Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

A AGG organiza unhas novas xornadas sobre a gaita enfocadas ás novas técnicas e recursos

23.10.20

xgaita cartaz_webA AGG organiza o vindeiro sábado 31 de outubro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Arzúa, a primeira edición das Xornadas de gaita: novas técnicas e recursos, con relatorios de investigación vencellados ao noso instrumento mais emblemático dende unha perspectiva mais actual e cuxo programa podes ver a continuación:

PROGRAMA:

10.45 - Apertura

11.00 - Relatorio I: “NON É A FRECHA.... É O INDIO. Os límites da gaita”. Cristian Silva

12.00 – Descanso

12.30 – Relatorio II: “A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira”. Suso Gestal

16.00 - Relatorio III: “Da memoria xenética á técnica de Gaita”. David Bellas


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo día 25 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

#aculturasegue

   

As VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos no vindeiro Recuncho da Palleta

23.10.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero falaranos sobre as VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos, organizadas pola AGG.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A AGG organiza as VII Xornadas de baile tradicional en Lugo

16.10.20

cartaz vii_xbailelu_webA AGG organiza o vindeiro domingo 25 de outubro no CENTRAD (Lugo), unha nova edición das xornadas de Baile Tradicional, que nesta ocasión nos achegarán ós puntos propios do Maneo no Concello de Laracha , o baile en Queimadelos e o baile solto en Forcarei.

Os obradoiros correrán a cargo de profesionais no mundo do baile tradicional como Marina Torrado, Nuria Gesteira ou Pedro Brañas.

Estas xornadas, organizadas pola AGG en colaboración coa Xunta de Galicia, constitúen sen dúbida unha cita ineludible, non so para todas aquelas persoas que traballan no entorno da baile tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis das nosas tradicións.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

PROGRAMA:

11.45 - Apertura

12.00 - Relatorio-obradoiro I: “O Maneo no Concello de Laracha”. Impartido por Marina Torrado

13.30 – Xantar

16.00 - Relatorio-obradoiro II: “O baile en Queimadelos. Diferencias e similitudes co resto do concello de Mondariz”. Impartido por Nuria Gesteira

17.30 – Descanso

18.00 - Relatorio-obradoiro III: “O baile solto en Forcarei”. Impartido por Pedro Brañas

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

   

Fondo pesar polo pasamento de Rogelio Rodríguez Barreiro

13.10.20

rogelio rodriguez barreiroRecibimos a triste nova do falecemento do marinense Rogelio Rodríguez Barreiro. Unha persoa ben querida na parroquia de Marín e sobre todo no mundo da música tradicional, pola que sentía unha gran paixón. Foi integrante de 'Os Chaneiros' e 'Trompos os Pes' e fundador do grupo de gaitas 'Centenario' de Lourizán. O funeral celebrarase hoxe ás cinco da tarde no Templo Novo de Marín.

Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda. DEP

 

   

A 22 Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas no vindeiro Recuncho da Palleta

09.10.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero achegaranos un ano mais ata o San Froilán e a algunhas das músicas da 22 edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo Das Mozas, nas Festas do San Froilán en Lugo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía"

02.10.20

flor 2010 pqDende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s manifestamos o noso fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía".

Nado no ano 1928 no lugar da Maquía da parroquia de Buscás (Ordes). Tocou con "Airiños de Buscás" e tamén con "Os da Fraga". Un dos grandes expoñentes do toque pechado na provincia da Coruña.

Xa de maior sufriu anxinas de peito que non lle permitiron soprar, pero Flor foi quen de argallar un sistema cun inflador para seguir desfrutando coa súa paixón na casa familiar de Poulo, onde recibía a todo aquel que quixese escoitalo.

 

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.

DEP

   

O XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, organizado pola AF Breogán de Moaña no vindeiro Recuncho da Palleta

02.10.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará do XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, un acto moi importante para a AF Breogán de Moaña, no que rendirán unha sentida homenaxe a Lola Diz, fundadora e primeira presidenta da AF Breogán de Moaña e a Henrique Otero, o seu primeiro mestre de gaita.

Esta edición será o día 17 de outubro ás 20.00 horas en formato dixital, para poder desfrutala alá onde chegue internet, co menor risco posible.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

 

   

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

02.10.20

 

cartaz modificadoA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza co patrocinio do Concello de Lugo a que será a XXII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 16 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiras, requinteiros, murgas, etc... ) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Unha edición especial cun formato un pouco diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e coas medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19. 

Os Grupos participantes nesta edición son: 

A Requinta de Xián (Boqueixón)

Abóbriga (Baiona)

Ansuíña (Vilanova de Arousa)

Arume (Boiro)

Axeigo (Lugo)

Buxainas (Cedeira)

Carapaus (Santiago de Compostela)

Donaire (A Coruña)

Donas e Galáns (Ferrol)

Os Barrios (Chantada)

Illa Pancha (Ribadeo)

Os Terribles de Donas (Gondomar)

Os Viqueiras de Ordes (Ordes)

Turoqva (Pontevedra)

******Este ano, por mor do confinamento da cidade de Ourense, non poderemos contar cos grupos De Pé Feito (Ourense) e Lubicáns (Ourense), tal e como tiñamos previsto, pero na vindeira edición seguro que poderemos disfrutar da súa boa música na cidade amurallada. 

 Ás 20.00 horas terá lugar o Festival de música tradicional  cos concertos de  Pandeireteiras/os  Traspés e dos Carunchos.

 

Pola mañá os grupos sairán ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas. Nese momento continuaremos gozando da música tradicional na praza da Horta do Seminario, xa que este ano, nesta XXII Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional ás 20.00 horas cos concertos de  Pandeireteiras/os  Traspés e dos Carunchos (Vigo)!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Nesta ocasión debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes evitando as aglomeracións para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios.

 

 

   

Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de linguaxe musical na Tradescola curso 2020/2021

01.10.20

tradescolaA AGG convoca a praza de mestre ou mestra de linguaxe musical na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2020/2021 ( inicio do contrato en outubro **sempre que as condicións sanitarias por mor da Covid19 o permitan). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 7 de outubro a través de correo electrónico a:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.

A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 9 de outubro.

   

Unha nova entrega de "temazos gaiteiros" no Recuncho da Palleta deste domingo.

25.09.20

lumepalleira

Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá unha nova entrega da serie "temazos gaiteiros" cunha peza de autor que se popularizou a partir dos anos oitenta cando Os Rosales de Rianxo editaron o seu Lembrando (1981) que contiña a muiñeira A Camposa da autoría de Xosé Romero Suárez. Dende esa data outras versións foron editadas por agrupacións e gaiteiros relevantes de dentro e fora de Galicia e o máis curioso neste século XXI aínda hai máis rexistros dela. Con este tema tamén lle faremos unha pequena homenaxe a ese grupo tan importante da música tradicional galega como son Os Rosales e ó seu gaiteiro principal Xosé Romero.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

Páxina 1 de 247