Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira

Lume na Palleira

Recuncho da Palleta do 25 de marzo de 2006

25.03.06


Este sábado 25 de marzo de 2006 no espazo "O Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" que presenta Emilio Españadero na sintonía da Radio Galega teremos unha lembranza ao primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, D. Ricardo Portela Bouzas, tristemente falecido o 24 de marzo de 1992.

Ademais, presentaremos o novo e ambicioso proxecto que está a levar a cabo a AGG en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, contando coa presenza do artesán de gaitas e requintas Xosé Manuel Gil, de Ponteareas.
   

Presentación do CD-DVD "Meninos Cantores" en Lume na Palleira

18.11.05




Este sábado 19 de nomvembro de 2005 no programa "Lume na Palleira" (Radio Galega, de 15 a 17 horas), presentarase o CD-DVD "Meninos Cantores".

Este proxecto representa unha ollada á música tradicional de Galiza e do norte de Portugal a través da xente máis nova. Máis de cincocentos xoves participaron neste disco, unidos para cantar e celebrar o seu patrimonio cultural común. Ademais do CD con 28 temas, o DVD inclúe 18 videoclips, un documental de todo o proceso e unha reportaxe sobre o patrimonio cultural galego-portugués.

Contaremos coa presenza de Uxía Senlle, Segundo Grandío, Fernando Abreu, Flori Veloso ... e tamén con dos grupos que participou na gravación e formado por Yeni, Rosa, Nuria, Carla, Paula, e Aine.
   

Colaboración no programa "Lume na Palleira

07.11.05

Nesta nova andaina do programa "Lume na Palleira" a Asociación de Gaiteiros Galegos continúa a colaborar dentro do espazo "O Recuncho da Palleta".

No primeiro programa (29 de outubro de 2005) Pablo Carpintero falou dos instrumentos de percusión na música galega.

No programa do 5 de novembro de 2005 Iván Area mantivo unha conversa con Rafael López Loureiro, autor do libro "Samaín: a festa das caliveras" editado por Ir Indo.

Podedes consultar a programación actualizada para cada semana en http://www.inicia.es/de/palleira/program.htm

Esperamos que en breves datas sexa posíbel escoitar as gravacións desde a ligazón http://www.crtvg.es/cgi-bin/rtg/lume.asp?idioma=galego
   

Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega

26.10.05




Este sábado 29 de outubro de 2005 o programa "Lume na Palleira", presentado por Emilio Españadero, retorna á programación da Radio Galega, en horario de 15 a 17 horas.

Despois dun período no cal a Dirección da Radio Galega prescindiu do antedito programa, de novo teremos un programa dedicado á música galega onde a parte máis tradicional continuará a ter presenza, dentro do espazo "O Recuncho da Palleta".


Mais información.


   

Páxina 8 de 8