Varios
6ª Noites de Tasca en Ordes
13.11.08

O venres 28 de novembro, no Rincón do Pincho de Ordes, .celebrarase a 6ª edición das Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes.
Nesta ocasión será Carlos do Viso quen interpretará Coplas de Cego a partires das nove da tarde.
Despóis, coma sempre, haberá foliada.
Tódolos participantes levarán un agasallo.
II Xornadas de Xogos Tradicionais
20.10.08

Convivencias interxereacionáis e lingua.
Organizadas pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, celebraranse en Estás o domingo 19 de outubro, a partir das 12:00horas.
Ó longo do día haberá actividades para nenos e maiores e unha charla sobre o tema a cargo da A.G.X.P.T.
Ás 14:00 horas, previa inscrición, poderase disfrutar dunha comida na cafetería do centro por 10 € que consistirá en lacón con grelos, patacas, bebida e sobremesa.
Himno de Galicia: Versión Corrixida
06.10.08
Hai tempo, foi publicada no portal da Asociación de Gaiteiros unha nova respecto dun traballo de Suso Vaamonde e Iván Area en procura da versión oficial da partitura do Himno de Galicia.Nova sobre a partitura oficial do Himno de Galicia
Tras varias revisións, foron detectadas diversas erratas por partes dos autores. Unha vez resoltas, achegamos de novo as partituras e indicamos os compases que sofren algunha variación respecto do publicado anteriormente:
Na partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia", no compas 2 cámbiase o "si" da voz grave do piano por un "re", e no compás 30 elimínase un "do" da voz aguda do piano.
Na partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, nas voces de ambas gaitas, no compás nº 34, no canto de "branca e negra" é "negra con puntiño, corchea e negra".
Partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero
Partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia"
FIN DE SEMANA DE ACTIVIDADES TRADICIONAIS EN "O FIADEIRO"
03.10.08
A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o sábado 4 e domingo 5 de outubro con motivo da celebración das VII Xornadas de Portas AbertasA A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as VII Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor desde fai máis de 10 anos.
Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Francisco Feijoó (baile), Rafael Crespo (gaita) Sandra Diéguez (pandeireta) e Begoña Martínez (Costura e pasamanerías), entre outros.
Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, acordeón, guitarra, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o sábado pola tarde de 16.00 a 17.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s. Obradoiros de costura e pasamanerías, debuxo e pintura, aerobic e relaxación completan a oferta das xornadas para esta fin de semana.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Pombal nº38 (no Calvario, detrás da igrexa dos Picos). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.
Novo Curso
As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía pero tamén cun novo espazo para as persoas de idade máis avanzada con novos cursos como son ximnasia de mantemento, 3ª idade e relaxación.
Para calquera dúbida ou ampliar información poden poñerse en contacto con:
Raquel Barredo – tfno. 986 253 585 / 629 585 355
Secretaria A.C.F. O Fiadeiro
Manifesto para Salvar a Fonte Gaiteira de Catoira
24.09.08
A Asociación de Gaiteiros Galegos súmase ao chamamento feito pola Plataforma Cívica para conseguir salvar a Fonte Gaiteira en Catoira, e quere difundir o manifesto e convocatoria animando a todos os músicos tradicionais a acudir cos seus instrumentos a esta xornada reivindicativa. A concentración levarase a cabo o domingo día 28 de setembro de 2008, ás 12h. no parque da Fonte Gaiteira.Nos seguintes enlaces podedes ver o manifesto feito pola plataforma e a carta de chamamento as gaiteiras e gaiteiros escrita por Nando Casal.
Manifesto da plataforma
Carta aos gaiteiros
Xornada de portas abertas no Tear de Llerena
24.09.08
A semana do 29 setembro ao 4 outubro O Tear de Llerena vai celebrar unhas xornadas de PORTAS ABERTAS no novo Local Social (Rua do Castañal, Nº 10 - Baixo, Ponte Vedra), para as que -de momento- están programadas as seguintes actividades:Luns, 29 setembro:

