Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

Os Terribles de Donas e as Pandereteiras de Monteboi hoxe en Baiona

13.07.17

 osterriblesHoxe xoves 13 de xullo na praza do concello de Baiona Os Terribles de Donas farán un concerto coa colaboración das pandereteiras de Monteboi. O concerto, que comezará ás 23:00 horas, está incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

A música tradicional de “Os Terribles de Donas” recolle unha tradición e unha historia propia e singular que están reconstruíndo no presente, para ter tamén un futuro propio, no que a súa singularidade teña cabida no mundo como algo distinto e apreciable.

   

Xabier Díaz leva o seu Tambourine Man até Vigo

13.11.15

xabier vigoO vindeiro 21 de novembro Xabier Díaz presenta en Vigo o seu último disco, que saíu á venda a comezos de outubro. Trátase de ‘The Tambourine Man’, un dos traballos máis agardados da música galega, en colaboración coas Adufeiras de Salitre, que está a xirar por varias cidades da Península. As próximas citas son en decembro en Madrid (día 4, sala Galileo Galilei) e Barcelona (día 5, Tradicionàrius).

Voz fundamental do trad galego, Díaz aliouse neste caso coas Adufeiras de Salitre para reinterpretar a tradición galega e crear o seu disco máis ambicioso. Elas son un grupo de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional que, canda Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), compoñen a nova aposta do músico coruñés.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña. Asociación de Gaiteiros Galegos

16.10.15

cartaz xbaile_peqA Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro 07 de novembro as II Xornadas de Baile Tradicional en A Coruña.

O baile tradicional galego ten un enorme valor histórico para a cultura galega, sendo unha das danzas mais ricas tanto pola súa beleza como pola combinación de movementos, por iso, dende a AGG consideramos que debe ser conservado, dignificado e transmitido. Para acadar este obxectivo é fundamental recuperar as nosas tradicións poñendo en valor o noso patrimonio e ao mesmo tempo achegar a nosa cultura a todo o país.

Por iso, organizamos un ano mais as II Xornadas de Baile Tradicional de A Coruña, considerando que é unha labor imprescindible para a nosa cultura. Pretendemos con estas xornadas amosar e ensinar algúns dos bailes mais característicos da tradición galega, como son as muiñeiras ou as xotas.

Para estas xornadas contaremos con persoeiros de excepción e de gran prestixio dentro da cultura tradicional. Estamos falando por exemplo de Mercedes Peón, que nos contará cal foi e segue sendo o papel da muller no baile tradicional. Ademais deste relatorio, contaremos con dous relatorios-obradoiro que nos amosarán a Xota no sur do país, da man de Francisco J. Feijóo “Chisco”, ou a Muiñeira vella de Bergantiños impartido por Pablo Díaz.

Contaremos tamén cunha mesa de debate, na que serán Miguel Sotelo, Sergio Cobos e Xabier Iglesias, moderados por Pablo Díaz, os encargados de poñer de manifesto as novas tendencias dentro do baile tradicional galego.

E para rematar, contaremos cun peche moi festeiro, no que cos ritmos das pandereteiras e gaiteiros da A. C. Donaire, os presentes poderán arrincarse a bailar unhas pezas.

As xornadas, que son de balde, terán lugar en horario de mañá e tarde o día 07 de Novembro no Centro Cultural Ágora en A Coruña. Reserva a túa praza!!!

Para mais información e reservas podes chamarnos aos teléfonos 986.847.074 - 982.229.966 - 661.637.696 ou envíanos un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

   

Uxía e Xabier Díaz cántanlle a Manuel María polo seu aniversario

06.10.15

mmariaO concerto vaise gravar para a súa posterior publicación

O auditorio da Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei acollerá hoxe martes 6 de outubro, día do 86 aniversario do nacemento de Manuel María, unha actuación musical de Uxía. Será un concerto de carácter gratuíto que dará comezo ás 20 horas, con entrada libre até completar o aforo do auditorio (antiga palleira da casa natal do escritor), no que a cantante contará coa colaboración e o talento de Xabier Díaz. O recital fará de prólogo a un ano que se prevé intenso e vizoso en todo tipo de proxectos e iniciativas arredor de Manuel María e da Casa-Museo, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2016 que vai honrar ao poeta chairego.

O concerto é a forma que collerá este ano a xornada anual de amigas e amigos da Fundación, que desde o ano pasado instituíuse coincidindo coa data do nacemento de Manuel María. A xornada naceu para ser un espazo de encontro, fraternidade e diálogo entre o amplo grupo de persoas que ao longo do ano prestan o seu apoio, humano e económico, ao sostemento da Casa-Museo e á actividade que a Fundación desenvolve.

