Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

Esta noite hai unha fía

22.03.06

Este sábado 1 de abril ás 20:00 horas terá lugar 'Esta noite hai unha fía’, gala do 10 aniversario de ‘O fiadeiro’.Terá lugar no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova en Vigo.

Pódense facer as reservas a partir do 20 de marzo, ben telefonicamente, chamando ao 902 504 500, ou ben entrando en www.caixanova.es.
   

Gaideón na Casa do Coto

14.03.06

O vindeiro venres 17 de marzo de 2006, a partir das 23:00 horas o grupo Gaideón (Coral Lago e Carlos Peixoto) realizará un concerto na Casa do Coto en Tomeza, Pontevedra (Subida a San Cibrán).

Gaideón, nace como grupo na primavera do ano 2003, da man de dúas persoas experimentadas en diferentes formacións tradicionais galegas e, co compromiso único, de interpretar Música Tradicional de Galiza.

Como xeito expresivo, escollen a formación de “dúo”, coa intención de traballar nun dos xeitos de agrupación de músicos tradicionais galegos, que na actualidade vai a menos; pero tamén por ser unha formación que permite a interpretación musical dun xeito esencial, prescindindo conscientemente de máis ornamento instrumental.

   

Concerto de Gaideón en Vigo o luns 27 de febreiro ás 19:30

21.02.06



O vindeiro luns 27 de febreiro de 2006, a partir das 19:30 horas o grupo Gaideón (Coral Lago e Carlos Peixoto) realizará un concerto de antroido na praza da Constitución de Vigo. Colaboran o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Federación Veciñal "Eduardo Chao".

GAIDEÓN, nace como grupo na primavera do ano 2003, da man de dúas persoas experimentadas en diferentes formacións tradicionais galegas e, co compromiso único, de interpretar Música Tradicional de Galiza.
Como xeito expresivo, escollen a formación de “dúo”, coa intención de traballar nun dos xeitos de agrupación de músicos tradicionais galegos, que na actualidade vai a menos; pero tamén por ser unha formación que permite a interpretación musical dun xeito esencial, prescindindo conscientemente de máis ornamento instrumental.




Mais información.
   

Mala Herba en Pontevedra

14.02.06

O dúo Mala Herba, composto por Caetano Amenábar (zanfona) e Serxio Cobos (acordeón), ofrecerán o seu novo espectáculo o xoves día 16 de febreiro a partir das once da noite no local Lusco e Fusco, na rúa Barón da zona vella de Pontevedra.

A peculiar parella musical sorprenderanos cun repertorio zarrapicado de melodías innovadoras pero conectadas co pasado que nos transportarán a tempos e lugares xa vividos mais aínda por vir, en calquera caso, tempos e lugares oníricos e moito mellores.

Non deixedes de asistir.
   

Páxina 24 de 24