Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo

Presentación do novo traballo

Fernando Mosquera prepara o seu primeiro disco coa Banda Celta

20.09.11

O gaiteiro Fernando Mosquera, creador da Mosquera Celtic Band en 2010, está a preparar o seu primeiro disco coa Banda Celta. En xullo de 2011 foi invitado para poñer a guinda no XV Festival Intercélticu d'Avilés, concerto que se esperaba un éxito en todos os sentidos. Por esa razón foi gravado en directo, e a partir de aí Mosquera e a Banda Celta entrarán en estudo para completar o álbum. Neste concerto foron invitados a colaborar un grupo de bailarinas de Irlanda e un grupo de bailarins e un bagad procedentes de Bretaña, cuxa participación, loxicamente, foi rexistrada para o futuro disco.

   

Fiandola inspírase na tradición e a literatura galegas no seu novo disco, «Mimá»

14.09.11

Cunha estética postal inspirada na emigración, o novo álbum percorre diversas manifestacións que dan fe dá variedade que se atopa na tradición musical galega.

Seis anos despois da publicación de Bricania, Fiandola publica un novo álbum, Mimá, no que o grupo segue a investigar na música de raíz galega para ofrecer doce temas, dos que nove son de procedencia tradicional e os tres restantes son composicións actuais.

   

Clara Pino fala do seu último proxecto

01.09.11

«O último proxecto foi o de unir música e literatura»

O interese pola música comezou a temperá idade para Clara no Conservatorio de Vigo. A arpa chegou máis tarde, cando comezou a asistir ás clases da Escola de Artes e Oficios que impartía Rodrigo Romaní, exarpista do grupo folk Milladoiro. Romaní foi o mentor do primeiro grupo do que Clara formou parte, Sete Saias, un dueto de arpas baseado na música tradicional e de autor. «O seguinte grupo do que formei parte foi Covalbú, co que autoeditamos o noso traballo. Agora formo parte de Loaira, xunto ao guitarrista Rubén Abel e o percusionista Roi Adrio». Este último grupo realizou un proxecto xunto ao escritor e tamén profesor Manuel Portas. «O que fixemos foi unir literatura e música, compoñendo un tema para seis dos persoaxes dá novela Un dedo manchado de tinta, un proxecto inspirador e ou primeiro que se fai na narrativa galega».

http://www.lavozdegalicia.es
 

   

Berros do Castro leva un aire novo á música tradicional

01.09.11

O disco que acaba de sacar á luz Berros do Castro, Eirexado s/n, leva o nome dun lugar da parroquia de Naraío; dun lugar do municipio de San Sadurniño no que se dan a man a tradición e a historia, á vez que a lenda. E é, esta gravación nova, un dos proxectos máis queridos polo gaiteiro e lutier Antón Varela, un músico estreitamente vinculado tanto a Berros do Castro coma a unha segunda formación, Raparigos, que tamén colabora neste proxecto. Un proxecto que permite xa non só rescatar do esquecemento -a frase, por tópica e repetida, non deixa neste caso de reflectir o que é certo-, senón sobre todo darlle un aire novo á música tradicional de Ferrolterra.

   

A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos presenta LELA

22.08.11

Xoves 25 de agosto de 2011 ás 22h
Praza do Tapal, Noia (A Coruña)

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961,  fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames

   

Presentación da “Guía didáctica de instrumentos galegos” en Vigo

30.06.11

Moisés Quintas, e o recoñecido mestre artesán, Antón Corral, presentan a “Guía didáctica de instrumentos galegos” o próximo domingo día 3 de xullo ás 20 horas na Feira do Libro de Vigo. Antón Corral, quen prologa esta obra, di que busca contribuír tanto á aprendizaxe como á descoberta e preservación dun extraordinario legado cultural.

A Guía presenta un completo percorrido polo universo musical galego a través de 40 instrumentos, aos que Quintas se achega de forma personalizada desde un punto de vista didáctico, analizando e explicando a súa orixe e evolución, as súas características, os materiais cos que está fabricado, o modo de tocalo, etc.

   

Presentación do libro “O Traxe Muradán”

27.06.11

O vindeiro día 9 de xullo, ás 11 horas da mañá terá lugar na sala da antiga fábrica de conservas de Sel, en Muros, a presentación do libro “O Traxe Muradán” de Francisco Rodríguez Fernández con prólogo de Felipe Senén e patróns de Alberto Golpe Beceiro.

O libro recolle o traballo monográfico e inédito do estudo do traxe, da xoeira e costumes da Vila de Muros, desde o século XVIII ata case os nosos días, feito das conversas e recollas in situ, casa por casa, e amosa o resultado obtido.

   

Treixadura pecha un ciclo con "Esa sí que é muiñada"

27.06.11

O último álbum de Treixadura pecha un ciclo que coincide con vinte anos do grupo e cunha tetraloxía discográfica, un proxecto pouco común no noso país. A seguir a liña de recuperación de cantos tradicionais e de taberna, o grupo combina agora o seu son co das bandas de música e outras corais nunha ambiciosa aposta que estará de xira polo país esta verán.

Comezou con Unha noite no muíño en 1999 e finaliza neste 2011 con Esa sí que é muiñada. Catro discos, cada un dos cales ten como título un dos versos desta coñecida cantiga, foron a grande aposta de Treixadura polo seu traballo de recuperación e reinterpretación de cantigas tradicionais.

   

Tabalarte, o novo proxecto de tres músicos veteranos da escena musical galega

16.06.11

TALABARTE son tres viaxeiros intrépidos, fora do tempo,que dende a tradición marchan na busca de novos sons e aventuras.

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Liorna publica o seu cuarto disco, "Sarahyba"

14.06.11

Dende 1996, o grupo marinense Liorna elixiu o camiño máis difícil para converterse nunha das realidades máis frescas e puxantes do panorama folk de Galicia. O camiño de apostar dende o principio polas súas letras e a súa música, á procura dunha linguaxe diferenciada no folk galego. Quince anos e tres discos -Ruta Folk Terra Galega (1998), Liorna (2000) e Ruído Branco (2005)- son boa proba de que o seu proxecto botou raíces. Así o cre o músico e compositor do grupo, Alberto Lago, que define o seu novo disco, Sarahyba -que edita Do Cumio- como "música baseada na tradición galega con pinceladas actuais".

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 3 de 5