• 19:30 - 20:30 : Presentación curso tamboril
• 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (iniciación)
Martes, 30 setembro:
• 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. I)
Mércores, 1 outubro:
• 18:00 - 19:00 : Aula infantil (nen@s a partir de 7 anos)
• 19:00 - 20:00 : Proxección recolleitas 1980 (super-8)
• 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. II)
Xoves, 2 outubro:
• 20:30 - 22:00: Pandeireta e canto tradicional (iniciación)
Venres, 3 outubro:
• 20:30 - 22:00: Presentación aula pandeireta castellana
Sábado, 4 outubro:
• 18:00 - 19:00 : Presentación arquivo de recolleitas e páxina web
• 19:00 - 20:00 : Presentación vídeos Projecto ['trepia]
• 20:30 - 22:00 : Presentación aula pandeiro
• 22:00 - 00:00 : INAUGURACIÓN LOCAL SOCIAL
Están abertos a novas propostas, tanto para esta semana, como para actividades en xeral ao longo do ano.
Todas as actividades son de asisténcia libre e gratuita, tanto para sócios como para non sócios.
Esta noite hai unha fía
16.09.08

Gala 10º aniversario de O Fiadeiro en Redondela.
Espectáculo de baile e música tradicional.
Sábado 20 de setembro de 2008, na Pista da Xunqueira ás 21:00
60 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN CULTURAL CÁNTIGAS E FRORES
05.09.08

O sábado 6 de Setembro a partires das 20.00h. terá lugar o acto principal da celebración das 6 décadas de existencia da Asociación Cultural Cántigas e Frores. Este acto consistirá na celebración dunha gala na que se verán reflexadas as distintas épocas polas que pasou a asociación. Nesta gala, que pretende ser unha homenaxe a toda a xente que nalgún momento formou parte deste colectivo. Terán cabida as actuacións de membros históricos da asociación, que interpretarán pezas que formaban parte do repertorio da Asociación nas décadas dos 50, 60, 70…, así como da actual Banda de Gaitas, Grupo de Baile e Cantareiras. Na gala farase un pequeño repaso da historia de Cántigas e Frores, acompañado de material audiovisual. Posteriormente, ás 22.30 h. terá lugar unha cea no Restaurante Manuel Manuel.
A asociación Cultural Cántigas e Frores leva realizando distintos actos co motivo do seu 60 aniversario ao longo de todo o ano. Compre destacar a Homenaxe ao Grupo Os Montes, de Lugo, o encontro de Corais, o ciclo de conferencias relacionadas coa cultura tradicional galega, as distintas actuacións realizadas en centros de maiores, o Festival Provincial de Escolas, actuacións polas rúas de Lugo…
A Asociación ten previsto realizar neste ano, a organización do VI Festival de Cultura Tradicional do San Froilán, exposicións de fotografías e traxes…e a grabación de un CD-DVD no que queden reflexadas as actuais seccións de Cántigas e Frores.
Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2008” ao programa Alalá
28.08.08

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo domingo día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
O programa Alalá comezou a emitirse o 14 de febreiro do 2006 coa intención de achegar ós espectadores da Televisión de Galicia unha visión do folclore tradicional distinta do que ata entón se viña facendo, da imaxe totalmente descontextualizada que se ofrecía da música galega, que non ía máis alá das actuacións en plató alleas á realidade dos grupos e das asociacións que as protagonizaban.
Campás e campaneiros
26.08.08

Os Chichisos organizan por 2º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”. Con elo queren seguir dando a coñecer o patrimonio sonoro cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.
Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituidos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta linguaxe tradicional.
O evento terá lugar o 13 de setembro na Igrexa parroqial da Ínsua (Pontecaldelas-Pontevedra) co seguinte programa:
16.30 h REPIQUE DE CAMPÁS, chamamento aos participantes pro inicio das actividades.
DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Elías Darriba, Juán Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira.
17.30 h Concerto “CAMPÁS, GAITAS E FOGUETES” a cargo do grupo “ Os Chichisos “

18.00 h “CAMPANARIO ABERTO PRA CAMPANEIROS”, repiques de diferentes zonas e lugares.
18.30 h “CAMPANARIO ABERTO PRA PARTICIPANTES”, prácticas coas campás.
20,00 h VIÑO GALEGO para os participantes inscritos, na taberna “ eicho de dar queridiña “
Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 €
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942
Todos os sons serán grabados pola Asociación Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.
Contan coa colaboración desinteresada dos Sres. Elías Darriba, Juan Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira, todos eles campaneiros da Insua.
As actividades poden ser presenciadas por todo o público que o desexe
Máis información no teléfono 676842942
Páxina 254 de 264