Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

Concurso de dúos Gaita-Percusión

24.10.11

I CONCURSO DE DÚOS GAITA-PERCUSIÓN para menores de 18 anos, organizado polo Real Coro "Toxos e Froles" e que terá lugar o Sábado 3 de Decembro ás 19.00 horas na nosa sede da rúa Magdalena 220 Ferrol.

O concurso quere servir para amosa-lo traballo que se está a desenrolar nas escolas de música tradicional e como punto de encontro de novos instrumentistas.

Bases

Formulario de inscrición

   

Gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

17.10.11

Os grupos gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo celebrado este pasado domingo 16 de Outubro son:

1º Premio - Painho do Mal Tempo (A Estrada)
2º Premio - Canle Dadá (Vilagarcía)
3º Premio - Gueimaría (Ribeira)

Dende a organización agradecer enormemente a todolos asistentes ó evento e ós nove grupos participantes:
Picuiña, Os Fonte Suairas, Os Chancros, Mulime, Escabia, Chiquirindaina, Painho do Mal Tempo, Canle Dadá e Gueimaría.

Xa só nos queda decir, se hai sorte ... de aquí nun ano!!!!

http://www.blogoteca.com/malmequer

   

XIV Certame Internacional de Improvisación Oral

13.10.11

Desafío , improvisación e enseño.

Domingo, 16 de outubro de 2011 no C.V.C. de Valladares (Vigo).

Pola mañá

* De 12.00 h. a 14.00 h.
Obradoiro de Iniciación á Improvisación en Verso
IMPARTE: Pinto d´Herbón

**Prazo de inscrición, ata o 14 de outubro, ás 20.00 h. Poden facelo, chamando ó nº de tfno. 986 467053 /
Fax. 986 467052, ou ben enviando un e-correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Pola tarde

   

V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo

11.10.11

Por quinto ano comprácenos comunicarvos a celebración do Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo. A data de celebración será o domingo 16 de Outubro no Local Social de Luou.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Como novidade este ano creamos unha páxina en facebook na cal podedes consultar tamén a info do Concurso asi como ver as descargas:
http://www.facebook.com/acamamoa

As bases e maila folla de inscripción desta IV edición do Concurso, por se queredes participar ou ben expandila información.

http://www.myspace.com/acamamoa/blog

Agardando vervos a tod@s ese domingo despedimonos.

Moitas grazas por todo.

Atentamente,
A.C. A Mámoa
Luou - Teo

   

O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa edición número 44

20.09.11

A cita máis antiga co folclore galego, o concurso de gaitas de Ponteareas, chega este ano á súa edición número 44. O alcalde, Salvador González Solla, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron onte o evento, que se celebrará o próximo 25 de setembro no auditorio Reveriano Soutullo.
O rexedor lembrou que «o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional, e como tal, dende ou Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal». Nesta edición poderán participar todos os grupos tanto de Galicia como dos centros para galegos que existen polas demais comunidades de España ou mesmo no estranxeiro. O único requisito é que os instrumentos deben ser tradicionais e non poden ter ningún tipo de modificación ou variación. Os interesados deben anotarse antes do día 17 de setembro e o número máximo de participantes será de quince grupos.

   

V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

20.09.11

Por quinto ano comprácenos comunicarvos a celebración do Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo. A data de celebración será o domingo 16 de Outubro no Local Social de Luou.
Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.
Podedes descargar, as bases e maila folla de inscripción desta IV edición do Concurso, por se queredes participar ou ben expandila información.
Como novidade este ano creamos unha páxina en facebook na cal podedes consultar tamén a info do Concurso asi como ver as descargas:
http://www.facebook.com/acamamoa
Agardando vervos a tod@s ese domingo despedimonos.

A.C. A Mámoa

Luou - Teo

   

Pablo Devigo repite triunfo na final do concurso de gaita Constantino Bellón

01.09.11

A vixésima edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón proclamou gañador por terceira vez ao ourensan Pablo Devigo. O mozo músico de Castro Caldelas fíxose acredor do triunfo nunha reunión celebrada onte no teatro Jofre na que interpretou os temas "Preludio nº2, canto de afiador" e "Chacona en Dom". Con esta actuación conquistou o favor do xurado, que tamén subliñou o papel doutros dous mozos, Pedro Álvarez, de Nigrán, e o donostiarra Daniel Lumbreras.
O regreso do Constantino Bellón ao 31 de agosto -a súa data tradicional, á que faltaba dende había dous anos- foi lixeiro, máis breve que en anteriores ocasións, principalmente pola redución no número de músicos finalistas, oito en total, aínda que poden ser ata catorce. A gala, conducida polo xornalista Isidoro Valerio, celebrouse no teatro Jofre e comezou ás 20.30 horas.

   

Os premiados do certame de Soutelo de Montes

24.08.11

O vilagarcián Cristian Silva Bóveda -acompañado ao tamboril por Alberto Costas- foi proclamado como mellor gaiteiro de Galicia nun concurso no que participaron 14 intérpretes. O segundo posto foi para Pedro Álvarez Fariñas (Nigrán) -acompañado de Ramón Corral- e o terceiro para o vigués Lois Prado Fernández -con Julia Martínez- que recibiron 1.000 e 500 euros respectivamente, mentras que o vencedor levouse a casa 2.000 euros.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

XIII Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro "O Gaiteiro de Soutelo"

09.08.11

XIII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “O GAITEIRO DE SOUTELO"

Bases para o XIII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “O GAITEIRO DE SOUTELO” que terá lugar na Praza do Gaiteiro, en Soutelo de Montes, o sábado 20 de agosto de 2011.

Premios:

1º Premio dotado con 2.000 € e trofeo
2º Premio dotado con 1.000 € e trofeo
3º Premio dotado con  500 € e trofeo

Bases

Inscripcion

   

Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela

13.07.11

Mañá, 14 de xullo, remata o prazo para a inscrición para o concurso do Memorial Ricardo Portela na súa XII edición e que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo. A inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello, e deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.

   

Páxina 4 de 20