Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

XX Edición do Premio "IAR" (A Coruña)

28.11.11

premio iarO vindeiro sábado 10 de decembro terá lugar no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña a XX edición do Premio "IAR".

Nesta ocasión contarán coa presenza de:

- Grupo "Coros y Danzas Castiellas" de Cabezón de Pisuerga (Valladolid)

- Grupo de Música Tradicional Galega "Os Melidaos" de Melide (A Coruña)

- Grupo de Bailes Populares Iar (A Coruña)

Prezo das entradas: 5 Euros

   

II Fía de Trazo

25.11.11

fa de trazoSerá o vindeiro Sábado 3 de Decembro as 9 da noite no pavillón de Viaño Pequeno - Trazo. Contarán coa música de Brisas do Quenllo da Pontagra, C.C. A Pontavella e Reis-Teo, Faíscas da Pontagra, Pandereteiras Xentiña de Trazo, Pana Raiada de Santiago, Retrouso de Ouzande e Os Xeitosos de Trazo

   

Presentación da "Guía didáctica de instrumentos galegos" de Moisés Quintas en Vigo

23.11.11

guia instrumentos

 O mércores, 23 de Novembro, as 18.00h no Conservatorio Profesional de Vigo, presenta Moisés Quintas a "Guía didáctica de instrumentos galegos" .
Un libro CD para o coñecemento e ensino da música galega, con máis de 100 fotografías e 40 pistas de audio con todos os instrumentos, ademais dunha pista interactiva en formato web cun obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.     

Fotógrafo Felipe Prosperi s.n         

   

II Magosto Furtivo

22.11.11

magosto furtivo 2

 O vindeiro 26 de novembro, a partir das 13:00h, celébrase o II Magosto Furtivo no lugar de O Viso (Redondela), coas actuacións de: os Irmandiños de Vincios, os Modernos Zurrumalla e a Requinta da Laxeira.

Haberá un xantar popular a partir das 14:00h, cun prezo de 10€ (en caso de estar interesado é preciso chamar para reservar).

   

Repichoca en Ferrol, ven a bailar a canido.

22.11.11

cartel repichoca canido2 

 O vindeiro 26 de Novembro, a partir das 23h.  celebrarase no local de canido, Ferrol, unha grande repichoca.

Haberá un listado onde poderanse anotar os músicos.

 

   

Nordestin@s despídese cun concerto en Santiago

21.11.11

nordestins

Cinco anos despois de asistir ao seu Nacemento, o Teatro Principal de Santiago verá a despedida do proxecto musical Nordestin@s. Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade subirán o vindeiro 19 de decembro por última vez a un escenario no marco deste proxecto, que conseguiu un amplo respaldo da crítica e do público desde o lanzamento do seu disco homónimo. A cita será ás 21 horas e as entradas están á venda no servizo de Novagaliciabanco.

   

Ruada de Cuspedriños

21.11.11

cartaz ruada cuspedriños

 

O vindeiro 26 de Novembro celebrarase a Ruada de Cuspedriños no mercado.

As 19:30h haberá un obradoiro de instrumentos musicais e posterioremente, ás 21h a Ruada.

   

Galicia Cultura ve a supresión de axudas a asociacións como "unha involución"

18.11.11

A Federación Galicia Cultura considerou a supresión de axudas a   asociacionismo cultural como "unha grave involución" que remite a   tempos "do franquismo", cando, como indicou, o asociacionismo   cultural "exerceu como principal axente dinamizador e difusor da   cultura galega nas peores condicións imaxinables". 

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Berrogüeto e a editorial Galaxia presentan en Vigo o Pulso da Terra

18.11.11

libro berrogetoPresentación do libro: Berrogüetto "O Pulso da Terra" escrito por Fernando Neira.
Casa do Libro de Vigo. Venres 18 de Novembro. 20 horas
Entrada libre

Van participar neste acto Francisco Castro, editor, Antón Seoane, músico de Milladoiro, e Anxo Pintos, músico de Berrogüetto e mestre de zanfona da e-Trad, xunto aos seus compañeiros Quico Comesaña, Quim Farinha e Santiago Cribeiro. Trátase da primeira biografía sobre Berrogüetto, escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Premio de investigación sobre o traxe galego

16.11.11

premio antonio fraguasA Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XVII Edición do Premio de Investigación "Antonio Fraguas".

Bases

   

Páxina 217 de 265