Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

Concerto Banda Baile Asalto (Pontevedra)

10.04.12

flyers bbaO vindeiro xoves 12 de abril ás 21 horas concerto da Banda Baile Asalto no Teatro Principal de Pontevedra

Este grupo “Pontevedrés” nado en Xuño de 2011 , co gallo da súa participación no Vl Festival Folc de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de acadar a interacción co público, Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre , desenfadado e aliñado polo
toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta.
Un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos, na percura dunha linguaxe “única”. Ademáis dun profundo coñecemento sobor da música tradicional galega , unha particular visión artística, e o seu gusto e coñecemento polas
músicas doutros países e estilos, fai que a Banda se converta nun proxecto apetecibel e inetiquetabel : música do mundo feita no noso país!!!

   

Presentación do novo disco de Quempallou

28.03.12

quempallou1O novo traballo discográfico de Quempallou “Vellas Novas” xa se pode escoitar e mercar nas diferentes plataformas de distribución dixital na rede. Un adianto á saida nas tendas de música habituais, nas que estará dispoñible a partires da vindeira semana.

Xunto coa publicación do seu cuarto disco, e como é habitual, o grupo prepara unha xeira de concertos para levar o seu directo polas principais vilas galegas. De este xeito están confrimadas as seguintes datas: 13 de abril Bar Liceum (O Porriño), 14 de abril Aturuxo (Bueu), 17 de abril Casa das Crechas (Compostela), 20 de abril Auriense (Ourense) 27 de abril FNAC e Cova Céltica (A Coruña), 28 de abril Sala Super 8 (Ferrol), 5 de maio Festa do Muiño de Coiro (Cangas), 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).

“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

   

Concerto de Treixadura na Coruña

15.03.12

treixadura.todos posando sen instrumentos2Concerto de Treixadura, o vindeiro 06 de maio, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 20:00 h.

Presentación do disco “Esa si que é Muiñada”

Prezo: Butacas, Plateas e Palcos: 12,00 €; Anfiteatro e os seus Palcos, Tertulia e Galería: 10,00 € (posuidores do carnet joven, maiores de 65 anos e desempregados, desconto de un 20%).

 Venda anticipada en Servinova:

http://taquilla.servinova.com/entradas/main.php,  902 504500

   

Concerto de Quodlibet

29.02.12

quodlibet

O vindeiro 3 de Marzo as 21:30h no Auditorio Municipal de Caldas de Reis

Quodlibet é unha combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano.

Asi é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .

Mixtura entre clásico e tradicional cunha soa finalidade de entender a música.

¿Quen son Quodlibet?

Unha mixtura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista),Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coinciden na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ó longo da popularidade dos instrumentos que protagoizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que polo de agora só tiña cabida nalgúns consevatorios nos que se potencia ós seus creadores e ós novos interpretes.

¿que ofrecen?

Un concerto, dunha hora e media de duración aproximadamente na cal de forma amena unha gaita, en primeira persoa, relata a historia da súa vida, en compaña dun piano.

Historia na que se combinan formas musicais pertencentes ó folclore e pezas de repertorio actual e de autor; de aí sae o nome do proxecto: mixtura.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Uxía en Concerto

09.02.12

uxaUxia presenta o seu novo álbum Meu Canto, unha reflexión sobre el acto de cantar, as emocions que provoca, a voz, a esencia…

Rivas Vaciamadrid (Madrid)

Venres 10 de febreiro

Salón de actos do C.C Federico García Lorca

20:30 hrs - entrada 8,00€

Mucientes  (Valladolid)

Sábado 11 de febreiro

Aula Museo Paco Díez

21:00 hrs - entrada 10,00€

O Barco de Valdeorras (Ourense)

Domingo 13 de febreiro

Teatro Municipal  Lauro Olmo

20:00 hrs - entrada 6,00€

   

Concerto de Noitarega en Gondomar

01.02.12

 

noitaregagondomar

 

Primeiro concerto de Noitarega en 2012: este sábado, 4 de febreiro, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:30 h. FESTA GARANTIDA!!! 

Entrada: 5 €

 

http://www.noitarega.com/

   

Moxenas en concerto

26.01.12

moxenasmusicalgalego2012Este sábado, 28 de xaneiro, ás 20:30 h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas preséntase Moxenas en Concerto.

Non faltes, prometen diversión!!!!

   

Treixadura en concerto

20.01.12

treixaduraTreixadura en concerto:

Día 11 de febreiro.
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00 h.
Presentación do disco “Esa si que é Muiñada”
Prezo: 10 € (8 para estudantes, xubilados e desempregados)

Día 21 de abril.
Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 21:00 h.
Presentación do disco “Esa si que é Muiñada”
Prezo: 10 €

Xa está aberta, para ambos concertos, a venda anticipada en Servinova:
http://taquilla.servinova.com/entradas/main.php,  902 504500

   

Concerto de Nadal en Allariz

29.12.11

cartazO dia 3 de Xaneiro de 2012 as 16:00h, na Igrexa do covento das Clarisas en Allariz, CONCERTO DE NADAL.

Participan:

-A agrupación da Escola de Música Tradicional de Ourense: ” De Pé Feito”, e alumnos das Escolas de Música Tradicional
-As pandereteiras de Allariz, “Xilindeiras”
-As Clarisas Allariz

 

 

   

Concerto Cantos na Maré 2012

29.12.11

cantosmareBaixo a dirección artística de Uxia e a musical de Paulo Bôrges, un ano máis a cidade de Pontevedra acolle Cantos na maré Un concerto único con músicos e cantores do universo lusófono. Este ano cos nomes de: Carlos do Carmo, historia viva do fado, e Mayra Andrade, novo valor de Cabo Verde; Socorro Lira, de Brasil, e Xoán Curiel, da Galiza. O concerto celebrarase o vindeiro 14 de xaneiro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Contará coa dirección musical de Paulo Borges (Azores-Portugal), que tocará o piano e estará á fronte dunha banda que completan José Manuel Díaz (Cuba, contrabaixo), Quiné (Portugal, batería e percusións), Moisés Fernandes (Portugal, trompeta) e Sérgio Tannus (Brasil, guitarra e cavaquinho).

O espectáculo virá, coma sempre, precedido de varios días de ensaios para que os convidados se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal que fai de Cantos na Maré un espectáculo único.

Cantos na Maré é unha produción de Nordesía, co patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Novacaixgalicia.

   

Páxina 5 de 24