Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo

Presentación do novo traballo

VII Edición do ciclo Persoeiros da Terra

13.01.17

cartel entroidoulla_presO vindeiro 22 de xaneiro a Asociación Cultural A Regionalista en colaboración co Departamento de Cultura do Concello de Teo, presentará ás 17.00 h. na Casa do concello, o libro-DVD Danza de Entroido do Ulla, que reflicte a memoria `viva´ da danza de Entroido, onde tamén poderás desfrutar dunha reconstrución minuciosa e fidedigna deste baile senlleiro da Ulla.

Con este traballo, Asociación Cultural A Regionalista pretendes salda unha débeda histórica coas persoas que, de forma anónima, mantiveron viva a nosa cultura e que coa edición destes volumes terán un pequeno recoñecemento e a pegada atemporal que outorga todo libro ou dvd.

A realización deste traballo, nuns tempos en que os informantes da tradición do país só perviven na nosa memoria, outórgalle ao mesmo unha vital importancia nunha sociedade cada vez máis global.

   

Presentación do disco Cantiga, de Resonet

27.07.16

cantigaHoxe, mércores 27 de xullo ás 20 h., terá lugar na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela o concerto de presentación do novo disco de  Resonet, grupo galego especializado no repertorio da música antiga. Cantiga, é o nome deste traballo, no que recollen o repertorio dos de trobadores galegos e portugueses dos séculos XIII e XIV.

Entrada de balde ata completar a capacidade.

http://www.resonet.es/

   

aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve

13.11.15

 xoan tilve folqueCatro pezas de gaita canda a dúas alocucións de Filgueira Valverde sobre a súa figura, compoñen as gravacións históricas que recupera aCentral Folque no volume Xoán Tilve. Gaiteiro de Campañó. A obra, que fai parte da colección Chave mestra, recolle as gravacións que se realizaron en 1949 por iniciativa de Filgueira para preservar o legado deste intérprete. Ademais, reinterprétanse outros temas do repertorio deste solista tirados do cancioneiro de Casto Sampedro. A gravación vai acompañada por un estudo biográfico sobre Tilve da man do gaiteiro e investigador Óscar Ibáñez e mais dunha análise sobre o contexto e os fondos do legado de Casto Sampedro no Museo de Pontevedra a cargo de Xavier Groba.

http://culturagalega.gal

   

Xabier Díaz acaba de publicar o seu novo disco "The Tambourine Man"

14.10.15

 xabier diazO disco componse de 12 canciones herederas de la tradición pero pasadas por el tamiz del siglo XXI, e é toda unha homenaxe á percusión, á humilde pandeireta, de ahí que se acompañara polas 11 percusionistas de Adufeiras de Salitre. Un disco no que tamén participaron Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño, Gutier e Javier Álvarez, Alfonso Merino, Aleix Tobias o Fernando Barroso.

A Coruña e Vigo acollerán os conciertos de presentación, o 16 de outubro no Teatro Rosalía e o 21 de novembro no Auditorio Municipal de Vigo.

http://cadenaser.com

   

Uxía e Narf cantan xuntos as Baladas da Galiza Imaxinaria

05.06.15

baladas gz imaxinarila uxia narfO dúo presenta o disco en Compostela o vindeiro 10 de xuño.

Cantaron por vez primeira xuntos nunha xira por Sudamérica na primavera de 2014. O encontro deu nunha integración dos sons eléctricos de Narf coa voz de raíz de Uxía. Logo dunha serie de concertos por todo o país, o dúo entrou no estudo Asisí no outono pasado e presenta agora o resultado desta colaboración. Baladas da Galiza Imaxinaria presenta unha mestura de temas compostos para ocasión con reinterpretacións do repertorio dos dous músicos. As once cancións do álbum combinan letras de Rosalía, Castelao, Curros ou Federico García Lorca con temas como Alalá das Mariñas. O álbum presentouse de xeito oficial cun micro recital no Mercado de Abastos de Compostela na mañá do 3 de xuño. Un concerto no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 10 de xuño servirá de presentación do álbum.