O espectáculo ten, ademais, a particularidade de que será gravado ao directo para ser incorporado a unha inminente publicación de textos seleccionados de Manuel María. Malia a súa gratuidade, por razón de aforo do espazo, cómpre reservar entrada chamando ao teléfono 698 177 621 ou enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

http://www.radiofusion.eu/

   

Concerto do Trío Vaamonde, Lamas e Romero en Campo de Vilanova

20.08.15

triovaamondeO Campo de Vilanova, en Allariz, acolle o domingo, día 23 de agosto, o concerto do Trío Vaamonde, Lamas e Romero.

O trío está composto por Suso Vaamonde (gaita, pandeireta neoclásica e voz); Pedro Lamas (saxo soprano e voz) e Xosé Lois Romero (acordeón e voz).

A actuación comeza ás 19.00 horas, con acceso gratuito. Forma parte da programación do ciclo Cultura no Camiño.

http://www.tempodelecerourense.com

   

Concerto dos grupos Alvariza e Os D´abaixo

27.03.15

alvarizaO vindeiro luns 30 de marzo ás 21.30 horas no Cafe Bar "A Senra" de Pontevea (TEO), concerto cos grupos ALVARIZA e OS D'ABAIXO! Non faltedes!!

   

OH TRIO PRESENTA DISCO

28.01.15

Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín presentan “Cancionero Gallego”.

oh trioAínda que os tres músicos xa se coñecían de moitos anos antes, Oh Trío nace como tal no 2008. E en tan poucos anos, e a pesar das dificultades xeográficas engadidas (os tres músicos viven en Lugo, Madrid e Berlín) xa están a presentar neste 2015 o seu primeiro álbum, que recén sae á luz neste mes de xaneiro.

Ofrécennos unha homenaxe ao “Cancionero Gallego” de Torner e Bal y Gay, facendo unha revisión de varios dos temas que se poden encontrar neste cancioneiro. Entre os centenares de melodías que inclúe esta obra, Oh Trío proponnos a recreación de once melodías dende o prisma do jazz e da improvisación.

Como non podía ser doutra forma, as primeiras presentacións realizaranse en Galicia, e así entre o 30 de xaneiro e 3 de febreiro o público galego teremos a inmensa sorte de ter a estes tres grandes músicos xirando pola xeografía galega, facendo diferentes concertos de presentación deste álbum.

Comezarán a xira o 29 de xaneiro cun concerto en Casa Paca, en Xermar, Cospeito, as 21.00h.

O 30 de xaneiro, concerto no Teatro de Ribadeo para continuar ao día seguinte en Allariz, na Fundación Vicente Risco, e posteriormente o domingo 1 de febreiro na Sala Garufa da Coruña. Nesta fin de semana ademáis destes concertos realizarán tamén dúas sesión matinais, a primeira o sábado 31 no Museo Provincial de Lugo e o domingo, nun espazo realmente único como é o Obradoiro de Campás Ocampo en Caldas de Reis. Ambas sesións ás 13h.

Non podían faltas as actividades didácticas, por eso o luns 2 continuarán cun concerto didáctico para os alumnos do IES Santiago Basanta de Vilalba, e as 21.00h outro concerto no Pazo de Liñares-Pardo en Lalín.
Pecharán a xira realizando un concerto na capital galega o día martes 3 no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) dentro do ciclo Sons que programa o Concello de Compostela.

 Máis info:

http://www.germandiaz.net/ohtrio/

   

Concerto de A Roda

15.01.15

a rodaO vindeiro venres, 30 de Xaneiro ás 20:30 horas A Roda en concerto presentando o seu novo traballo Outra volta de Roda no Teatro Principal de Santiago de Compostela

   

Concertos de Fiandola

15.01.15

fiandola okPróximos concertos de Fiandola presentando Volta e Media!!

Sábado 17 de xaneiro: Restaurante Arruaz - A Garda  - 23.00 horas

Venres 23 de xaneiro: Gentalha do Pichel - Compostela - 22.00 horas

Domingo 8 de febreiro: Pub Aturuxo - Bueu - 20.30 horas

   

Concerto Tanto Nos Ten

15.01.15

tanto nos tenTanto Nos Ten en concerto o vindeiro domingo día 18 de xaneiro ás 20.30 horas no Aturuxo Bar en Bueu

   

Páxina 1 de 24