Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Serán en Prado de Canda

11.01.12

seranpradodacanda2012

 

O 14 de xaneiro a partir das 21:30 h a AVV Santiago de Prado da Canda organiza un Serán en Prado da Canda (Covelo).

Haberá callos, viño,  pan de millo con máis sorpresas.

   

Paula Rey debutou nun Colón cheo para ver a Luar na Lubre

10.01.12

 

paula reyLevaban dous meses esperando. Os seguidores de Luar na Lubre querían ver un concerto do grupo coa súa nova cantante, a coruñesa Paula Rey.«Despois de escoitar estas cancións teño ganas dun concerto enteiro», dicia un dos poucos espectadores que puideron asistir á presentación oficial da nova cantante que tivo lugar no Teatro Colón o pasado 3 de novembro. E é que naquel acto, Paula Rey interpretara unicamente tres cancións, que souperon a moi pouco.

A formación volveu a pasada noite ao mesmo escenario donde grabaron o seu penúltimo traballo titulado ¡Ao Vivo! e dende el fixeron unha mención ao incerto futuro do recinto, xa que a cesión á Fundación Novacaixagalicia non será renovada, con un chamamentoa que«isto siga sendo un espazo cultural como ata o de agora».

Nesta ocasión e co teatro cheo, ofreceron un concerto propicio para facer comparacións coas distintas etapas dun grupo que acaba de superar o cuarto de siglo; pero nin a nova cantante nin os compoñentes do grupo quixeron entrar nese tipo de comprobación e o que si existiu foi un recordo as antigas integrantes. Tras dous temas instrumentais, na terceira peza púidose comprobar o timbre da que é xa a cuarta vocalista desta formación referente no folc que se fai en Galicia. Estrenouse con Chove en Santiago, unha peza de Luar na Lubre que ela mesma reconoceu fai días que forma parte «da banda sonora» da súa vida.

Non defraudou sobre o escenario, aínda que se apreciaba un certo nerviosismo. Foi Bieito Romero, alma máter do grupo, quen explicou o motivo: «Leva mes e medio con nós e tivo que aprender todo o repertorio, e é unha valentía moi grande estar aquí». Romero tamén desvelou que foi a súa impresionante interpretación de Tu gitana, na proba que realizou a que a levou a ser a elixida  para interpretar os temas dunha formación que anunciou onte que comezará de inmediato a grabar o que será o seu disco número trece.

 

http://www.lavozdegalicia.es

   

Recuperación dos Cantos de Taberna en Lalín

09.01.12

O LOCAL LALINENSE VIÑOS E TAPAS SUSO RECUPERA A CANCIÓN DE TABERNA E PROMOVE UNHA NOVA ACTIVIDADE

 Tras un certame – concurso, celebrado en 2011, o establecemento acollerá unha actuación os primeiros venres de cada mes.

Agrupacións musicais (rondallas, gaiteiros, grupos folk…) e artísticas (conta contos, regueifeiros, monologuistas….) de toda Galicia están invitadas a participar nos “venres de troula”, unha iniciativa que xorde logo do espectacular éxito de grupos e público colleitado no CERTAME GALEGO DE CANCIÓN DE TABERNA, celebrado durante o cuarto trimestre de 2011.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Sementes de Música: Galicia e Brasil

09.01.12

sementes de musicaO Auditorio de Galicia (Sala Mozart) acolle o vindeiro venres 20 de xaneiro o recital 'Músicas de semente: 18 cordas e tres sereias', un concerto solidario polo dereito a crecer en galego que contará coa presenza das voces de Uxia, Guadi Galego, Ugía Pedreira e as cordas de Guillerme Fernández, Sérgio Tannus e Fred Martins.

Un recital único e especial feito en colaboración coa escola de ensino popular Semente, veciños de aCentral Folque no barrio de Vista Alegre que terá a súa ludoteca aberta toda a tarde e de balde. Despois do concerto haberá unha sesión DJ con música galega e brasileira no CS. O Pichel.

www.folque.com

   

Quempallou segundos na lista dos 30 mellores discos de música tradicional europea que elabora Crónicas sa Terra

05.01.12

quempallouMentres se atopan inmersos no proceso de gravación do seu novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, o seu recente recomplilatorio “Once anos mallando” segue a darlle boas novas a Quempallou. No mes de Outubro ocupou a segunda posición na lista dos mellores 30 discos de música tradicional europea que elabora e difunde o portal Cronicas da Terra

Non é a primeira vez que a banda galega se achega ao país veciño, onde sempre recibe unha cálida acollida, como a que lle mostrou o público presente na Festa do Avante na que Quempallou actuou o pasado mes de setembro no escenario principal ante máis de 50.000 persoas.

www.cronicasdaterra.com

   

'SOS' de Mercedes Peón elixido quinto mellor disco folk do mundo

05.01.12

 

mercedes peonO disco Sós, da artista coruñesa Mercedes Peón, foi elexido como o quinto mellor do mundo dentro de xénero da música étnica. Tras estar dous meses consecutivos como número 1 da lista, Mercedes Peón finalizou o 2011 no quinto posto da prestixiosa lista World Music Charts Europe.

