Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira

Lume na Palleira

A Foliada da Fonsagrada no Recuncho deste domingo

01.12.18

foliadafonsagradaMañá, como cada domingo, dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos trae aos organizadores de Foliada de A Fonsagrada.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Este domingo, no Recuncho da Palleta falaremos de Benjamín Fernández Pazos

23.11.18

a-musica-e-mondariz-grupo-gaiteirosO vindeiro domingo dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos con tod@s vosoutr@s no "Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero.

Este recuncho, no que contaremos con Xaime Estévez, vai ser o segundo sobre compositores da gaita. Dedicarémolo a Benjamín Fernández Pazos. Músico nado en Mondariz onde formóuse na banda pero que dende os vinte e poucos anos viviu e casou en Lugo formando parte da Banda Municipal máis de cincuenta anos na que chegou a ser subdirector. Falaremos das últimas investigacións sobre a súa importancia para a música galega, do home que era contado por un dos seus netos e ata preguntaremos a un ilustre como Antón Corral da súa relación con el xa que coincidiron na banda municipal de Lugo. B.F.Pazos foi un dinamizador da música para gaita galega sobre todo a partir dos anos sesenta, grupos senlleiros como Os Amigos de Lugo ou Os Montes contaron coas súas composicións, composicións que tamén lle deron premios como no San Froilán polo 1957. Ademáis as súas obras seguen gravándose por grupos como Treixadura ou Xarabal e forman parte ineludible do repertorio clásico para gaita caso de pezas como "Pinceladas de Galicia" " Na Fonte do Souto" e moitas outras das que falaremos.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Danzas de Reis no Recuncho da Palleta

05.01.18

 22448322 1521537387903926_5792522138833292808_nApenas un día despois da visita dos Reis Magos, aproveitamos a ocasión para facer unha achega ás Danzas de Reis de Río Frío (Mondariz) da man de Gustavo Couto.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

O Tamborileiro Técnico no Recuncho da Palleta deste domingo

17.11.17

 lumepalleiraEste domingo, no Recuncho da Palleta contaremos con Gustavo Couto que virá acompañado de Marcos Pérez Saburido "Kinhos" para presentarnos o seu traballo "O Tamborileiro Técnico Vol.1", editado por A Píntega Marela.

Non te perdas, esta nova emisión de Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas, e participa no sorteo de 2 exemplares.

Pautas e protocolos a seguir nos Seráns no Recuncho da Palleta

07.04.17

lume na palleiraO vindeiro domingo, no Recuncho da Palleta falaremos con Gustavo Couto de como debemos "actuar" en seráns, polavilas, ruadas ou foliadas, para que todos os que participamos nelas podamos defrutalas, respetando a tradición e a nós mesmos..

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

Semblanza a Antonio Mato Rial no Recuncho da Palleta

27.01.17

lume na palleiraEste domingo, queremos dedicarlle o Recuncho da Palleta ao gran gaiteiro Antonio Mato Rial, fundador do cuarteto "Os Matos" e gaiteiro durante moitos anos en Cántigas da Terra.

Antonio Mato, se iniciou no mundo da gaita de neno, e dende ese intre, a música tradicional entrou na súa vida para xa non saír mais. Inseparable da música e dos gaiteiros, era doado velo nos últimos anos ensaiando cos seus compañeiros.

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

Lembranzas de Morgan no Recuncho da Palleta

13.01.17

lume na palleiraA consecuencia do andazo da gripe o pasado domingo non tivemos recuncho da Palleta, polo que os contidos previstos para ese día psarán a ofrecerse este vindeiro domingo. No Recuncho da Palleta falaremos da lembranza a Morgan que se celebrou no Teatro principal de Compostela. Gustavo Couto traeranos como convidado a un dos organizadores para que nos conte como foi o acto e que fale un pouco de como era a persoa de Morgan.

Membros da AC San Campio de San Miguel de Sarandón estarán este domingo no Recuncho da Palleta

11.11.16

 lume palleira_15anosEste domingo Gustavo Couto traeranos como convidados a algúns membros da AC San Campio de San Miguel de Sarandón. Con eles falaremos dos máis de 25 anos de traballo desta asociación, con actividades sempre ligadas a música e o baile tradicional.

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

Gustavo Couto desvelaranos no Recuncho deste domingo o programa das III Xornadas de Baile que organiza a AGG

04.11.16

 lume palleira_15anosEste domingo no Recuncho da Palleta Gustavo Couto falaranos sobre o baile, mais concretamente sobre as xornadas que estamos a organizar dende a AGG o vindeiro 19 de Novembro na Tradescola, en Lugo, e nas que contaremos con grandes profesionais do sector como Xabier Iglesias, Miguel Sotelo ou Luis Prego entre outos.

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

Páxina 1 de 8