Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

23 Noites de Tasca en Mesía

Celebrarase en Mesía o vindeiro venres 3 de Decembro diante do Local Social de Cabrui.

A partir das 21:30 poderanse desgustar castañas, pinchos e queimada amenizados polo grupo "Arumes da Fraga" de Cecebre (Cambre).

Así mesmo, terá lugar a terceira eliminatorio do concurso de aturuxos e para rematar Foliada!!!!!

 

30 Aniversario da Asociación Rosalía de Castro

A Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) quere conmemorar o seu 30 aniversario organizando unhas xornadas os días 11 e 12 de decembro nas que poderemos atopar obradoiros de confección de collares, unha charla sobre o traxe en Santiago entre 1630 -1880, a actuación de As Pandereteiras de Barrio de Arén e Os Enxebres de Cacheiras o sábado e o Domingo celebrarase unha xornada de xogos tradicionais para os máis cativos e posteriormente un xantar popular.

Máis info no teléfono 981 80 60 91

 

Nace a Escola BellónMaceiras

Despois de percorrer o mundo como dúo, levando o son da gaita e do acordeón a todo tipo de público sedento de boa música, e logo de iniciar unha andaina moi exitosa como Quinteto, BellónMaceiras ven de abrir agora a Escola de Música BellónMaceiras. Estes músicos virtuosonon atoparon mellor lugar xeográfico ca súa vila natal, Fene, para iniciar este proxecto, impartindo clases de acordeón, gaita, guitarra, percusión, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para a infancia. Para garantir a calidade da ensinanza, estrán arroupados por mestres da talla de Miguel Lamas, Calixto Albán e Alex Blanco, entre outros.

   

Magosto - Serán de Ponte Vella en Reis

Cartel Magosto A Ponte VellaOutro ano máis, os compoñentes da Ponte Vella convidamosvos a que veñades o vindeiro sábado 27 de novembro a disfrutar dunha noite de troula ata que o corpo aguante. Traede o que queirades: gaitas, tamboriles, bombos, acordeóns, tarrañolas, requintas...Todo o mundo pode tocar e bailar o que queira!

Teremos castañas para todo o mundo, zona amplia de aparcamento ó lado do local, barra...Todo o que fai falla!

PD: comenzará a partires das 20h para todos aqueles nenos que se queiran acercar. Para os que somos xa maiorciños, a carallada empeza as 22h!!

 

http://apontevella.blogspot.com/

 

I Magosto Furtivo

O grupo de música tradicional TAnto nos Ten e a Asociación Cultural Santa María do Viso organizan o I Magosto Furtivo, contando coa colaboración da Concellería de Cultura, da Asociación Xuvenil Xoeira e da Tenda de Concha. Realizarase no Torreiro da Festa da Teixeira - Monte da gándara o sábado 27 de novembro a partir das 17h e prepararanse ata 100kg de castañas asadas para todos os asistentes.

Contarase cunha carpa carpa e como condimento asa castañas ofrecerase un programa lúdico musical cunha importante compoñente participativa, que consistirá en:

- Xogos tradicionais
- Obradoiros para rapaces e rapazas.
- Peter Punk (malabares)
- Ce Orquestra Pantasma (home orquestra)
- Trioliro (regueifeiros)
- A Requinta da Laxeira (música tradicional)
- Foliada aberta a todos os asistentes

 

www.xornalgalicia.com

 

 

 

 

   

Páxina 468 de 529