manifestada en distintas ocasións (e tamén entregada ao deputado de cultura e vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra D. José Juan Durán Hermida)
Publicación no DOG e data limite de entrega de proxectos
28.12.05
Con data 27/12/2005 foi publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) a Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13
http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/75f326159e4790474125664400367b9e/d25d4840bf407bfcc12570e3005e16f8/$FILE/24700D061P072.PDF
Daquela, a data límite de presentación de plicas remata o día 11 de xaneiro de 2006, sendo a data de apertura de plicas o 16 de xaneiro de 2006.
Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra
23.12.05
A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe, 23 de decembro de 2005, o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.As solicitudes de participación no concurso poderanse presentar ata o sábado día 7 de xaneiro e poderán facelo todas as persoas naturais ou xurídicas que o desexen. Lembramos que o rexistro da Deputación Provincial permanece aberto de luns a sábado de 9 a 13 horas. Toda a información sobre a resolución está dispoñible na páxina 13 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 23 de decembro de 2005 e nas seguintes páxinas web:
http://www.depontevedra.es/?1,9202
http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf
Mais información.
Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas
14.12.05
Fontes da Excma. Deputación de Pontevedra informaron onte á Asociación de Gaiteiros Galegos que, na semana de Nadal, sairán publicadas no BOP as bases para acceder ao concurso público para a implantación da Escola de Gaitas que tanta polémica xerou este vran pasado.Como a AGG xa publicara en distintas ocasións, este concurso semella estar dirixido a consolidar o convenio que fora aprobado a principios deste ano de xeito pouco ortodoxo. O feito de que a convocatoria se faga nas datas de Nadal fai sospeitar que se busca, dada a tempada de parón
vacacional, que se entere pouca xente para deixar paso libre á "Asociación de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra" beneficiaria do convenio citado.
Mais información.
Páxina 1 de 4