A World Music Charts Europe é a lista de referencia mundial no xénero da World Music ou música étnica. Un xurado composto de 45 críticos de máis de 23 países europeos selecciona cada ano os mellores discos deste xénero musical.

Mercedes Peón remata así o ano 2011, tras unha exitosa xira internacional con máis de vintecinco concertos como embaixadora de Galicia por España, Francia, Bélxica, Portugal, Holanda, Alemania, Gran Bretaña, Austria, Suecia, etc. Neste ano 2012 a artista galega comeza a súa xira internacional en Estambul e continúa camiño por Bélxica, onde lle espera unha xira de dez concertos durante o mes de marzo.

Segundo a discográfica da intérprete, Sós é un disco cheo de humor e de ambientes electroacústicos. "É música de vangarda, un disco catalogado como maduro e fresco. É un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento", reza un comunicado de Maré Producción.

A artista coruñesa recibiu críticas positivas de todo o mundo, entre elas o diario inglés The Guardian, que publicou que "é unha das artistas máis autenticamente orixinais da escena musical española".

 

http://www.laopinioncoruna.es

   

Cantos de Reis e Visita Real

04.01.12

164178 189550517728023 100000192295033 778658 5840963 nUn ano máis a Asociación Rebulir colaboraremos co Concello de Ramirás na organización da Visita dos Reises Magos o vindeiro Xoves día 5 de Xaneiro. Tamén seguiremos coa tradición que recuperamos uns anos atrás dos Cantos de Reis, de pobo en pobo e de casa en casa, pedindo o aguinaldo que cadaquén poda dar.  O programa será o seguinte:

16:00 h.

- Visita das SS.MM. ao Centro de Maiores de O Mosteiro.

- O noso grupo de Cantareiras "Senior" acompañará para cantar os Reis en O Mosteiro.

- Gaiteiros e Cantareiras percorrén mentres o pobo de O Picouto

17:00 h.

- Recepción das nenas e nenos do Concello no Centro Sociocultural de O Picouto, por algún membro do cortexo Real que explicará o protocolo a seguir.

17:30 h.

- Chegada das SS.MM. Os Reis Magos en coche oficial, e coa súa comitiva de paxes e gardas.

- Recepción por parte das Autoridades, e o Grupo de Música Tradicional Rebulir.

18:30 h.

- Merenda e Música para despedir as SS.MM.

- Cantos de Reis por outros pobos do Concello, onde participarán Gaiteiros, cantareiras e demáis acompañantes.

Para máis información podedes consultar www.rebulir.com ou ben chamar:

988 491 523 (Concello de Ramirás)

639 908 005 (Asociación Cultural Rebulir) 

   

Cantos e Danzas de Reis nas Cortellas (Padróns-Ponteareas)

04.01.12

cantos reis das cortellas2

O vindeiro venres día 6 de xaneiro nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 7 da tarde, representación dos tradicionais cantos e danzas de Reis.
Como cada ano, na tarde de Reis, xuntarémonos todos nas Cortellas para a tradicional representación dos ancestrais cantos e danzas de Reis das Cortellas.
Despois, como sempre, faremos Serán.
Estades todos convidados a participar desta tradición. Vinde bailar, cantar, tocar e merendar con nós.
Agradecemos que convidedes a todos aqueles que poidan estar interesados.

   

Serán da Debullada

03.01.12

sern debulladaO día 7 de xaneiro en Estás - Tomiño a partir das 21:30.

   

Cantada de Fin de Ano de Xacarandaina

30.12.11

xacarandainaA noite do 30 de decembro arredor das 22 h.,no entorno da rúa da Florida (A Coruña), vinde celebrar o nadal cos membros de Xacarandaina na tradicional Cantada de Ano Novo!

Poderás cantar, bailar ou tocar, e brindar polas festas tradicionais de nadal e pola chegada dun novo e feliz ano!

   

Páxina 214 de 265