Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo

Presentación do novo traballo

"Esa si que é muiñada" e o novo CD de Treixadura

14.06.11

"Esa si que é muiñada", é o título do novo disco de Treixadura que está xa á venda rematando a tetraloxía que comezaran no 1996 con "Unha noite no muiño" e logo de máis de 20 anos de carreira. Agora xa fusionando baixo o mesmo nome ao orfeón e a grupo instrumental nun grupo de 15 persoas.

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións e vida en común remata esta cuatriloxía.
Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e, ao tempo, o inicio dun novo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Guía didáctica de instrumentos galegos

10.06.11

Ouvirmos publica a “Guía didáctica de instrumentos galegos”, un libro-CD no que o autor Moisés Quintas presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

En palabras do mestre artesán Antón Corral, quen asina o prólogo do libro, supón “un legado de coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles continuadores e enriquecedores de futuro”.

   

Riobó presenta o seu novo disco en Vigo

03.06.11

Será o vindeiro mércores 8 de Xuño a partires das 20:30, no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, cando Riobó presente por primeira vez, e na súa cidade, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un “mapa da xeografía das emocións”, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Treixadura saca novo traballo

01.06.11

TREIXADURA “esa si que é muiñada”

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións e vida en común remata esta cuatriloxía.

Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e, ao tempo, o inicio dun novo.
Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música.

Treixadura Gaiteiros 2011

http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=101142

   

Malvela prepara novo álbum

27.05.11

MALVELA está a preparar a gravación do seu próximo álbum que editará FOL MÚSICA.

Convidamos a todos á gravación ao vivo do concerto de Malvela

Día:       Martes 31 de Maio, 21.00 horas

Lugar:   Auditorio Multiusos do Concello de Mos - As Pozas Estivada  -  Petelos - Pontevedra

Entrada libre ata compretar aforo

   

O dúo de Fred Martins e Ugia Pedreira, sacan ao mercado "Acrobata"

27.05.11

"Acrobata" sae do estudo

O esperado disco do dúo de Fred Martins e Ugia Pedreira, "Acrobata " (sen til), acábase de gravar e pronto está dispoñíbel en formato CD, con deseños do artista gráfico Pablo Giraldez "O Pastor". Cancións de nova creación para as voces do brasileiro e da galega con colaboracións de luxo nalgún dos temas: Diego Galaz, Pedro e Pablo Pascual, Germán Díaz,... O vindeiro concerto de presentación será en Santiago o 2 e 3 de xuño

Este disco presentarase con concertos especiais en Santiago, Coruña, Marín, Ferrol, Mondoñedo, Monçao nos vindeiros meses de xuño a agosto.

aFolque

   

Os Morenos de Lavadores e Liorna en Lume na Palleira

20.05.11

Presentación no programa LUME NA PALLEIRA  da obra multimedia de Edicións do Cumio, OS MORENOS DE LAVADORES e do novo traballo discográfico do grupo LIORNA titulado SARAHYBA

Este sábado, día 21 de maio ás 16,00 horas, presentarase no espazo O RECUNCHO DA PALLETA conducido por Pablo Díaz a obra multimedia que Edicións do Cumio vén de publicar na que se repasa a vida e a obra do mítico grupo vigués Os Morenos de Lavadores.  

Estarán presentes os autores Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo acompañados por Cándido Meixide en representación da editorial.

Os Morenos de Lavadores

Do mesmo xeito, ás 17,00 Alberto Lago, músico e compositor do grupo LIORNA presentará o novo disco titulado SARHYBA acompañado por Cándido Meixide en representación da editorial.

Sarahyba

   

Riobó presenta o seu novo disco en FNAC Coruña

19.05.11

O vindeiro venres 20 de Maio, Riobó achégase atá FNAC Coruña para presentar cun pequeno concerto acústico, a partires das 19:30, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un “mapa da xeografía das emocións”, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

(Prema no título para ler a nova ao completo)

   

Presentación do libro "Cántigas e frores, 60 anos de tradición"

13.05.11

O vindeiro 15 de Maio, terá lugar a presentación do libro "Cántigas e frores, 60 anos de tradición" escrito por Bruno Villamor Gay (Director Artístico da asociación) en Lugo. O acto contará coas actuacións  da Banda de Gaitas, unha representación do Grupo de Baile Tradicional e outra do Grupo de Canto Tradicional de Cántigas e Frores, e a maiores, tamén se fará a presentación oficial do Coro Galego de Cántigas e Frores, que dende o ano 1964 non figuraba no organigrama desta asociación.

Esperámosvos a todos no Salón Rexio do Círculo das Artes en Lugo o domingo día 15 de Maio á 20.00 horas.

   

Os Viqueiras de Ordes presentan o seu primeiro traballo discográfico "Noites de Tasca"

09.05.11

O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non,  NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".
Será o sábado día 14 de maio, ás 20:00 h na Casa de Cultura de Ordes ( A Coruña).

Non faltedes!

www.osviqueiras.com

   

Páxina 4 de 5