Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Lume na Palleira

Sergio de La Ossa responsable técnico do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, no Recuncho da Palleta

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 8 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero, Vitor Otero e Sergio de La Ossa falarán sobre o proxecto APOI.

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade xurde dende o Museo do Pobo Galego e co apoio do Instituto de Estudos das Identidades para a confección dun arquivo sonoro no que se recollan e dixitalicen materiais orixinais cedidos por compiladores. Sergio de La Ossa é un dos responsables técnicos deste proxecto que ten como obxectivo devolverlle á sociedade unha parte da súa tradición inmaterial a través dos medios técnicos cos que hoxe contamos.

Máis info: http://www.apoi-mpg.org/

 

Vitor Otero fainos unha lembranza do Gaiteiro Perfecto Árias Cerceda no Recuncho da Palleta

 perfecto rias cercedaNo Recuncho da Palleta deste domingo, 1 de maio, Vitor Otero falará sobre a figura de Perfecto Árias Cerceda (1926-2010). Gaiteiro nado en Guntín (Lugo) que tocou, entre outras agrupacións, nos Enxebres de Lugo. No programa falaremos da súa traxectoria como gaiteiro e escoitaremos algúns dos temas que nos deixou rexistrados nunha gravación caseira do ano 2007.

Non te perdas este domingo 1 de maio, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

Fotografía: Ana Arias Saavedra

 

Andar cos Tempos...

 andar cos tempos museo do pobo... ou de como cribar o gran para mañá

Un convite a revisar a tradición con perspectiva de xénero
 
O vindeiro mércores, 27 de abril o Museo do Pobo inaugura Andar cos tempos, unha exposición que se poderá visitar ate o 28 de maio no andar do claustro. Andar cos tempos é un dito popular que nos sinala a necesidade de ser conscientes dos cambios que se desenvolven arredor de nós, de como debemos ser quen de adaptarnos a eles e de seleccionar aqueles que consideramos axeitados, para seguir enriquecéndonos cultural, persoal e socialmente. Fálanos de como a tradición non vén sendo outra cousa que a suma de feitos anovadores que conforman a experiencia colectiva, de como as comunidades co devir do tempo criban o pasado para recoñecerse no  presente, nunha construción colectiva que legar ao futuro.

(Para ler a nova completa clic no título)

Ler mais. Andar cos Tempos...

   

Gustavo Couto, Rafael Collazo e Antón Alcalde no Recuncho da Palleta

 carapaus e banda musica rianxoNo Recuncho deste domingo Gustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG acompañado de Rafael Collazo, director da banda de música de Rianxo e Antón Alcalde, arranxista da mesma banda contaránnos as novas propostas de mestura entre grupos de música tradicional e música sinfónica das bandas de música

Non te perdas este domingo 24 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

 *Fotografía: Xoán A. Castro

 

O Recuncho da Palleta - III Memorial Henrique Otero

iii-memorialhenriqueoteroEste domingo o Recuncho da Palleta estará dedicado ó III Memorial  Henrique Otero, que na súa 3ª edición mostraránse ás obras para gaita solista do repertorio do mestre Otero que pasan das trinta do seu catálogo un 10% aproximadamente do total. Este memorial ten tamén outra particularidade porque aparte do festival central o sábado 23 de Abril ás 19:30 horas  no Conservatorio superior de música de Vigo ( O Castro) vaise celebrar a 1ª xuntanza de novos gaiteiros "Henrique Otero"  o venres 20 de Maio ás 20,30 horas no Conservatorio profesional ( Felipe Prósperi, Florida, Zona Balaídos).

(Para ler a nova completa clic no título)

Ler mais. O Recuncho da Palleta - III Memorial Henrique Otero

   

Páxina 4 de 15