Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

IV Concurso de Cuartetos do Real Coro "Toxos e Froles"

22.01.15

toxosefrolesUn ano máis o Real Coro “Toxos e Froles” vai celebrar o seu Concurso de Cuartetos Tradicionais que terá lugar o SÁBADO 28 DE FEBREIRO DE 2015 no seu local social da rúa Magdalena 220 de Ferrol.

A data límite de inscripción é o VENRES 20 DE FEBREIRO e o concurso está dotado dun único premio de 1.200€. A cada grupo finalista se lle dará a cantidade de 50 € para gastos de desprazamento.

Bases

Inscripción

   

XI Certame de Cuadrilla e 1º Encontro arredor dos Cantares de Reis en Boimorto

25.11.14

cantares reisComo xa vén sendo habitual por estas datas dende o Concello de Boimorto estanse a organizar as actividades que un ano máis se farán en torno ós Cantares de Reis e nas que poderedes participar se o tedes a ben.

Este ano o Certame de Cuadrillas será o día 3 de xaneiro, arredor das 5 da tarde no pavillón Deportivo Municipal.

Desta vez e coa intención de que sirva de precedente convócase para o día 10 de xaneiro o I Encontro Arredor dos Cantares de Reis,

   

II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos

05.11.12

concurso dosPor segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos que terá lugar o vindeiro sábado 8 de decembro de 2012 ás 19.00 horas na súa sede na Rúa Magdalena 220- Ferrol.

Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.

Ademáis, de seguro será un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que na actualidade están a realizar a súa actividade para conservar as nosas músicas e tradicións.

Se estás interesado en asistir, podes descargar as bases da convocatoria

http://www.toxosefroles.com/joomla/Bases_II_ConcursoGaita2012.pdf

e enviar o formulario de inscripción acompañado das fotocopias do DNI dos participantes a: Real Coro "Toxos e Froles",  Rúa Magdalena 220- Apartado 72, 15402 - Ferrol ou ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

http://www.toxosefroles.com/joomla/FormularioConcursoDuos_2012.pdf

O Real Coro "Toxos e Froles", a agruación folklórica máis antiga de Galiza, pretende, a través das súas actividades, ser un altofalante e espallador da nosa cultura, e en especial, no terreo da música.

Máis info: www.toxosefroles.com

   

VI edición do Concurso de Música Tradicional de Luou (Teo)

30.10.12

O pasado domingo tivo lugar en Luou (Teo) a VI edición do Concurso de Música Tradicional que organiza a Asociación Cultural A Mamoa.

591-116615-a-luouO Salón de Actos do Local Social de Luou encheuse de público que disfrutou dunha tarde de música e de músic@s de moi alto nivel.

O grupos participantes foron os seguintes:
1-Virutas de Ébano
2-Painho do Mal Tempo
3-Xente Nova
4-Picurruchos
5-Os Fonte Suairas
6-Chiquirindaina
7-Fol de Coiro
8-A Folla da Hedra
9-Vedoira

Os premios determinados polo xurado, composto por Manuel Nieto, Edelmiro Fernández e Iván Costa, foron:

1º-Clasificado - A Folla da Hedra de Ponteareas
2º-Clasificado - Paínho do Mal Tempo de Pontevedra
3º-Clasificado - Os Picurruchos de Lugo


A entrega de premios foi levada a cabo por D. Martiño Noriega (Alcalde de Teo), Dª. Carme Hermida (Concelleira de Cultura do Concello de Teo) e D. Ramón Parajó (Presidente da A.C. A Mámoa)

Dende a A.C. A Mámoa agradecen un ano máis a todol@s grupos por seguir deleitándonos ca sua música e a todol@s asistentes por ateigar e disfrutar da tarde na súa compaña.

   

"VI Concurso de Música Tradicional" da A.C. A Mámoa de Luou - Teo.

23.10.12


concurso luouO vindeiro 28 de Outubro de 2012 terá lugar no Local Social de Luou o "VI Concurso de Música Tradicional" da A.C. A Mámoa de Luou - Teo.

Estades todos convidados a que vos acheguedes a Luou a vivir un domingo cheo de música do país.


Máis información:

A. C. A Mámoa
Luou - Teo
www.facebook.com/acamamoa

   

V Foliada de Sada

08.10.12

foliada queiroaOrganizada pola Asociación de Música Tradicional Queiroa, o vindeiro sábado 3 de novembro ás 20 horas, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña) terá lugar a V Foliada de Sada.

No transcurso dela, celebrarase o III Concurso Queiroa de Baile Tradicionalpor parellas e haberá premios para os mallores bailaríns. Previamente entre as 18 e20 horas celebrarase a xa habitual Foliada Infantil á que poderán asistir os máis pequenos dos grupos tradicionais.

Poderase participar tocando e cantando no escenario ou bailando ao pé del  música tradicional. Se non pódese simplemente desfrutar das actuacións.

Se desexades actuar na foliada ou participar no concurso, confirmádeo canto antes no teléfono  617 940 833 (Luís) ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Cando saiban o número de participantes informarán do tempo do que se dispónno escenario e da orde de actuación.

   

Concurso para participar no día Malaherba do VI Sons da Lameira

12.04.12

sons lameiraCo obxeto de promover as bandas-artistas musicais noveis da cidade de Vigo,convócase un concurso cuxo premio final será a actuación no escenario “Concellería de Xuventude” o día “MalaherbaRock” (7 de Xullo), dentro da 6ª edición do festival “Sons da Lameira” que transcorrerá nos días 6 e 7 de xullo en Matamá (Vigo).

Podedes consultar as bases do concurso no arquivo adxunto, ou no seguinte enlace http://www.xuventudevigo.org/vigosonico/.
Tedes só ata o 22 de Abril para formalizar as inscripcións!!!

   

Resultado I Concurso de Cuartetos Tradicionais Toxos e Froles

26.03.12

 

resultado consursoPaínho do Mal Tempo obtén o Premio do I Concurso de Cuartetos Tradicionais do Toxos

A formación pontevedresa Paínho do Mal Tempo obtivo onte o I Premio do Concurso de Cuartetos tradicionais convocado polo Real Coro Toxos e Froles, un galardón que leva consigo 1.500 euros.
Nunha “reñida decisión”, así o comentou o xurado, esta formación impúxose a Canle Dadá, de Nigrán; Xente Nova, de Ferrol; e Os Picurruchos, de Lugo. Chiquirindaina, de Pontevedra, outro dos finalistas non se presentou á cita.
Os cuartetos actuaron durante cinco ou seis minutos, sendo obrigatorio un ritmo de xota ou muiñeira.

O xurado estivo composto por Arturo Lamas, Fernando Dopico, Eliseo Zaera e Andrés Tojeiro. Ao rematar o concurso, os seus membros quixeron destacar o “gran nivel” do certame e insistiron nas dificultades da elección do gañador.

www.diariodeferrol.com

   

I Concurso de Cuartetos Tradicionais Toxos e Froles

21.03.12

toxosefrolesEste Sábado 24 de Marzal ás 19.00 horas terá lugar o I Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro "Toxos e Froles", no local social da Rúa Magdalena 220 (Ferrol).

    A entrada é libre e gratuita.

    Os grupos seleccionados son os seguintes:   

  1. "Canle Dadá" de Nigrán
  2. "Xente Nova" de Ferrol
  3. "Paínho do Mal Tempo" de Pontevedra
  4. "Os Picurruchos" de Lugo
  5. "Chiquirindaina" de Pontevedra
   

XIII Concurso de Música Tradicional Xiradela (Arteixo)

20.03.12

xiradelaXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS


BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Páxina 2 de 20