Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

LELA unha Gala de... CANTIGAS E AGARIMOS

27.12.11

lela

O Venres 30 de decembro de 2012 ás 20:30h, no Pabillón de Deportes de Xinzo de Limia (Ourense), CANTIGAS E AGARIMOS presenta LELA.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.

   

Uxía no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo

05.12.11

concerto nadal 2011Concerto de Nadal 2011
Martes 13 de decembro ás 20:30 h

Uxía MEU CANTO
Coa colaboración de: Aline Frazâo, Ceumar, X.M. Budiño, Eliseo Parra e Carlos Blanco

Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

Entrada con invitación

A partir de hoxe, 5 de decembro ás 9:00 h. a Comunidade Universitaria da Uvigo poderá recollelas na oficina de Extensión Universitaria (Edificio Miralles).
Só se entregará unha invitación por persoa.

Non se entregarán invitacións a nome doutra persoa que non sexa o/a peticionario/a.

   

Treixadura no Auditorio Mar de Vigo

05.12.11

concierto gracias a tiA Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro organiza, para o vindeiro 17 de decembro, un Concerto co título "Grazas a ti", que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Con esta celebración, a Fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza que deposita nos mediadores de seguros para protexer o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como o labor que desempeñaron e desempeñan as persoas que traballan no conxunto do sector asegurador.

O Concerto "Grazas a ti" será interpretado polo grupo de música tradicional galega Treixadura, que presenta en Vigo o seu último disco "Esa se que é muiñada". Esta agrupación conta con vinte anos de gravacións e concertos, cinco discos no mercado, e unha variada gama de colaboracións discográficas.

Con este novo traballo, Treixadura pretende "revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural". Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo conta coa colaboración dos coros decanos galegos "Cantigas e Agarimos" (Santiago de Compostela), "Cantigas da Terra" (A Coruña), "Real coro Toxos e Froles" (Ferrol), a "Coral de Ruada" (Ourense) e a "Agrupación Musical do Rosal" (O Rosal, Pontevedra).

Invitacións:
Inade, Instituto Atlántico del Seguro. R/A Paz 2 - Baixo

   

Concerto-presentación do CD "Eirexado s/n" do grupo de música tradicional Berros do Castro (San Sadurniño)

01.12.11

 eirexado

O disco presentarase o vindeiro 4 de decembro (domingo) na casa da cultura do concello de San Sadurniño (hora de inicio 18:00h). Xunto a Berros do Castro, compratirán escenario o grupo Raparigos (Ferrol) e o duo Verdegaio (Santiago de Compostela), músicos que tamén colaboran na gravación do disco do grupo de San Sadurniño.

Prema no título para ver a nova completa


   

Xoves de música galega en Narón

11.11.11

naron concertos xoves novTodos os xoves novembro o Concello de Narón programa de concertos de Música Popular Galega co seguinte calendario: 3 novembro Rosa Cedrón e Cristina Pato; 10 de Novembro, Susana Seivane, apresenta: Os soños que Volven.; 17 de Novembro, ás 20:30 h.: Marful , apresentan: Manual de Seducción; 24 de Novembro: Bellón Maceiras Quinteto, apresentan: "Folkfusión". Todos os concertos son ás 20.30 h e por un módico prezo de 8 €.

aCentralFolque

   

Concerto de Noitarega no Auditorio Municipal de Cangas

03.11.11

Trala presentación en Vigo no pasado abril do seu recente traballo discográfico "XXI", e despois de percorrer toda a xeografía galega e cidades como Madrid ou Lisboa ofrecendo vibrantes actuacións, Noitarega pecha a temporada cun concerto este sábado 5 de novembro no Auditorio Municipal de Cangas onde repasará os temas que compoñen o seu último disco xunto coas pezas máis relevantes do seus anteriores traballos.

Sen dúbida, Xosé Oliveira, Telmo Costas, Fernando Costas, Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez, xunto co acordeonista Roberto Comesaña, farán deste concerto unha festa inesquecible para os seguidores da música tradicional galega.

Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
Sábado, 5 de novembro ás 20:30 horas
Entrada: 5 €
 
www.noitarega.com
 

   

XXX Noites de Tasca en Ordes

03.11.11

Unha Noite para disfrutar da maestría do gran gaiteiro  Manuel Enríquez Fernández, "NELA", de 73 anos, natural de Silvallana, parroquia de Bres no concello de Taramundi (Asturias).
E despois, FOLIADA para que participe todo o público asistente.
A partir das 10 da noite no bar o "Rincón do Pincho". Haberá agasallos para os participantes.

http://www.osviqueiras.com/

   

Xosé Oliveira cumpre 20 anos como mestre de gaita no Centro Cultural Rueiro de Vigo

13.10.11

Para este sábado, 15 de outubro ás 20:30 h. na Igrexa do Cristo da Vitoria de Coia, o Centro Cultural Rueiro de Vigo ten organizado un concerto co gallo dos 20 anos (!) do traballo de Xosé Oliveira (compoñente do grupo Noitarega) como profe de gaita ao seu servizo. Síntome honrado por ambas cousas: o festival e as xa dúas décadas alí. Participan: o grupo de folclore da casa (gaita, canto, baile) e mais Noitarega (máis convidados, hoxe amigos e artistas profesionais, iniciados nesta Escola).

www.noitarega.com
www.myspace.com/moxenas

 

   

BellónMaceiras Quinteto no Festival dos Abrazos

25.08.11

Este sábado 27 de agosto, gracias á programación do Festival dos Abrazos, temos a oportunidade de escoitar a música de BellónMaceiras Quinteto, en directo, nun espacio idóneo e nun horario moi europeo!!!

A cita que temos é ás 20h, na Praza San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.

http://www.abada.es/ga/web/notic.php?idc=1

   

Pradairo estará o domingo en Iria Flavia

19.08.11

A asociación padronesa A Arreixeira, de Iria Flavia, conmemorará o domingo os primeiros vinte anos dende a súa fundación cun concerto que protagonizará o grupo Pradairo (22.30 horas).

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, o grupo Padrairo volve de novo ao primeiro plano cunha nova proposta cargada de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual.

Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que fluirán o domingo sen esforzo, ritmo e creatividade cos pés no chan e que os que acudan poderán gozar con este concerto conmemorativo da asociación de Iria Flavia.

   

Páxina 6 de 24