Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

IV CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO

05.05.09


O vindeiro domingo 24 de Maio ás 18:30 h. celebrarase o IV Certame de Gaiteiros Solistas de Manuel Dopazo.

Terá lugar na localidade de A Bandeira (Pontevedra), parroquia natal de D. Manuel Dopazo.


Os premios da IV edición do Certame Manuel Dopazo son os seguintes:
1º clasificado: 1.500 €
2º clasificado: 700 €
3º clasificado: 500 €

Tódolos participantes recibirán un diploma acreditativo.


Nesta edición do certame haberá, asemade unha Mención de Honra para D. Xosé Manuel Seivane Rivas, polo seu traballo adicado á gaita galega.


As bases do certame podense solicitar na Asociación Cultural Vista
Alegre de A Bandeira.


A.C. Vista Alegre
Rúa Vista Alegre, 16.
CP 36570 · Bandeira · Pontevedra
Tfno.: 986 585 550
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

IV ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA

29.04.09

Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio o IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

ACTIVIDADES:

Venres 5 de xuño · 20:00 h · Casal de Ferreirós (San Salvador)

Presentación CD 'V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA'.
Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición.
Inauguración da exposición “Olladas” do pintor pontevedrés F. Sutil


Sábado 6 de xuño

10:00 h. Alborada cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns


12:00 h. Relatorios:
'A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina'. Ramom Pinheiro Almuinha, historiador e profesor en aCentral Folque
'O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea'. Paulo González, músico e compositor

18:00 h. Praza da Chousa (Combarro)

Certame de Gaita de Fol:
VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana

Entrega de premios


Máis información e bases aquí e aquí.

Contacto:
626 825 442
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

VII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA

02.04.09

O sábado 23 de Maio celebrarase no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o VII Concurso de Baile Tradicional.
Poderán participar todo tipo de agrupacións ata un máximo de 5 en cada categoría e que cumpran os seguintes requisitos:

Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requieran outro tipo de formación).
Cada asociación só poderá participar con un grupo en cada unha das categorías .
Deberán posuír grupo de acompañamento propio. (en directo).
Irán ataviados con traxe tradicional (baile e acompañamento).
Cada grupo disporá dunha intervención cunha duración máxima de 6 minutos.

O prazo de inscrición remata o día 12 de Abril de 2009.

Poderedes encontrar máis información aquí.
   

IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

09.03.09

O IX Concurso de Baile Tradicional Galego 'Azaloira', organizado pola Asociación Fortín da Pomba, celebrarase o vindeiro día 26 de Abril do 2009, no auditorio Manuel Do Pazo, en Bandeira.
Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe rexional e os acompañamentos serán en directo.
Podedes consultar aquí as bases e o formulario de inscrición.
   

IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña

05.03.09

A Federación de Entidades Galegas de Catalunya organiza o IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña, aberto a todas as entidades que en calquera parte do mundo dedícanse a difundir a nosa música tradicional. Terá lugar o 17 de maio de 2009 no Auditori de Cornellà ás 10 h. Os concursantes terán que levar traxes tradicionais galegos e empregar instrumentos tradicionais galegos.

Debido as múltiples categorías do concurso e a variedade de grupos que se rexistran o número de inscricións máximo, por categoría, é de 10 participantes e será rexida en orden de chegada das inscricións.
O prazo de inscricións será do 1 de abril ata o 17 de abril de 2009, por e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no fax 934 310 434. A cumplimentación de todos os datos da folla de inscrición é imprescindible.

Podedes consultar as bases completas aquí.

Organiza:
FEDERACIÓN DE ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS DE CATALUNYA
Rúa Córcega 168, 1º 4ª. 08036 Barcelona
Teléfono 933 214 350 Fax:933 636 206
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA

18.02.09

Un ano máis celébrase o Concurso de Música Tradicional Xiradela, que este abril cumpre a súa X edición.

Neste concurso poderán participar os grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc…, que o desexen, e constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

Podedes consultar as bases aquí.
   

Certame de Recolla de Tradición Oral Galego-Portuguesa

16.02.09

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! pon en marcha, un ano máis, o certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa, en cinco categorías (educación primaria, secundaria, Bacharelato, ensino profesional e Universidade), en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Direcção Regional de Cultura do Norte (DRCN) de Portugal e a Direcção Regional de Educação do Norte (DREN).

Este certame que ten como obxectivo que a existencia dun patrimonio común entre Galiza e Portugal forme parte da vida escolar, e, ao tempo, que o sistema educativo acometa a tarefa de rescatar esa tradición e poñela en valor, para transmitirlle así este patrimonio ás xeracións máis novas.

O tema central este ano son os "Tesouros humanos vivos", ou persoas que teñen coñecementos e habilidades para manter, divulgar, crear ou producir elementos do noso patrimonio cultural inmaterial, indispensábeis para a transmisión deste acervo ás xeracións máis novas.
As propostas deben referirse a un dos cinco campos seguintes: tradicións e expresións literarias orais (mitos, lendas, contos, poesía popular, refráns...); artes do espectáculo (danzas, romarías e rituais...); usos sociais, ritos e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual; coñecementos e usos relacionados coa natureza e co universo, tanto da cultura agraria como marítima; e técnicas artesanais tradicionais, relacionadas con oficios e saberes.

Os centros educativos interesados en participar deben enviarlle un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes do 30 de marzo do 2009, onde especifiquen o nome do centro, o enderezo postal, o correo electrónico, a persoa responsábel e o seu correo electrónico persoal, e en cal das categorías participa.

As persoas que participen poden realizar as recollas en audio ou vídeo e deberán presentalas en formato dixital. Cada traballo debe levar anexa unha ficha, que se achega no tríptico da convocatoria, e mais unha transcrición da recolla. Os traballos débense entregar, antes do 4 de xuño, no seguinte enderezo:
Asociación Ponte... nas Ondas!
Rúa Rosalía de Castro, 67.
36450. Salvaterra de Miño.
Pontevedra.

Podedes consultar o tríptico do Certamen aquí.
   

II Concurso de Gaitas Narario González "Moxenas"

05.02.09

O 7 de marzo de 2009 celebrarase en Valadares (Vigo), o II Concurso de Gaitas Nazario González “Moxenas”, cun único apartado de Cuartetos Tradicionais.
Os instrumentos obrigatorios para concursar serán dúas gaitas, un bombo e un tamboril; non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestiren o traxe tradicional galego. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional, ficando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.
Os concursantes farán unha 1ª interpretación libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha peza obrigada, ¡VIVA VIGO! de Nazario González “Moxenas”.
As solicitudes de inscrición dirixiranse, ben en persoa, ben por correo postal, electrónico ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que aparece na ficha de inscrición, só até o 18 de febreiro de 2009.
Descargue as bases do concurso e a ficha de inscrición aquí.
   

II Concurso de Maquetas Millo Verde

02.02.09

Despois da grande aceptación recibida na edición anterior, a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.

As bases para esta edición son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:
Concurso de maquetas MILLO VERDE 2009
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela
Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.
   

Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

20.11.08




Xá están disponibles as novas bases e a partitura obrigada para a 19 edición do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón", que se celebrará o 30 e 31 de Agosto de 2009 en Ferrol.

Nos seguintes enlaces podes descargar os arquivos:

Bases

Partitura en pdf



http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/





   

Páxina 10 de 20