Narf e Uxía - Casa das Crechas (20-01-15)

http://culturagalega.gal

   

Carapaus retornan con Déixao andar...

13.05.15

deixao andar carapausTrece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar. Esta é a proposta do segundo disco dos Carapaus, que se presenta ao vivo o vindeiro 16 de maio na Sala Capitol ás 21:30.

O álbum, gravado entre xaneiro e febreiro deste ano no estudio A Ponte, conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho que complementan a sonoridade da gaita solista da banda compostelá nada en 2010.

Ver video presentación

http://culturagalega.gal/

   

Presentación do libro “Pazos de Merexo” nas Extraescolares ETRAD.

05.05.15

pazos-merexo vigo“PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE” é unha cuidada e rigurosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións.

O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclúe unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.

(Preme no título para ler a nova completa).

   

aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares”

21.04.15

 florencio cego vilaresO vindeiro venres 24 de abril, ás 20 h, no Salón de Actos (Os Chaos) da Fonsagrada, presentarase ao público o primeiro e único libro que afonda na historia do considerado como último xograr galego, Florencio, o cego dos Vilares. Unha coidada e rigorosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun CD con gravacións orixinais e inéditas do músico fonsagradino. Na mesa de presentación estará Antón Santamarina, autor, Ramon Pinheiro Almuinha, co-autor, editor do libro e director artístico d’aCentral Folque, o alcalde da Fonsagrada Argelio Fernández e o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. O acto pecharase cun concerto de Mini e Mero.

aCentral Folque, publica este libro-cd, o primeiro que profunda, grazas a unha ampla nómina de reputados especialistas, neste personaxe fundamental para a música galega de tradición oral. As gravacións etnomusicolóxicas, contidas no CD, que Antón Santamarina e Dorothé Schubarth lle realizaron a Florencio entre 1979 e 1981 inclúen unha selección do inmenso repertorio de Florencio. A selección abarca tódolos xéneros do cancioneiro galego e inclúe varias pezas instrumentais.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

O libro-disco Pazos de Merexo afonda na historia do acordeón

16.04.15

Acaba de presentarse o libro-disco Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte, a primeira e única publicación que afonda na historia desta modalidade musical en Galicia. Esta monografía recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galicia. O libro conta con documentación gráfica, e se presenta ademais cun Cd no que se pode escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz.

 

Esta coidada e rigurosa publicación, a iniciativa de a Central Folque, está elaborada por Xurxo Souto e Pedro Pascual, profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos que con 88 anos é un referente único no contexto da música popular para as novas xeracións de músicos e afeccionados.

Emisión do programa Alalá da TVG adicado a Pazos de Merexo

culturagalega.gal

   

Presentación do libro CD “Amadeo Goyanes e as Zanfoneiras de Monforte”

31.03.15

amadeo goyanesEn 2015 cúmprese o centenario do nacemento do monfortino Amadeo Goyanes Vázquez e o XX aniversario do seu pasamento. Un momento no que deterse para afondar no coñecemento dunha figura clave e fundamental na música tradicional galega e particularmente no movemento de rexeneración da zanfona en Galiza, onde foi todo un pioneiro.

Por iniciativa de aCentral Folque e grazas ó apoio do Concello de Monforte e da Área de Cultura da Deputación de Lugo púidose dar forma a unha demorada e exhaustiva investigación sobre a vida e a obra de Amadeo levada a cabo polo afamado Pablo Quintana que agora ve a luz.

Este traballo na súa forma definitiva de libro (con CD) “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” será presentado na Casa da Cultura de Monforte o vindeiro mércores 1 de abril ás 20:00 h. A xornada contará cun concerto de Tobie Miller + Dúo Fdez&Quintá e a presentación do libro co autor Pablo Quintana, o coordinador da serie Chave Mestra, Ramon Pinheiro Almuinha, o responsablel de Cultura da Deputación Provincial, Mario Vázquez e a concelleira de Cultura de Monforte, Pilar López.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Páxina 1 de 5