Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo

Presentación do novo traballo

Presentación do libro multimedia Os Morenos de Lavadores

08.04.11

Edicións do Cumio convidao a presentación do libro "Os Morenos de Lavadores" que terá lugar o vindeiro xoves 14 de abril no salón de actos do museo MARCO, Vigo.

O acto comezará as 20.30h e nel participarán os autores Xerardo Fenández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo, acompañados por Cándido Meixide en representación da editorial.

O cuarteto tradicional Millaradas amenizará a sesión.

   

Presentación do libro "Noente Paradise" de Ugia Pedreira, en Pontevedra

24.02.11

O Ateneo de Pontevedra e Através editora presentarán "Noente Paradise" libro de cancións e poemas de Ugia Pedreira. A actividade terá lugar hoxe xoves 24 de febreiro ás 20 h na Galería Sargadelos de Pontevedra (Oliva, 24). Contará coa presenza de Raquel Miragaia e Marina Oural.
Noente Paradise xa foi presentado en Porto, Braga, a súa Mariña natal, Santiago, Riveira, Foz, Vigo… e próximamente, Bruxelas e Coruña.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

BellónMaceiras Quinteto presenta novo disco

18.01.11

BellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante.
A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en clave de fusión: o sinal de identidade de BM5.

Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 5 de 5