Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Lume na Palleira

BENIGNO MÉNDEZ


O recuncho do próximo sábado 29 de marzo tratará de lembrar a figura do gaiteiro BENIGNO MÉNDEZ (Vigo 1920-1990), gaiteiro de referencia na comarca de Vigo que se adicou por enteiro a gaita como profesor e intérprete en distintas entidades veciñais e colexios de Mos, Vigo e Redondela. Forma parte da tradición máis xenuina da gaita galega que permitiu ás xeracións seguintes recuperar debidamente o mellor da tradición musical galega. Moitos dos seus alumnos e alumnas forman parte ilustre da música tradicional actual.

Neste programa escoitaranse intervencións deste gaiteiro nas gravacións do grupo "A Roda " co que colaborou, así como algunha gravación de pezas da súa autoría como o "Pasodoble do Carballal" interpretada polo grupo Xistra de Coruxo. Ademáis revelaremos aspectos pouco coñecidos da súa biografía como a súa intervención na Televisión Española ou a reportaxe que lle fixeron para unha coñecida revista de difusión nacional. Falaremos con xente que o coñeceu e coa súa propia irmá para achegarnos máis a súa figura artística e humana.
 

O ACORDEÓN DIATÓNICO EN GALICIA

O sábado 15 de Marzo, temos a oportunidade de escoitar unha nova edición de “O recuncho da palleta” que nesta ocasión conta con Pablo Díaz Carro para falarnos dun tema moi interesante: o acordeón diatónico en Galicia.

O acordeón, propiamente dito, é un invento relativamente moderno (principios do XIX), pero a súa versatilidade fixo que tivese rapidamente un grande éxito e difusión. A distinción mais importante dentro da clasificación deste instrumento, é a de acordeóns diatónicos e cromáticos. Os primeiros so posúen as notas naturais dunha escala, mentres que os segundos teñen todas as alteracións. En Galicia, o acordeón é un instrumento fundamental nos grupos de música folk e se falamos concretamente do acordeón diatónico, case sempre estivo relegado a un uso case exclusivo da música tradicional, aínda que afortunadamente, este pensamento está sendo cambiado.

Actualmente atopamos moitos intérpretes que están recuperando este instrumento e o seu son tan asociado á música de raíz tradicional. Se estades interesados neste tema e queredes saber moito mais do acordeón diatónico en Galicia, non deixedes de escoitar o programa "Lume na Palleira" que se emite os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
 

PREMIO " O RECUNCHO DA PALLETA"

O sábado 9 de Febreiro, imos a ter a oportunidade de escoitar un programa especial do recuncho, xa que terá lugar a entrega do premio "O Recuncho da palleta". Ao longo do ano foron moitos os candidatos a este premio, que pasaron polo espacio radiofónico que cada sábado achéganos un pouco mais a nosa música tradicional.

Dende a banda de gaitas Raigames de Enrique Covelo, pasando polos especiales da IV Mostra de Cuartetos de Marín ou o Proxecto Ronsel promovido polas tres Universidades de Galicia, ata o grupo "Troula" de Madrid, todos eles xa forman parte do recuncho da palleta.

O gañador engadirase á lista formada pola Editorial Ouvirmos e o Concello de Pontevedra (ano 2004), ao concello de Vilar de Santos polo seu apoio á publicación do catálogo de músicos da Limia (ano 2005) ou o programa "Alalá" pola súa axuda á difusión e coñecemento da cultura do noso país (ano 2006).

Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
   

"O RECUNCHO DA PALLETA" ADICADO Á ZONA DE CANCES, EN CARBALLO

O sábado 2 de Febreiro poderemos escoitar unha nova edición do "Recuncho da Palleta", no que Pablo Díaz achegaranos unha vez mais unha parte importante da nosa música tradicional, viaxando a través das ondas, a distintas zonas de Galicia.

O programa adicarase ao cuarteto de gaitas de CANCES (Carballo), farase unha semblaza do grupo, e falarase doutros grupos de gaiteros da zona analizando o seu repertorio.

"O Recuncho da Palleta" emítese dentro de "Lume na Palleira", unha proposta musical alternativa dentro das ondas radiofónicas, que trata de que a música folk e tradicional teña a presencia que merece dentro do noso país.

Podedes escoitar o programa os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
 

O ENTROIDO NO RECUNCHO DA PALLETA

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.

A música é tamén unha parte importante desta celebración. Temos dende as comparsas que acompañan ás máscaras, sobre todo cando van visitar pobos forasteiros, que tocan e cantan pezas compostas especialmente para o caso, ata as coplas de entroido e cancións de baile propias de zonas como o Val da Ulla.

De todo esto, Pablo Carpintero falaranos o sábado 26 de Xaneiro no "Recuncho da Palleta" que podemos escoitar dentro do programa "Lume na Palleira" os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
   

Páxina 9 de 15