Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións...

Anuncios, subvencións, oposicións...

Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (IN201G)

12.04.16

logoceeiConvocante: Consellería de Economía, Emprego e Industria para o

Publicación: DOG Núm. 69. Martes, 12 de abril de 2016

Prazo: Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Obxecto: Fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2016.

   

AXUDAS PARA FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS

26.04.13

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar unha convocatoria para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais.

ORDE do 4 de abril de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolverán na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.

 


 
   

Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011

26.05.11

A Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011 por un importe total de 1.370.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publicou hoxe a súa convocatoria de subvencións ás industrias culturais galegas para 2011, á que destina un importe global máximo de 1.370.000 euros que serán distribuídos entre seis modalidades de apoio ao sector: actividade escénica, programa Crédito-Cultura, promoción e difusión de traballos discográficos, distribución, programación das salas privadas de exhibición escénica e mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

Subvencións asociacións ensinanza música galega de ourense

16.11.10

 Deputación OurenseConvocante: Deputación Provincial de Ourense

Publicación: Boletín Oficial Provincial de Ourense (29/10/2010)

Prazo: 28/11/2010

   

Probas de selección de alumnos: Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM)

15.10.09

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca as probas extraordinarias de selección de alumnos da sección de especialización da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) da promoción 2009-2011. Dita sección pretende achegar ao panorama dos estudos musicais na Comunidade Autónoma de Galicia a oportunidade de perfeccionamento instrumental dos novos e descoñecidos valores, e ser un medio para acadar un maior perfeccionamento nas súas distintas especialidades mediante a formación individualizada que facilite a súa integración profesional ao máis alto nivel.

As probas son para as seguintes especialidades: Violín, Viola, Contrabaixo e Violonchelo.

Podes consultar a información completa da Resolución publicada no DOG do 14 de Outubro no seguinte enlace:

Resolución completa
   

MODIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS

05.08.09

A Consellería de Economía e Industria ve de publicar no DOGA unha orde de modificación da orde da Consellería de Innovación e Industria do 31 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

A modificación afectará aos artigos 7º, 9º, número 1, 12º, números 1 e 2, 13º, 14º.4, 15º e 17º da referida orde.

Podedes consultar os textos modificados aquí.
   

CONVOCATORIA PARA AXUDAS A DANZA, LÍRICA E MÚSICA

15.07.09

O INAEM organismo dependente do Ministerio de Cultura do Estado Español ven de publicar a súa convocatoria para solicitar axudas á danza, a lirica e a musica.

Estas axudas estan abertas por primeira vez a grupos de musicas populares/actuais en xira e tamen para festivais.

Poderanse solicitar axudas para xiras de grupos por España e polo extranxeiro,asi como para festivais, mostras e certamens musicais que se celebren en España.

O prazo de solicitude remata o día 22 de xullo.

Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS CULTURAIS

04.06.09

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ven de publicar unha convocatoria para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais, con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais.

Entenderase por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega; gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.

O prazo para presentar a solicitude remata o 3 de xullo. Consulte o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

14.04.09

A Consellería de Cultura e Deporte ven de publicar a orde de concesión de axudas a asociacións e institucións culturais de ámbito territorial igual ou inferior ao provincial para a realización de actividades culturais no ano 2009.

Enténdense por programas e actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural; á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega, en particular poderán ser obxecto de subvención, sen ánimo de exhaustividade, os gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades; difusión; promoción; materiais necesarios; creación; gastos para os organizadores derivados da participación nas actividades dos convidados etc.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 9 de Maio de 2009.

Pode consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

SUBVENCIÓN PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA

14.04.09

A Consellería de Cultura e Deporte ven de publicar a orde de concesión de subvencións a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura para o ano 2009.

As actividades obxecto de subvención serán as seguintes:
Talleres de animación lectora, campañas de animación á lectura, clubs do libro, publicidade das actividades obxecto de subvención (estas non poderán superar o 50% do importe total do orzamento), adquisición de exemplares múltiples para o funcionamento dos clubs, gastos de persoal para dirección e coordinación das actividades e aluguer de servizos técnicos para a relaización das actividades.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de Maio.

Pode consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

Páxina 1 de 4