Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Homenaxe a Bal y Gay

30.11.05

Lugo, Santiago e Madrid, as tres cidades nas que transcorreu a vida de Bal y Gay en España, compartirán durante os próximos cinco meses os actos conmemorativos do centenario do seu nacemento.

Onte a mediodía inaugurouse unha exposición conmemorativa do centenario do nacemento do insigne músico e intelecual lucense. Pola noite foi ofrecido un concerto a cargo da mezzosoprano Elena Grágera e do pianista Antón Cardó.


Mais información.

   

A VICEPRESIDENCIA DA XUNTA DE GALIZA E A AGG ESTABLECERÁN LIÑAS DE COLABORACIÓN

29.11.05

Nova tomada de

http://www.xunta.es/periodico/2911gaiteiros.htm

Anxo Quintana reuniuse esta mañá con representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos.



O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana recibiu esta mañá no seu despacho aos representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Os gaiteiros pedíronlle ao Vicepresidente a apertura dunha etapa de diálogo e colaboración co novo goberno coa finalidade de potenciar a música tradicional galega. Para conseguir este propósito propoñen a sinatura dun protocolo que regule a presenza da música tradicional galega nos actos institucionais da Xunta e apoio para a investigación e o ensino da música tradicional, creando, por exemplo, titulacións homologadas.

Os gaiteiros demandaron tamén do Vicepresidente, un apoio explícito para axudar a consolidar a estrutura da asociación que os agrupa.

   

HOMENAXE A SARASATE EN BUEU

23.11.05

O próximo sábado 26 de novembro de 2005 no museo MASSÓ en Bueu a partir das 19 horas, haberá un doble acto de aniversario do Museo e de recoñecemento a dous dos seus fundadores. Acto seguido haberá un acto musical con obras de Pablo Sarasate interpretadas ao violín e ao piano. Finalmente pechará a banda de gaitas Manxadoira de Bueu dirixida por Anxo Gago con arranxos de dúas obras de carácter galego autógrafas atopadas neste Museo o que constitúe unha nova descoñecida e de grande importancia porque relaciona documentalmente a este Artista de sona Europea coa música galega.
   

Presentación disco de "Los Monfortinos" en Monforte de Lemos!

21.11.05

O vindeiro día 24 de novembro de 2005 na Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos ás 20:00h. terá lugar o acto de presentación do CD do grupo "Los Monfortinos", organizado polo Concello de Monforte de Lemos e a editorial Ouvirmos.



A charanga Los Monfortinos tivo a súa orixe nunha formación anterior, que tiña por nome Los Grovenses de Pontevedra, e que foi fundada en Bos Aires polo gaiteiro José Moldes no ano 1950.

No ano 1958, ao sentir a proximidade da súa morte, Moldes reclamou a presenza dun gaiteiro que tocaba na súa charanga desde o ano 1953, Avelino Rodríguez Arteaga, para confiarlle no futuro a dirección do grupo. Avelino aceptou e cambioulle o nome á charanga, que pasou a ser coñecida como Los Monfortinos.



Mais información.
   

Cotas ao cobro

08.11.05

Informamos aos socios que xa están ao cobro as cotas do ano 2005. Aquelas persoas que teñen domiciliado o recibo a esta altura xa deben de ter o cargo no seu banco/caixa. Se non foi así, por favor, enviade unha mensaxe a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ademais, aqueles socios que non teñen domiciliado o recibo poden contactar con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo onde se lles facilitará o xeito de facer o pagamento da cota do ano 2005.
   

Reunión co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural

27.10.05




Na tarde do martes 25 de outubro de 2005 membros da Xunta Directiva da
Asociación de Gaiteiros Galegos tiveron unha reunión co Director de
Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, D. Luis Bará Torres.

Na mesma comezaron a valorarse distintos proxectos de colaboración interesantes para ambas partes. As ideas que foron estudadas durante a reunión serán concretadas nun futuro inmediato por parte da AGG para a correspondente valoración por parte da Xunta de Galiza, emprazando a realización ao ano 2006.

Sen nengún xénero de dúbidas a música tradicional comezará a ocupar o papel que lle corresponde dentro da nosa sociedade.
   

Homenaxe Nacional a Manuel María

04.10.05

O dia 8 de outubro de 2005, a partir das 20:00 horas, terá lugar no Auditorio de Santiago de Compostela

HOMENAXE NACIONAL A MANUEL MARÍA
Poesía, Música, Audiovisual

organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Confederación Intersindical Galega (CIG).



Presenta: Comba Campoy


Programa en formato pdf
   

Manuel Maria. Poeta nacional (publicado o 20/09/2005)

20.09.05

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG) e a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), como organizacións comprometidas coa cultura galega, veñen de pór en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, o noso POETA NACIONAL.





Mais información
   

SAN FROILÁN 2005: O concello non acepta a proposta de colaboración (14/09/05)

14.09.05

NOTA DE PRENSA RELATIVA AO SANFROILÁN 2005

Este ano a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) volveu a ofrecer a súa colaboración ao Concello de Lugo para a organización da “Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas”, que tanta sona e prestixio acadau durante os doce anos que se celebrou nas festas de San Froilán, organizada pola AGG.




O Presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, reuniuse coa Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o luns dia 12 de setembro. Nesta xunta Santiago Caneiro manifestoulle a disposición da AGG de retomar o acordo co Concello que o goberno municipal rompeu o ano pasado.


Mais información
   

Candidatura Multinacional de Património Imaterial Galego-Português

13.09.05

A División de Patrimonio Inmaterial da Unesco confirmou onte que o informe da Candidatura da tradición oral galego-portuguesa superou a fase de avaliación administrativa e xa está en mans do Xurado Internacional para a súa avaliación científica.



O dossier foi cualificado de "rigoroso e ben documentado" no referente ao exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste patrimonio.


Mais información



   

Páxina 263 de 265