Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo

Presentación do novo traballo

Coanhadeira dá os seus Bicos con Luvas

10.03.15

 conhadeiraA BANDA PRESENTA EN COMPOSTELA O SEU NOVO PROXECTO, FINANCIADO POR CROWDFUNDING

O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación, o vindeiro 14 de marzo, do terceiro disco de Coanhadeira. Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding en Verkami, o grupo ourensán presenta Bicos con luvas, un proxecto que presenta cortes nos que o folk se mestura con toques de jazz. Batería, acordeón, bouzouki ou zanfona alíanse para artellar melodías complexas e sofisticadas que non abandonan a base tradicional. Gravado nos vigueses MuU! Estudios, o álbum Logo do concerto inaugural, a xira de presentación continuará por Ourense (Teatro Principal, 27 de marzo), Cangas (Salasón 5 de abril) e mais Vilar de Santos (A arca da Noe, 11 de abril).

Podes escoitar alguns temas do albume en:

Soa.
Eu ben sei.
Ézaro.

http://www.culturagalega.org

   

O Fiadeiro convida a viaxar con José do Campo

05.02.15

jose do campo ofiadeiroCatorce temas a facer un percorrido por músicas de raíz, desde O Courel ata Nova Orleáns, compoñen o último lanzamento da Asociación Cultural o Fiadeiro, de Vigo. A viaxe de José do Campo convida a un percorrido musical na forma de conto nun libro CD realizado por Xavier Balsas e Rafa Crespo, con ilustracións de Xacobe Bobillo. Os temas están interpretados polo grupo de música O Fiadeiro e o álbum inclúe ademais letras de cantigas, partituras e propostas de actividades para desenvolver en aulas. Gravado en Chispún! Estudio, o álbum está coeditado polo Fiadeiro, Inquedanzas Sonoras e mais Ton e Son Editorial. ividades para desenvolver en aulas. Gravado en Chispún! Estudio, o álbum está coeditado polo Fiadeiro, Inquedanzas Sonoras e mais Ton e Son Editorial.

   

Lulavai presenta Lémbrame un soño

03.02.15

 lulavai discoCatro despois do seu primeiro traballo, o cuarteto de arpas Lulavai acaba de presentar Lémbrame un soño, o seu novo proxecto. As catro antigas compoñentes da Orquestra Sondeseu atrévense coa composición no seu segundo traballo. Sete dos dez temas que se poden escoitar no disco naceron do maxín destas músicas, mentres os outros tres son temas populares. As arpas e as voces marcan a sonoridade do traballo, que se gravou nos Estudios Ancestral de Xustáns, Pontevedra, e que está á venda da man de Inquedanzas Sonoras.

Fonte: http://www.culturagalega.org

   

Estrelas do folk galego reúnense en Rústica

03.02.15

cristina pato rusticaDa man de Cristina Pato, que buscaba un reencontro coa música do país cando cumpría quince anos de carreira, naceu Rústica. O disco que presenta agora Fol Música reúne a gaiteira e pianista con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña para interpretar cancións nos que a voz, a percusión, a gaita o acordeón e a zanfona toman o protagonismo.

Rustica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción.

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Un tesouro agochado que agora sae á luz.En total, o cuarteto gravou oito temas tradicionais, varios deles acompañados de letra de autor, nos estudios vigueses Ultrasónica. O disco sae á venda o vindeiro 10 de febreiro.

Fonte: http://www.culturagalega.org

   

Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”

09.12.11

portada pedramoura

 

Tradición e xuventude, modernidade e legado histórico Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos.

 “Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca.

   

O pulso da terra

14.11.11

BerroguettoGALAXIA PRESENTA A BIOGRAFíA DE BERROGüETTO ACOMPAÑADA DUN DVD AO VIVO

O pulso da terra é o título da biografía que do coñecido grupo folk Berrogüetto acaba de editar Galaxia. Para alén dun libro que repasa, da man de Fernando Neira, os quince anos de traxectoria do conxunto, a obra inclúe un CD e un DVD que recollen o concerto que deu a banda en Compostela o pasado mes de novembro de 2010.
Segundo explica Neira, a obra “é unha biografía rigorosa, pero tampouco quería facer un libro só para fans”. A intrahistoria da formación, anécdotas ou vivencias dos compoñentes fan parte inevitable do proxecto, que serve tamén de retrato para unha época moi concreta na que se deu o desepegue internacional do folk galego. “Tentei que o libro puidese ser lido por calquera persoa que tivese interese na cultura daquel momento”. No entanto, reocoñece, fundamentalmente se trata dunha obra “cunha grande pegada persoal. Falamos dun grupo numeroso, con sete compoñentes e mais Guadi Galego, que agora non está. Son persoas moi diferentes e moi complementarias, algúns con caracteres dispares, que teñen unha química un pouco no fío no contexto do grupo”.

   

O novo disco de Leilía editarase a finais do mes de novembro

14.11.11

leilia consentimentoTras anos de silencio, Leilía volven cun disco cargado de boas vibracións.

Herdeiras do matriarcado galego, non se pode entender o folk de Galicia das últimas dúas décadas sen a presenza de Leilía, que levaron á pandeireta ao máis alto.

Con centos de concertos ás súas costas, e despois de ser invitadas a tocar nos mellores festivais de folk de toda Europa, Ana, Montse, Feli e compañía volven á actualidade con Con$entimento un disco moi esperado por todos, que chegará ás tendas galegas o 30 de novembro, e ás grandes superficies o próximo 5 de decembro.

   

Mamá Cabra lanza Xa me tardan estes Magos

26.10.11

A seguir co formato de libro-disco que xa empregaran en Ola, ola, la!, Mamá Cabra recunca coa editorial Galaxia e presenta Xa me tardan estes magos. A obra, que conta con ilustración de Kristina Sabaite recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo. A ambientación de Nadal e as panxoliñas predominan na obra, pensada para esas festas, con temas como Tres Reis en Bicicleta, que se pode escoitar de balde no web da editora.

http://www.culturagalega.org

   

Assembly Point presenta o seu primeiro disco

17.10.11

Un trío de corda folk formado por Fernando Barroso ao bouzouqui, Luis Peixoto na mandolina e o cavaquinho, e Eoghan Neff ao violín. Esta é a proposta de Assembly Point, un grupo multinacional composto por un galego, un portugués e un irlandés, que acaba de presentar o seu primeiro disco de titulo homólogo. O proxecto, coeditado por Zouma Records coa compañía portuguesa Vachier & Associados, preséntase no noso país cunha xira que se desenvolverá entre o 20 e o 27 de outubro na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.

http://www.culturagalega.org

   

Novo disco de Malvela

13.10.11

Sensibilidade e tenrura nunha proposta auténtica e diferente
Malvela é un grupo de mulleres de distintas xeracións, dos 86 anos da Señora Carmen aos 32 de Raquel Domínguez, preocupadas por rescatar do esquecemento os cantos vellos da comarca de Mos-Porriño na fronteira con Portugal. O grupo naceu dun curso de cantos populares impartido por Uxía na súa aldea natal, Sanguiñeda.
No ano 2002 publicaron o seu primeiro álbum, agora presentamos Raianas, o seu 4ª álbum gravado ao vivo. Teñen realizado numerosas actuacións en directo que as confirmaron como unha das propostas máis atractivas da música galega, cunha gran capacidade para conectar con públicos de idades e procedencias diversas.

   

Páxina 2 de 5